Isabel Moctezuma
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1509 (Gregoriano) Tenochtitlán |
Morte | 9 de decembro de 1550 (40/41 anos) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Familia | |
Familia | Moctezuma family (en) |
Cónxuxe | Cuauhtémoc (–1525) Cuitláhuac (–1520) Juan Cano de Saavedra |
Parella | Hernán Cortés |
Fillos | Leonor Cortés Moctezuma () Hernán Cortés |
Pais | Moctezuma II e Teotlalco |
Irmáns | Chimalpopoca Tlaltecatzin Xipaguazin Moctezuma |
Tecuixpo Ixtlaxóchitl, nada arredor de 1509 e finada en 1550, foi a filla do huey tlatoani Moctezuma Xocoyotzin. Foi bautizada como Isabel Moctezuma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A caída de México-Tenochtitlán
[editar | editar a fonte]Moctezuma II tivo dezanove fillos, sendo Chimalpopoca o seu favorito. A piques de morrer, o huey tlatoani encargou a Hernán Cortés que coidase del.[1] Non obstante, o principal herdeiro morreu durante os acontecementos da Noite Triste. Isabel e Pedro foron os descendentes do huey tlatoani que sobreviviron.
Primeiros matrimonios con mexicas
[editar | editar a fonte]Sendo aínda unha nena, e debido á súa ascendencia aristócrata Isabel Moctezuma foi unida en matrimonio simbólico co seu tío Cuitláhuac, sucesor do huey tlatoani, pero este morreu de varíola en 1520.[2] Pouco despois, Isabel foi casada co seguinte sucesor, Cuauhtémoc, quen foi vencido polos conquistadores españois o 13 de agosto de 1521.[3]
Matrimonios con españois
[editar | editar a fonte]Ao rematar a conquista de México, Cuauhtémoc foi feito prisioneiro, aínda que se respectou a súa posición como tlatoani. O 28 de febreiro de 1525, Cuauhtémoc foi sentenciado a morte e executado na forca, pois Hernán Cortés sospeitou dunha posible rebelión dos mexicas durante a expedición a Hibueras.[4] Cortés decidiu casar a Tecuichpo con Alonso de Grao, mais desta unión non houbo descendencia. Alonso de Grao foi acusado e investigado por malos tratos e crueldade cara aos indíxenas e morreu en 1527.[5]
Pedro Gallego de Andrade foi o cuarto esposo de Isabel Moctezuma. A súa familia radicou en Barragán del Valle del Maízo, San Luis Potosí. O matrimonio durou pouco tempo, pois Gallego de Andrade morreu en 1530.[5] A pesar diso tivo descendencia, un fillo de nome Juan de Dios de Andrade Moctezuma (1529-1577) do cal aínda existe unha liña de descendentes.
O quinto matrimonio celebrouse con Juan Cano de Saavedra, con quen tivo cinco fillos, dos que as súas dúas fillas, chamadas Isabel e Catalina, foron monxas fundadoras no convento da Concepción na Cidade de México.[6]
A filla de Hernán Cortés
[editar | editar a fonte]Pouco despois do matrimonio de Isabel Moctezuma con Gallego Andrade, esta deu a luz unha filla de Hernán Cortés. Isabel rexeitou esta nena, que se chamou Leonor Cortés Moctezuma. Baixo a protección indirecta de Cortés, a descendente casou con Juan de Tolosa.[7] Do matrimonio naceron dúas fillas, a primeira de nome Leonor que casou con Juan de Oñate e a segunda de nome Isabel que casou con Cristóbal de Zaldívar.[8]
Encomendas
[editar | editar a fonte]Debido á súa liñaxe, Hernán Cortés outorgoulle a encomenda de Tlacopan, privilexio que foi asinado o 27 de xuño de 1526, cando estaba casada con Alonso de Grao.
Contra finais do século XVI, dita encomenda era considerada a máis grande do Val de Anáhuac. Os descendentes de Isabel e do seu medio irmán coñecido como Pedro “o Príncipe” foron recoñecidos pola coroa española, e outorgóuselles o título de Condes de Miravalle. En abril de 1550 morreu Isabel Moctezuma, o seu último esposo sobreviviu ata 1572.
Descendencia
[editar | editar a fonte]A liñaxe dos Miravalle comezou co fillo de Isabel, Juan de Andrade. Os seus fillos Pedro e Gonzalo Cano, convertéronse en cidadáns destacados da cidade de México. O seu fillo Juan Cano Moctezuma casou cunha importante familia de Cáceres, onde aínda se conserva o palacio dos Toledo-Moctezuma.[9]
A liñaxe mestiza que se orixinou con Isabel e a súa irmá ligouse coa nobreza española. Como a súa nobreza nativa foi considerada realmente nobre polos españois, o sangue azteca foi respectada e foi considerada a oportunidade da mestura coa liñaxe. Os descendentes de Isabel e Leonor axiña casaron coas máis importantes familias de Estremadura, unha rexión rica na España da época. Estímase que hai uns 2000 descendentes de Isabel só en España.[10] O condado de Miravalle, o condado de La Enrejada, o ducado de Ahumada, o ducado de Abrantes e o ducado de Moctezuma proceden directamente de Isabel e a súa irmá.
Importancia
[editar | editar a fonte]Aínda que se sabe pouco de Isabel á parte duns poucos feitos da súa vida, parece que foi máis que un simple peón nas mans da realeza azteca e dos conquistadores españoil. O seu testamento revela que foi unha muller forte, decisiva e xenerosa. Fixo con éxito a transición de princesa azteca a nobre española. Os seus descendentes foron o exemplo máis importante de mestizaxe da súa época.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vázquez de Tapia, Bernardino (1565) Relación de méritos y servicios Madrid, ed. Dastin, ISBN 84-492-0367-8 en “La conquista de Tenochtitlan” de Germán Vázquez Chamorro, «...y el moría presto; que pedía por merced al marqués favoreciese y mirase por su hijo Chimalpopoca, que aquél era su heredero y el que había de ser señor, y le suplicaba que los servicios y buenas obras que le había hecho, se las pagase haciendo bien y favoreciendo a su hijo. El marqués se lo prometió...» texto en la web arteHistoria, Junta de Castilla y León, consultado el 16 de abril de 2009.
- ↑ Thomas, op.cit. p.494
- ↑ Aguirre, Eugenio (2008). Isabel Moctezuma (1ª ed.). México, D.F.: MR Ediciones. ISBN 978-970-37-0729-4. OCLC 264683143.
- ↑ LÓPEZ de Cogolludo, Diego (1688) Historia de Yucatán (2006) Madrid, ed.Linkgua ISBN 84-9816-640-3 texto en la web Foundation for the advancement of mesoamerican studies Inc., consultado el 16 de abril de 2009.
- ↑ 5,0 5,1 Thomas, op.cit. p.650
- ↑ Garritz Ruiz, Amaya (1986) Guía del archivo Juan Barragán, p.XXI ed. Universidad Nacional Autónoma de México, ISBN 968-837-854-2 fragmento en la web consultado 16 de abril de 2009.
- ↑ Powell, Philip W. op.cit. cap.I, p.27-18
- ↑ Thomas, op.cit. p.688
- ↑ Sagaon Infante, Raquel. Testamento de Isabel Moctezuma (PDF) (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2010.
- ↑ Carrillo de Albornoz, J. (2004). Moctezuma. Pozuelo de Alarcón (Madrid): Espasa Calpe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- THOMAS, Hugh (1993) La conquista de México: el encuentro de dos mundos, el choque de dos imperios (2000) tradución Víctor Alba e C. Boune, México, ed.Planeta ISBN 970-690-163-9
- POWELL, Philip W. (1975) La guerra chichimeca ("Soldiers, Indians & Silver"); México, ed.Fondo de Cultura Económica, ISBN 968-16-1981-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La descendencia española de Moctezuma reclama a México el pago de pensiones
- KALYUTA, Anastasia (2009) FAMSI La casa y propiedad de un señor mexica: "información de doña Isabel de Mocetzuma" consultado o 7 de novembro de 2009