Content-Length: 145016 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Leucemia

Leucemia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Leucemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leucemia
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB7431
MedlinePlus001299
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A leucemia (do grego leucos λευκός "branco" e emia αἷμα "sangue") é un grupo de enfermidades malignas da medula ósea (cancro hematolóxico[1]) que provoca un aumento descontrolado de leucocitos na mesma. Con todo, nalgúns tipos de leucemias tamén poden afectarse calquera dos precursores das diferentes liñas celulares da medula ósea, como os precursores mieloides, monocíticos, eritroides ou megacariocíticos.[2]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

A leucemia é o cancro máis frecuente na infancia, con 3-5 casos por ano por cada 100.000 nenos menores de 15 anos.[3] No ano 2000, uns 256.000 nenos e adultos desenvolveron algún tipo de leucemia.[4]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Existen distintos tipos de clasificación, en función do criterio que se utilice para iso.

Segundo a poboación celular afectada

  1. Leucemia mieloide crónica (LMC) incluída dentro das síndromes mieloproliferativas crónicas.
  2. Leucemia linfática crónica (LLC) incluída dentro das síndromes linfoproliferativas e equiparable ao linfoma linfocítico.
  3. Leucemia linfoide aguda ou Leucemia Linfoblástica Aguda (LLA)
  4. Leucemia mieloide aguda ou Leucemia Mieloblástica (LMA)
  5. Leucemia mielóxena (LM)
  6. Leucemia aleucémica. Cursa sen aumento das células sanguíneas. Caracterízase por unha medula ósea hipocelular, pero con presenza de máis do 30% de blastos.[5]

ademais de linfomas non Hodgkin leucemizados, é dicir, coa presenza de células linfomatosas no sangue periférico, como sucede na Tricoleucemia.

Segundo a gravidade da patoloxía

  1. Aguda: neste caso, dáse un aumento moi rápido das células sanguíneas inmaturas. Estas células non realizan as funcións sanguíneas necesarias, e ocupan un espazo que permitiría o desenvolvemento das células maduras. É moi importante que o tratamento sexa precoz xa que a progresión celular e a dispersión das células malignas pode conducir a que a leucemia chegue a outros órganos corporais. Esta forma de leucemia é a máis común en nenos.
  2. Crónica: nesta afección, prodúcense demasiados glóbulos brancos maduros pero anormais. Progresa durante meses ou anos, polo que non sempre se administra o tratamento inmediatamente, se non que ás veces estúdase a situación para ver cal é o momento máis efectivo para a terapia. Aínda que poden ocorrer en calquera grupo de idade, a leucemia crónica ocorre máis a miúdo en persoas maiores.

A principal característica das leucemias agudas é a presenza dun "cesamento madurativo" das células de liña mieloide (LMA) ou Linfoide (LLA) con blastose en medula ósea (superior de 20 % de celularidade non eritroide segundo a OMS). Dado que aínda queda hematopoyesis normal residual, pode verse en sangue periférico a existencia dun "hiato leucémico", é dicir, presenza de formas non maduras en sangue periférico e formas maduras pero con ausencia de elementos intermedios.

Nas leucemias crónicas, a principal característica morfolóxica é a non existencia de devandito hiato leucémico, xa que non existe detención madurativa, permitindo segregar ao sangue células maduras, e o seu curso clínico adoita ser indolente.

Cadro clínico

[editar | editar a fonte]

De xeito resumido, algunhas das súas manifestacións clínicas máis importantes son:

  • Decaída, falta de forzas, mareos, náuseas, inapetencia, diminución de peso importante.
  • Febre que dura varios días sen unha causa aparente, sudación nocturna, calafríos.
  • Dor ou sensibilidade ósea, dores articulares e de extremidades.
  • Hemorraxias frecuentes sen motivo aparente, por exemplo, sangrado anormal das enxivas ou da nariz.
  • Petequias ou hematomas sen ter algún golpe.
  • Palidez de pel, interior da cavidade oral ou das pálpebras.
  • Aumento de tamaño dos ganglios linfáticos.
  • Aparición de masas ou crecementos anormais de órganos abdominais como o bazo e o fígado, ou aparición de masas que crecen noutras partes do corpo.
  • Alteracións dos exames sanguíneos (hemograma, VIH etc.).
  • Irregularidade nos ciclos menstruais.
  • Dor en articulacións.

Diagnóstico

[editar | editar a fonte]

O diagnóstico baséase xeralmente en repetidas valoracións sanguíneas completas e un exame de medula ósea tralos síntomas observados. A biopsia dun ganglio linfático pode realizarse tamén para diagnosticar certos tipos de leucemia nalgunhas situacións. Unha vez diagnosticada a enfermidade, unha analítica sanguínea pode utilizarse para determinar o grao de dano ao fígado e aos riles ou os efectos da quimioterapia no paciente. Para observar os posibles danos visibles debidos á leucemia, pódense utilizar radiografías (en ósos), resonancia magnética (cerebro) ou ultrasóns (ril, bazo e fígado). As tomografías computarizadas de cando en cando utilízanse para revisar os nódulos linfáticos no peito.

Aínda que algunhas leucemias teñen carácter fulminante, outras poden ser enfermidades indolentes, de presentación insidiosa. Xa que non existe ningún síntoma que por si só e de xeito específico permita diagnosticar esta enfermidade, sempre debe descartarse a presenza de leucemia en presenza de manifestacións clínicas suxerentes, tales como un hemograma alterado. O método máis seguro para confirmar ou descartar o diagnóstico é mediante a realización dun mielograma e, só en casos seleccionados, pode ser necesario realizar unha biopsia da medula ósea.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento da leucemia pode incluír[6]:

  1. "OncoLink en español". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  2. Pizzo, A. Philip; Poplack, David G.(2002) Principles and practice of Pediatric Oncology.Philadelphia, USA. Ed. Lippincott Williams & Wilkins.pp 545.
  3. LatinSalud.com
  4. Mathers, Colin D, Cynthia Boschi-Pinto, Alan D Lopez and Christopher JL Murray (2001). "Cancer incidence, mortality and survival by site for 14 regions of the world.". Global Programme on Evidence for Health Policy Discussion Paper No. 13 (World Health Organization). http://www.who.int/entity/healthinfo/paper13.pdf.
  5. "Leucemia aleucémica. Diccionario médico. Clínica Universidad de Navarra.". www.cun.es. Consultado o 2023-01-09. 
  6. ref name=E>Maite Hernández Menéndez, María de los Ángeles Ríos Hernández: Oncogenes y cáncer. Arquivado 23 de setembro de 2013 en Wayback Machine. Instituto Nacional de Oncología y Radiobiología. Rev Cubana Oncol 1999;15(2):131-9
  7. Agentes citostáticos. Arquivado 16 de maio de 2013 en Wayback Machine. Protocolos de vigilancia sanitaria específica. Comisión de Salud Pública de Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud, España, 2003
  8. Lodish H., Berk A., Matsudaira P., Kaiser C. A., Krieger M., Scott M. P., Zipursky S. L., Darnell J. (2004). Molecular Biology of the Cell (5ena ed.). Nova York: WH Freeman. p. 963. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Leucemia

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy