Content-Length: 169604 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_vietnamita

Lingua vietnamita - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lingua vietnamita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vietnamita
Tiếng Việt
Falado en: Vietnam, Estados Unidos, Camboxa e outros países
Rexións: Sueste asiático
Total de falantes: 70–73 millóns nativos; 80 millóns total (primeira o segunda lingua)
Posición: 16
Familia:
 Mon-khmer
  Viet-muong
   Vietnamita
Status oficial
Lingua oficial de: Vietnam
Regulado por: Instituto de Ciencias Sociais de Hanoi
Códigos de lingua
ISO 639-1: vi
ISO 639-2: vie
SIL: VIE
Mapa
Status

O vietnamita está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O vietnamita[2] (tiếng Việt, tiếng Việt Nam, ou Việt ngữ), unha lingua tonal, é a lingua oficial de Vietnam (Việt Nam). É a lingua do pobo vietnamita (người Việt ou người kinh), que constitúe arredor do 87% da poboación de Vietnam (e segundo idioma do resto da poboación vietnamita), ademais de selo de 2 millóns de emigrantes vietnamitas, a metade nos Estados Unidos [3]. Aínda que contén moito vocabulario proveniente do chinés, e que foi no pasado escrito usando os ideogramas chineses, non é considerado como emparentado ao chinés senón como unha lingua austroasiática. Antigamente foi coñecido, baixo a dominación francesa, como annamita (véxase Annam). O vietnamita actualmente usa o alfabeto latino, complementado cunha chea de acentos diacríticos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O vietnamita pertence ao grupo viet-muong, da rama mon-khmer da familia austroasiática, unha familia que tamén inclúe a lingua khmer, que se fala en Camboxa, e varios idiomas tribais e rexionais, como as linguas mundas, que se falan no nordeste da India, e outros máis no sur da China e a península malaia.

Considérase que o vietnamita pertence á superfamilia áustrica (que tamén inclúe as linguas austronesias como o malaio, o cham, o malgaxe, o maorí, e o hawaiano), aínda que se discutiu a clasificación da superfamilia áustrica, xa que algúns lingüistas considérana como unha lingua illada.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
Principais comunidades falantes de vietnamita no mundo      Países con máis dun millón de falantes      Países con máis de 100.000 falantes

De acordo coa publicación The Ethnologue, o vietnamita fálase en Australia, Camboxa, Canadá, China, Costa do Marfil, Finlandia, Francia, Alemaña, Laos, Martinica, os Países Baixos, Nova Caledonia, Noruega, Filipinas, o Senegal, Tailandia, o Reino Unido, os Estados Unidos e Vanuatu.

É probábel que no pasado distante o vietnamita haxa compartido máis características cos outros idiomas da familia austroasiática, como unha morfoloxía inflexiva e unha variedade máis rica de grupos consonánticos, mais estes trazos realmente desapareceron da lingua. Porén, o vietnamita estivo moi influído pola súa situación no sprachbund do sueste asiático, co resultado de adquirir características como a morfoloxía illante e a tonoxénese. Estas características, aínda que poderían existir na lingua protoaustralasiática, chegaron a ser unha dos varios idiomas non relacionados filoloxicamente do sueste asiático. Por exemplo, o tailandés (unha das idiomas tai-kadai), o tsat (un membro da familia malaio-polinesia dentro da austronesia), e o vietnamita desenvolveron tons como característica fonémica, aínda que as súas idiomas ancestrais non eran tonais orixinariamente.

O antepasado do idioma vietnamita estaba situado nun comezo na rexión do río Vermello no que hoxe é o norte do Vietnam, e durante a expansión posterior do pobo vietnamita para o que hoxe é Vietnam central e Vietnam do sur (pola conquista do reino antigo Champa e o pobo camboxana do delta do Mekong, nos arredores de Saigón/Cidade de Ho Chi Minh na actualidade), o vietnamita foi influído lingüisticamente ao principio, polos idiomas indios e malaio-polinesios, ata que o chinés empezou a dominar politicamente a metade do primeiro milenio antes de Cristo.

Coa dominación política chinesa vén a importación radical do vocabulario e a influencia gramatical chinesa. Posto que o chinés foi, durante un período prolongado, o único idioma da literatura e o goberno, e tamén o idioma principal da clase dirixente en Vietnam, gran parte do léxico vietnamita consiste en hán việt, é dicir, palabras derivadas do chinés. De feito, mentres que a lingua vernácula de Vietnam gradualmente gañou prestixio ao principio do segundo milenio, o vietnamita seguiu escribíndose usando os caracteres chineses (ver chữ nôm) que se adaptaron para escribir en vietnamita, como no Xapón (ver Kanji), Corea, e outros países da esfera cultural chinesa.

Mentres aumentaba o contacto co Occidente, o sistema quốc ngữ de escritura romanizado no século XVII foi desenvolvido por portugueses e outros europeos involucrados na conversión relixiosa e o comercio en Vietnam. Porén, a escrita romanizada non chegou a dominar ata principios do século XX, cando se xeneralizou o seu uso ao considerarse que un sistema de escritura máis sinxelo podía mellorar a educación e a comunicación da poboación en xeral.

Status oficial

[editar | editar a fonte]

O vietnamita é o idioma oficial de Vietnam.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Hai varios dialectos intelixíbeis entre si (algúns máis intelixíbeis que outros). Os tres dialectos principais son:

Nome moderno Dialectos rexionais Nome anterior
Vietnamita do norte Dialecto de Hanoi, outros dialectos do norte: Haiphong e varias formas provinciais Tonkinés
Vietnamita central Dialecto Huế, Dialecto Nghệ An, Dialecto Quảng Nam Alto anamés
Vietnamita do sur Dialecto de Saigón, Dialecto do Mekong (Afastado oeste) cochinchinao

Estes dialectos son un pouco distintos en canto ao ton, aínda que o dialecto de Huế é marcadamente diferente aos demais. Os tons hỏi e ngã son máis distintos no dialecto do norte que no do sur.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vietnamita.
  3. Linguas faladas no fogar. US Census 2000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
en inglés








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_vietnamita

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy