Linguas uto-aztecas
Linguas uto-aztecas | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América e México | |
Total de falantes: | Arredor de 2 millóns de falantes | |
Familia: | Unhas das principais familias de linguas do mundo. Linguas uto-aztecas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas uto-aztecas[1] é unha familia de linguas indíxenas de América, que comprenden máis de 30 linguas. As linguas uto-aztecas fálanse exclusivamente no oeste dos Estados Unidos de América e México. O nome da familia foi creado para incluír as ute de Utah e as linguas nahuas de México.
A familia uto-azteca é unha das meirandes familias lingüísticas de América en número de falantes, número de linguas e extensión xeográfica.[2] A máis setentrional é a shoshone, que se fala en Salmon, Idaho, mentres que a máis meridional é a lingua pipil do Salvador. Ethnologue ofrece unha cifra do número total de linguas, 61, e do número total de falantes, 1 900 412.[3] Os case 1,5 millóns de falantes de náhuatl, representan un 78,9% do total.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada uto-azteca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2018. Consultado o 07 de maio de 2018.
- ↑ Caballero 2011.
- ↑ Ethnologue (2014). SIL International, ed. "Summary by language family". Consultado o 2 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caballero, G. (2011). "Behind the Mexican Mountains: Recent Developments and New Directions in Research on Uto‐Aztecan Languages". Language and Linguistics Compass 5 (7): 485–504. doi:10.1111/j.1749-818x.2011.00287.x.