Content-Length: 92022 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_P%C3%A9rez_Castrillo

Lois Pérez Castrillo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lois Pérez Castrillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois Pérez Castrillo
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vigo
1999 – 2003
← Manuel Pérez ÁlvarezVentura Pérez Mariño → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

BUSC: perez-castrillo-lois-1961

Lois Pérez Castrillo, nado en Vigo en 1961, é un político galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.
Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.

Estudou Maxisterio na Escola de Maxisterio de Vigo. Afiliouse ao BNG en 1986. Foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1991 e nomeado concelleiro de Participación Cidadá no goberno de coalición do socialista Carlos González Príncipe, etapa na que se elaborou o Regulamento de Participación Cidadá.[1]

En 1999 foi elixido alcalde cos votos a favor do BNG (8) e PSdeG (7). Nesa época tivo moitas discusións co portavoz socialista, Carlos Príncipe. Nas eleccións municipais de 2003 o BNG acadou 7 concellarías e o socialista Ventura Pérez Mariño foi elixido como alcalde. Lois Castrillo abandonou a política municipal en 2005. Durante o goberno bipartito (2005-2009) ocupou cargos na Xunta, como a xerencia do Consorcio de Benestar. Foi tamén titular dunha consultoría privada.[2]

Entre 2021 e 2023 traballou na Vicepresidencia da Deputación de Pontevedra como persoal eventual de libre designación, de Asesor de Proxectos Europeos Tranfronteirizos.[3] A partir de 2023 foi tamén responsable da área municipal do BNG[4].

  1. 1,0 1,1 "Galegos ; Lois Pérez Castrillo". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-04-03. 
  2. "Los exalcaldes, en la vida civil". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-06-26. Consultado o 2023-04-03. 
  3. "Persoal eventual de libre designación - Deputación de Pontevedra - Liferay". Deputación de Pontevedra. Consultado o 2023-04-03. 
  4. Varela, M. (2023-11-09). "El BNG también reestructura el área municipal y sitúa a Lois Pérez Castrillo como sustituto de Carme da Silva". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-11-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Pérez

Alcalde de Vigo

1999-2003
Sucesor:
Ventura Pérez Mariño

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lois_P%C3%A9rez_Castrillo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy