Louro, Muros
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Louro | |
---|---|
Convento de San Francisco | |
Concello | Muros[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°45′42″N 9°05′00″O / 42.7618, -9.0833 |
Poboación | 833 hab. (2021) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Louro é unha parroquia situada ao sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.267 habitantes (641 homes e 626 mulleres), o que supón unha diminución respecto ao ano anterior.
Situación
[editar | editar a fonte]Esta parroquia representa o límite natural entre a máis setentrional das rías Baixas, a ría de Muros e Noia, e a costa aberta que dá paso ao cabo Fisterra e á costa da Morte, límite que ven marcado polo monte Louro.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O primeiro vestixio humano atopado na parroquia é o petróglifo da Laxe das Rodas, en fase de recuperación e consolidación.
O convento de San Francisco de Louro, tamén coñecido como de San Francisco do Rial, sitúase ao pé do monte Oroso. Foi fundado como crematorio en 1223, e sobre el levantouse unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial, pasando a ser convento en 1432. En 1835 foi abandonado trala desamortización de Mendizábal, pero en 1873 foi ocupado de novo e restaurado por frades franciscanos.
A igrexa do mesmo é de estilo gótico. O claustro, segundo unha inscrición dun dos seus lenzos, data de 1646. O atrio do conxunto está cercado por un muro no que se acaroa unha fonte e está centrado por un cruceiro. Desde o mosteiro ascende polo monte Calvario un Via Crucis con quince estacións, nas que se relatan escenas da Paixón de Cristo, construído en 1877 cos donativos dos fieis.
Economía
[editar | editar a fonte]Historicamente foi unha parroquia rural, na que as actividades produtivas mais relevantes foron a pesca e o agro, dentro do que destacaba unha importante cabana ovina. Restos deste pasado son os muíños do río Longarela, algúns deles en bo estado de conservación, ou algunhas agrupacións de cabaceiras (os hórreos, construídos co estilo particular da comarca) de grande interese. Tamén contou cunha florecente industria conserveira, da que quedan varios edificios ao longo do seu litoral, algúns deles admirábeis pezas, aínda en bo estado, da historia industrial galega. Algúns destes vellos edificios foron reconvertidos en locais de hostalería, o que permite gozar da súa grande beleza e interese arquitectónicos.
Hoxe en día perdeuse unha gran parte desta actividade aínda que perdura a extracción marisqueira e o mergullo con certa relevancia, así como a agricultura de carácter doméstico.
A economía louradán xira na actualidade arredor do turismo estival principalmente, e tamén ten varios restaurantes e bares de copas que manteñen a actividade durante todo o ano.
A riqueza paisaxística é un dos seus grandes activos, xa que combina ría, mar aberto, monte e praia. Ademais, para quen guste da ornitoloxía, conta coa lagoa das Xarfas, ao pé de Monte Louro, na que se poden contemplar diversas especies durante gran parte do ano. Adxacente á lagoa e separada desta por unha barreira de dunas, está a praia de Area Maior, enorme areal apto para a práctica do nudismo en harmonía co resto de visitantes, debido á súa grande extensión que permanece case que deserta, incluso durante o verán.
Louro na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña [2].
- Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña,/ Nosa Señora de Louro/ ten que ser miña madriña [3].
- Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Louro, Muros.
-
Lagoa das Xerfas
-
Convento de San Francisco.
-
Convento de San Francisco.
-
imaxe de Francisco Asís a carón do convento.
-
LIC do monte Louro e a lagoa de Louro.
-
Laxe das Rodas.
-
Laxe das Rodas.
-
Nasas na praia de Louro
-
Monte Louro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Louro
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Louro no concello de Muros (provincia da Coruña) | |
---|---|
O Ancoradoiro | O Espadanal | O Fogareiro | Louro | Monte Louro | O Rial | San Francisco | Seisidre | Sistamares | Taxes | Ventín | Vieta | A Vouga |
Parroquias de Muros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: Héime.
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 168. No texto: c-unha.
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.