María Xosé Justo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xullo de 1957 Verín, España |
Morte | 16 de febreiro de 2022 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | arquiveira, escritora |
María Xosé Justo Martín, nada en Verín o 1 de xullo[1] de 1957[2] e finada en Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 2022[3], foi unha arquiveira e escritora galega.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xeografía e Historia. En 1981 gañou as oposicións ao corpo de axudantes de Arquivos, Bibliotecas e Museos. Empezou a traballar na Biblioteca Xeral da USC. Foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra en 1986. Dende 1987 foi directora do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidenta da sección de Arquivos Notariais do Consello Internacional de Arquivos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hoy cumplen años". El Correo Gallego. 1 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020.
- ↑ "Justo Martín, María Xosé". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1162.
- ↑ "MARÍA JOSÉ JUSTO MARTÍN - Esquelas de Ourense, necrológicas de Ourense, necrolóxicas de Ourense, decesos de Ourense, obituarios de Ourense". esquelas.deourense.com. Consultado o 2022-06-17.
- ↑ "Vivir no casco vello faiche perder ás veces a visión dos seus recantos", entrevista en La Voz de Galicia, 7-3-2009, p. L9.