Content-Length: 341452 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Marco_Aurelio

Marco Aurelio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Marco Aurelio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarco Aurelio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Aurelius Antoninus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Marcus Catilius Severus Annius Verus Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 121 Editar o valor en Wikidata
Roma (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 180 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Vindobona (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepeste Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Sant'Angelo Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
7 de marzo de 161 – 17 de marzo de 180
← Antonino PíoCómodo →
Cónsul romano
Senador romano
Cuestor
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRoma Editar o valor en Wikidata
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, escritor, filósofo, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Cinco bos emperadores e principado Editar o valor en Wikidata
MovementoEstoicismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAlexander of Cotiaeum (en) Traducir, Herodes Ático, Marcus Cornelius Fronto, Júnio Rústico (pt) Traducir e Gnaeus Claudius Severus Arabianus Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaAntoninos (pt) Traducir e Aurelies (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFaustina Editar o valor en Wikidata
ParellaCeiônia Fábia Editar o valor en Wikidata
FillosDomitia Faustina
 () Faustina
Annia Aurelia Galeria Faustina
 () Faustina
Lucila
 () Faustina
Fadila
 () Faustina
Ânia Cornifícia Faustina Menor
 () Faustina
Cómodo
 () Faustina
Titus Aurelius Fulvus Antoninus
 () Faustina
Marco Ânio Vero César
 () Faustina
Víbia Aurélia Sabina
 () Faustina Editar o valor en Wikidata
PaisMarco Ânio Vero
Antonino Pío Editar o valor en Wikidata  e Domícia Lucila Editar o valor en Wikidata
IrmánsÂnia Cornifícia Faustina Editar o valor en Wikidata
ParentesMalemnius, devanceiro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX932158 Musicbrainz: 517aed2c-8edd-4f31-b649-27cb9125436b WikiTree: Aurelius-1 Find a Grave: 35001023 Editar o valor en Wikidata

Marco Aurelio Antonino Augusto[1] (alcumado o Sabio ou Filósofo[2]) (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), nado en Roma o 26 de abril de 121[3] e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispano[4] e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.[2]

Comezo do seu mandato

[editar | editar a fonte]

Antonino Pio asociara o seu goberno ao nome de Marco Aurelio. Nacido en Roma de familia hispana, este emperador que chegou ao poder aos 40 anos, pasou á historia como un eminente filósofo estoico, foi alén disto un grande xurista, home de vasta cultura e un emperador cunhas altas cualidades de estadista, aínda que o período que lle tocou vivir non tivera a brillantez dos inmediatamente anteriores. Con el péchase o período que ten definido como felicior aetas(a época máis feliz)

Cando foi elevado ao imperio, Marco Aurelio posuía unha ampla experiencia de goberno, case 15 anos como césar xunto ao seu predecesor. Compartira ese cargo con Lucio Vero, quen recibira o título de augusto. Esta organización do cumio do poder (un emperador,un césar e un augusto) era garantía de continuidade. No 169, morreu Lucio Vero e Marco Aurelio asociou como augusto o seu fillo Cómodo, froito do seu matrimonio con Faustina, filla de Antonino Pio. Foi unha pésima elección como amosaron os acontecementos que seguiron.

A historia tende a considerar este período como un punto de inflexión, tras o cal comeza unha longa e lenta decadencia de Roma. A burocracia converteuse nunha cuncha que asfixiaba o Estado e frustraba os logros e eficacia anteriores, e que a propia complicación administrativa e a política fiscal promoveron unhas diferenzas cada vez mais acusadas entre a cidade e o medio rural, aspecto que para moitos historiadores é causa a longo prazo da ruína do Imperio.

A realidade é que por unha serie de causas, o sistema de equilibrios que até entón facían posible a Pax Romana entrou en crise. As ameazas nas fronteiras multiplicábanse e a maquinaria do Estado perdía eficacia. O mantemento dun exército en continua loita nos dilatados límites do Imperio resultaba moi gravoso para a facenda pública e a produción comeza a exceder a capacidade de consumo.

A política exterior de Marco Aurelio

[editar | editar a fonte]
Estatua ecuestre do emperador romano Marco Aurelio, situada na Praza do Campidoglio, na actual cidade de Roma.

Marco Aurelio pasou boa parte do seu mandato envorcado nos problemas exteriores e ausente de Roma. O rei parto Vologeso, que mantivera unha respectuosa distancia cos romanos no período anterior, reivindicou os seus dereitos sobre Armenia, invadíndoa no ano 161 e vencendo un exército romano. Non satisfeito con isto, invadiu Siria. O augusto Lucio Vero logrou mudar a situación, e ademais de recuperar Armenia, saqueou a capital parta Ctesifonte. A campaña parouse a causa dunha epidemia de peste que decimou as forzas dos dous bandos. Roma nunca máis volveu a impoñer a súa soberanía máis aló do Éufrates, pero por un tratado de paz, asegurouse que naquel intre a política daqueles non entrara en conflito cos intereses romanos (166).

O problema xermano

[editar | editar a fonte]

Nas fronteiras do Danubio, a situación era moi preocupante, a causa da axitación dos pobos xermánicos (cuados, marcomanos, hermunduros). Sen que se saiba moi ben cal foi o desencadeamento, varios destes pobos racharon as defensas romanas, atravesaron os Alpes e chegaron á cidade de Aquilea, unha fundación romana na cabeceira do Mar Adriático, non lonxe da actual Venecia. Marco Aurelio e Lucio Vero venceron os cuados. Pouco despois, outros pobos, entre eles os marcomanos e os derrotados cuados, volveron á ofensiva. Marco Aurelio trasladouse á rexión danubiana e permaneceu nela ao longo de seis anos, deica o 175. Foi entón cando escribiu, en grego, os seus Pensamentos, un clásico da filosofía estoica. Venceu os cuados e marcomanos no 172 e 175 respectivamente. Logo, volveu a Roma e substituíunos á fronte das tropas o seu fillo Cómodo, quen apenas contaba con 20 anos.

Marco Aurelio morre o 17 de marzo do 180 nunha expedición contra os marcomanos en Vindobona, a que é a actual Viena. A morte de Marco Aurelio marca, para moitos historiadores, o final da Pax Romana.

Imperio Romano

Segue a:
Antonino Pío
Marco Aurelio
Precede a:
Cómodo
Dinastía dos Antoninos


Aparicións na literatura e no cine

[editar | editar a fonte]
  1. Dende o seu ascenso ó trono Imperator Caesar Marcus Aurelius Antoninus Augustus.
  2. 2,0 2,1 Francisco de Padilla. Historia Ecclesiastica de España, 1605, T1, folio 78.
  3. Historia Augusta, "Marco Aurelio".
  4. Pisa Sánchez, Jorge (2010). "Breve Historia de Hispania". Nowtilus: 165. ISBN 8497637690. Consultado o 9 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Marco_Aurelio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy