Nós - Candidatura Galega
Nós – Candidatura Galega | |
---|---|
Candidatura | |
Historia | |
Fundación | 2015 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Galeguismo Nacionalismo galego |
Representación | |
Congreso dos Deputados (Escanos galegos) | 0 / 23 |
Senado de España (Escanos galegos) | 0 / 18 |
Nós - Candidatura Galega foi unha coalición electoral creada para presentarse ás eleccións xerais de 2015 en España e que se presentou nas catro provincias galegas. A formación principal da coalición era o Bloque Nacionalista Galego e acompañárono o Partido Galeguista, Coalición Galega, o Partido Comunista do Pobo Galego e a Fronte Obreira Galega. Tamén recibiu o apoio do alcalde de Lalín, de Compromiso por Galicia, Rafael Cuíña.[1]
Os catro cabezas de lista ao Congreso dos Deputados pertencían ao Bloque Nacionalista Galego: Carlos Callón pola Coruña, Carme Adán por Pontevedra, Olalla Rodil por Lugo e Noa Presas por Ourense.
Os malos resultados acadados, ao non obter ningún deputado e perder un bo número de votos en favor da coalición EnMarea, motivaron a decisión do líder do BNG, Xavier Vence, de non anovar como voceiro nacional na XV Asemblea Nacional que se celebrou en 2016.