Nacionalismo turco
O nacionalismo turco (en turco: Türk milliyetçiliği) é unha ideoloxía política que promove e defende a identidade, cultura e unidade do pobo turco, considerado un grupo nacional étnico e lingüístico.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois da caída do Imperio Otomán, Mustafa Kemal Atatürk ascendeu ao poder. Introduciu unha reforma lingüística co obxectivo de "limpar" a lingua turca da influencia estranxeira.[1] Tamén promoveu a Teoría da Lingua do Sol nos círculos políticos e educativos turcos a partir de 1935. Investigadores turcos da época como Hüseyin Cahit Yalçın e Rıfat Osman Bey propuxeron a idea de que os primeiros sumerios eran prototurcos.[2]
Variedades
[editar | editar a fonte]As ideoloxías asociadas ao nacionalismo turco inclúen o panturquismo ou turanismo (unha forma de esencialismo étnico ou racial ou mística nacional), a síntese turco-islámica (que combina o nacionalismo turco coa identidade islámica), o anatolianismo (que considera á nación turca como unha entidade separada que se desenvolveu despois da conquista selxúcida de Anatolia no século XI), e o kemalismo secular e cívico nacionalista.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Landau, Jacob M. (1984). Atatürk and the Modernization of Turkey (en inglés). Boulder: Westview Press. pp. 133. ISBN 0865319863.
- ↑ Shay, Anthony (2002). Choreographic Politics: State Folk Dance Companies, Representation, and Power. Wesleyan University Press. p. 210. ISBN 0-8195-6521-0.
- ↑ Xypolia, Ilia (2017). British Imperialism and Turkish Nationalism in Cyprus, 1923-1939 : divide, define and rule. Londres: Routledge.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nacionalismo turco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arman, Murat Necip. "The Sources Of Banality In Transforming Turkish Nationalism" Arquivado 05 de marzo de 2009 en Wayback Machine.. CEU Political Science Journal, issue: 02 / 2007, pp. 133–151.
- Eissenstat, Howard. "Anatolianism: The History of a Failed Metaphor of Turkish Nationalism". Paper presented at Middle East Studies Association Conference, Washington, D.C., novembro de 2002.
- Tachau, Frank. "The Search for National Identity among the Turks". Die Welt des Islams, New Series, Vol. 8, Issue 3 (1963), pp. 165–176.]