Negreira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Negreira | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.901 (2023) (59,96 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 115,1 km² | ||||
Altitude | 297 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Ángel Leis Míguez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Negreira | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15830 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15056 | ||||
Sitio web | concellodenegreira.org |
Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010). O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Linda ó norte cos concellos da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicado con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a AC-544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.
A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 7.009 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 920 (13.12 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4.352 (62.09 %) |
Maiores de 65 anos | 1.737 (24.78 %) |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Evolución da poboación de Negreira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.847 | 6.958 | 8.440 | 7.771 | 6.497 | 6.941 | 7.077 | 7.079 | 7.091 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, do ano 1 d.C.. Consérvanse no Museo do Pobo Galego, nunha das salas de Historia de Galicia. Hai restos de poboados castrexos en Broño, Logrosa, Vilachán e Xallas.
O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. En 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. En 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída en 1113.
Os Reis Católicos declararon a vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I en 1520.
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, malia estar documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela, balaustrada barroca e piso superior cunha galería de grandes piares.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía está asentada no sector primario: agricultura e gandería. Cultívanse principalmente millo, pataca e cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para o gando, maioritariamente vacún. A gandería céntrase no bovino, con predominio das frisoas leiteiras. As cooperativas leiteiras da bisbarra fundaron Feiraco, que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.
Durante a Guerra civil española e a segunda guerra mundial houbo, amais, unha explotación mineira de tungsteno.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.
-
Bosque á beira de Negreira
-
Pazo do Cotón
-
Pazo do Cotón
-
Placa a Xulián Magariños.
-
Monumento á vaca (autor: M. Castelo)
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Negreira
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de tódolos lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Negreira |