Content-Length: 91792 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Olga_Castro

Olga Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Olga Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlga Castro
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora, tradutora Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX4932155 BUSC: castro-vazquez-olga Dialnet: 1946662

Olga Castro Vázquez, nada en Lugo en 1980, é investigadora distinguida sénior, con especialidade en estudos feministas de tradución, así como en políticas de tradución editorial e internacionalización de literaturas minorizadas. É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2017[1]. Foi secretaria (2009-2012) e posteriormente vicepresidenta (2012-2015) da Asociación Internacional de Estudos Galegos[2]. Foi fundadora e vicepresidenta da Association of Programmes in Translation and Interpreting in the UK and Ireland (2017-2021).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Medrou na Mariña luguesa, onde se asentou a súa familia orixinaria do interior da provincia de Lugo, despois dos anos na emigración suíza. Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en tradución e interpretación pola de Vigo. Tamén en Vigo defendeu a súa tese de doutoramento no ano 2010, cunha crítica feminista ao campo dos estudos de tradución galegos feitos até ese o momento. Nese mesmo ano emigrou a Gran Bretaña, onde reside desde entón. Alí traballou como profesora e investigadora en Estudos de Tradución na Universidade de Exeter (2010-11), na Aston University de Birmingham (2011-2019) e na Universidade de Warwick (2019-2023). Desde 2024 goza dun permiso de excedencia de catro anos para desempeñar un contrato como investigadora distinguida sénior Beatriz Galindo na Universitat Autònoma de Barcelona (2024-2027), obtido por concorrencia competitiva ao abeiro do programa de atracción de talento internacional do Ministerio de Universidades do Goberno de España. Os seus dous principais campos de investigación son os estudos feministas de tradución desde unha perspectiva transnacional, así como cuestións de ideoloxía, poder e tradución en culturas minorizadas, en especial na galega, vasca e catalana. Foi investigadora principal dun proxecto financiado pola British Academy, titulado: Stateless Cultures in Translation: the case of contemporary Basque, Catalan and Galician literatures in the UK así como do proxecto financiado polo Arts and Humanities Research Fund, titulado: "Changing the Translation Landscape from Multilingual Spain: Cultural Diplomacy and the UK Publishing Industry".[3] En 2023 impulsou e organizou a primeira edición da escola de verán Warwick School of Feminist Translation. Tamén en 2023 foi confudadora e editora xeral da revista académica Feminist Translation Studies (Taylor & Francis).

No ano 2019 fixo parte, como primeira suplente, da candidatura do Bloque Nacionalista Galego ás eleccións ao parlamento europeo como parte da alianza electoral Agora Repúblicas, celebradas o 26 de maio de 2019[4].

  • Translating Women in the Anglosphere: Activism in Action (con Helen Vassallo; ITI Research eBook, publicado polo Institute of Translators and Interpreters in the UK, 2020).
  • Feminist translation studies: local and transnational perspectives (con Emek Ergun; Routledge, 2017).
  • Self-translation and power: negotiating identities in multilingual European contexts (con Sergi Mainer e Svetlana Page; Palgrave-MacMillan, 2017).
  • Trama e urda: Contribucións multidisciplinares desde os estudos galegos (con María Liñeira; Consello da Cultura Galega, 2015)
  • Feminismos (con María Reimóndez; Xerais, 2013)
  • Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitarioArquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (con Ana Bringas López, María José Fariña Busto, Belén Martín Lucas e Beatriz Suárez Briones; Universidade de Vigo, 2012).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Olga_Castro

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy