Os viaxeiros da luz
Os viaxeiros da luz | |
---|---|
Duración | 28 minutos |
Desenvolvido por | IBISAtv |
Producido por | José Carlos Corral |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 3 de febreiro de 1991 |
Nº de temporadas | 1 |
Nº de episodios | 13 |
Os viaxeiros da luz é unha serie documental realizada por IBISAtv para a Televisión de Galicia que se emitiu no ano 1991.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A serie consta de 13 capítulos e narra o percorrido de catro cabaleiros, Anxo Cabada, Xosé Carlos López Corral, Xosé Fortes e Valentín Carrera, en viaxe por Galicia, comezando desde O Bierzo e inspirándose nas narracións de viaxeiros como George Borrow, Ambrosio de Morales ou Richard Ford e nos escritos de escritores galegos como Frei Martín Sarmiento, Emilia Pardo Bazán, Ramón Otero Pedrayo ou Vicente Risco.