Content-Length: 92314 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Patulea

Guerra da Patuleia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Guerra da Patuleia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Patulea»)
Gravura que mostra a soldados azoutando a un civil durante a Patuleia.
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

A Patuleia,[1] ou Guerra da Patuleia, é o nome que se deu á guerra civil entre "cartistas" (a tendencia máis conservadora do liberalismo xurdido despois da revolución de 1820, centrada en torno á Carta Constitucional de 1826, outorgada por Pedro IV nunha tentativa de reducir os conflitos abertos pola revolución, dado o seu carácter menos radicalizante do que a Constitución Política da Monarquía Portuguesa de 1822,[2] e os "setembristas" (a corrente máis á esquerda do movemento liberal, recibindo esta designación polo apoio prestado por esta facción á Revolución de setembro; este movemento defendía a supremacía da soberanía popular, loitando activamente pola substitución da Carta Constitucional de 1826, outorgada polo soberano, por unha constituición aprobada por un congreso democraticamente elixido polo pobo),[3] no curso da Revolución de Maria da Fonte.

Para algúns autores, o nome "Patuleia" deriva de pata ao léu (pé descalzo), mentres que outros defenden que é a adaoptación do termo castelán patulea, que significa "partida de xente desordenada e violenta".[4]

Sesión das Cortes de Lisboa de 1822.

Foi desencadeada en Portugal polo nomeamento, no curso do golpe palaciano do 6 de outubro de 1846, coñecido como a emboscada, dun goberno claramente "cartista" presidido polo mariscal João Oliveira e Daun, duque de Saldanha.

Transcurso

[editar | editar a fonte]

A guerra civil tivo unha duración de cerca de oito meses, opondo os cartistas (co apoio da raíña María II) a unha coalición contranatura que unía setembristas e miguelistas (partidarios do rei Miguel I, irmán de Pedro IV e pai de María II).

A guerra terminou cunha clara vitoria cartista, materializada a 30 de xuño de 1847 pola sinatura da Convenção de Gramido, despois da intervención de forxas militares estranxeiras ao abeiro da Cuádrupla Alianza.[5] [6] [7]

  1. Patuleia. En Infopédia. Porto: Porto Editora, 2003-2010. (Consultada o 1 de maio de 2018).
  2. Cartismo[Ligazón morta], en Centro de Estudos do Pensamento Político (en portugués).
  3. Setemprismo[Ligazón morta], en Centro de Estudos do Pensamento Político (en portugués).
  4. patulea 3ª acep., no DRAE.
  5. Menchén 1989, p. 42.
  6. Vilar 2003, p. 406.
  7. López-Cordón 1981, p. 855.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • López-Cordón Cortezo, Mª Victoria (1981): "La política exterior", en: La Era isabelina y el sexenio democrático, tomo XXXIV da Historia de España Menéndez Pidal-Jover Zamora, Maadris: Espasa-Calpe, pp. 819–899.
  • Menchén Barrios, María Teresa (1989): "La Cuádruple Alianza (1834). La Península en un sistema occidental", en Cuadernos de la Escuela Diplomática, Ministerio de Asuntos Exteriores, segunda época, Nº 2, pp. 31–51.
  • Vilar, Juan Bautista (2003): "España en la Europa de los nacionalismos: entre pequeña nación y potencia media (1834-1874)" en: Juan Carlos Pereira (coord.): La política exterior de España (1800-2003). Barcelona: Ariel, pp. 401–420.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Patulea

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy