Paul Goldsmith
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1925 Parkersburg, Estados Unidos de América |
Morte | 6 de setembro de 2024 (98 anos) Munster, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo, piloto de carreiras |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Premios | |
Paul Goldsmith, nado en Parkersburg, Virginia Occidental, o 2 de outubro de 1925 e finado en Munster, Indiana, o 6 de setembro de 2024,[1] foi un piloto da USAC e NASCAR. Membro do Motorcycle Hall of Fame e do Motorsports Hall of Fame of America.[2] Logo Goldsmith converteuse en piloto e, pilotando principalmente un Cessna 421, transportou motores. e pezas desde e cara ás carreiras.
Carreira motociclista
[editar | editar a fonte]Goldsmith era un famoso corredor de motos do A.M.A. Grand National Championship a finais dos anos corenta ata mediados dos anos cincuenta. A súa primeira vitoria chegou en 1952 a bordo dunha Harley-Davidson na Milwaukee Mile na cidade natal de Harley. Paul traballaba a tempo completo nunha planta de Chrysler en Detroit.
A súa vitoria máis famosa foi no Daytona 200 de 1953. Máis tarde, en 1953, gañou un evento de 100-mile (160 km) na extenuante pista de cinza de Langhorne (Pensilvania). Foi galardoado co premio ao piloto máis popular do ano polos seus esforzos.
En 1954, Goldsmith obtivo unha vitoria en Charity Newsies en Columbus, Ohio, e catro postos no podio. Finalizou segundo no primeiro ano das Grand National Series detrás do seu pupilo Joe Leonard.
En 1955 gañou o seu último evento AMA en Schererville, Indiana. Frecuentemente pilotaba coches de serie. Deixou as carreiras de motocicletas porque General Motors presionouno para pilotar só coches de serie.
Carreiras de coches de serie na NASCAR e USAC
[editar | editar a fonte]Foi o gañador da carreira final no famoso Daytona Beach Road Course en 1958. Tamén foi o único piloto que gañou no circuíto de Daytona Beach Road tanto en coches de serie como en motos.
Goldsmith foi o campión de USAC Stock Car de 1961, con 7 poles, 10 vitorias, 16 posicións no top cinco en 19 carreiras. Goldsmith gañou o seu segundo campionato consecutivo da USAC en 1962 con 6 poles, 8 vitorias e 15 top cinco en 20 carreiras.
Andaina nas carreiras de campionato
[editar | editar a fonte]Goldsmith competiu en 8 carreiras na serie USAC Championship Car, entre 1958 e 1963 con 6 desas saídas nas 500 Millas de Indianápolis. Rematou entre os cinco primeiros postos na Indy dúas veces, un 5º posto en 1959 e un 3º en 1960.
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]
|
|
Resumo do seu paso polo Campionato Mundial
[editar | editar a fonte]As 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Paul Goldsmith participou en tres desas carreiras do Campionato Mundial, quedando quinto en 1959 e terceiro en 1960, logrando un total de seis puntos no Campionato Mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Kelly, Paul (6 de setembro de 2024). "Indianapolis 500 Veteran Goldsmith Dies at 98". IndyCar. Consultado o 6 de setembor de 2024.
- ↑ Paul Goldsmith at the Motorsports Hall of Fame of America
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Goldsmith |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biography from Motorcycle Hall of Fame MuseumArquivado 13 de febreiro de 2006 en Wayback Machine. note: The Motorcycle HoF bio is incorrect; Paul never won the Daytona 500, but instead, won both automobile and motorcycle races on the beach/road course.
- Paul Goldsmith driver statistics at Racing-Reference