Content-Length: 69023 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Praia_dos_Castros

Praia dos Castros - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Praia dos Castros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia dos Castros
Visión xeral da praia, coa praia das Illas ó fondo.
Posto de primeiros auxilios
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude1500 m
Largo medio5-20 m
Paseo marítimosi
Características específicas
Tipo de areaarea branca e fina
Condicións do bañosi
Aspectos medioambientais
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Equipo de salvamentoSi

A praia dos Castros, cuxo nome tradicional é Marbadás, está situada nos confíns da aldea da Rochela na parroquia da Devesa do concello de Ribadeo. Cunha anchura de entre 5 e 20 m en termo medio e de 1.500 m de longo, está dotada de area branca e fina. A praia en si é aberta, cunha ondada forte e ventosa, que lle confire á zona unha forma rectilínea. Conta coas especies faunísticas propias de calquera praia, sobre todo aves.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Está enmarcada no medio dunha paraxe rochosa de extraordinaria fermosura. A area altérnase con illas con covas e formas rochosas ás que se pode acceder facilmente na marea baixa. Está comunicada coa praia das Illas (situada ao seu carón) na baixamar. É idónea para a práctica do surf. Ademais, durante a marea baixa conta cunha pequena "piscina", (un reduto ao abeiro dun penedo de pouco máis de 2 x 2 m que os máis cativos saben aproveitar).

Esta praia, xunto coas de Reinante (en Barreiros) e As Catedrais, Esteiro, As Illas, Areosa e Olga (en Ribadeo), conforman a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado coma Rede Natura 2000. Dispón de Bandeira Azul (concedida desde o ano 1997), e outros servizos propios desta praia: salvamento (os feridos son evacuados ao Hospital Comarcal da Costa-Burela), duchas, pasarelas, servizo de limpeza diario.

A ela accédese saíndo de Ribadeo pola estrada N-634 en dirección a Lugo, ata desviarse por un ramal á dereita sinalizado. Está preto do Porto Deportivo de Foz; así a todo, a praia dispón doutros recursos a menos de 500 m: sinalización do estado do mar, aparcadoiro, hotel e restaurante, teléfono e servizo de vixilancia. Todo isto, xunto co verde das praderías e o azul do mar, enmarca esta praia na cal se bañaban hai dous mil anos os antepasados lugueses.

A última fin de semana de agosto celébrase dende o 2004 o "Día do Surf", no cal os rapaces locais da zona, e mais a "Escola de Surf !Hola Ola¡" fan un campionato de surf e de body-board, ademais de dar clases de balde e unha pequena festa. Todo isto queda recollido polo Colectivo Audiovisual Elfarero unha pequena asociación cultural que se dedica a filmar vídeos deste deporte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Praia_dos_Castros

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy