Content-Length: 122360 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Eo

Río Eo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Río Eo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Eo
Imaxe
Tiporío
río principal Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAsturias, España e Provincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónFonteo Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaRibadeo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRía de Ribadeo Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°03′57″N 7°15′38″O / 43.0657, -7.2606
43°33′13″N 7°01′57″O / 43.5536, -7.0324
Afluentes
Conca hidrográficaconca do Eo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións99 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica819 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Medicións
Caudal19,61 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Nace en Fonteo (Baleira)[1][2] e desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo.[1] A súa cunca ten unha extensión duns 828 km²[1], dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns. Ten unha lonxitude de 99 km[1] e o seu caudal medio é de 19,61 m³/s.[1]

Antigamente o curso chamouse río de Abres.[3] O nome actual Eo provén do hidrónimo Euue, que podería vir do paleoeuropeo *oiw-upe[4] Na Idade Media documéntase cos nomes Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á ría. Na Idade Moderna aparece tamén co nome de río de Miranda. Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.

O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CHC. "Ficha do río Eo". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019. 
  2. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'44.2"N 7°15'45.5"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  3. Marqués Valea, Xulia (2018). Toponimia de Trabada. A Coruña: Real Academia Galega. p. 129-130. ISBN 978-84-947823-3-6. 
  4. .Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. p. 40-41. ISBN 978-84-17807-10-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/R%C3%ADo_Eo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy