Roda de Berà
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
Comarca | Tarragonès | ||||
Capital | Roda de Barà (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.829 (2023) (474,48 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 7 (1515) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 16,5 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 57 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pere Compte Coca (en) (–2023) Pere Virgili Dominguez (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 43883 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 43131 | ||||
Código territorial IDESCAT | 431310 | ||||
Sitio web | web.rodadebera.cat |
Roda de Berà (ata 2012 Roda de Barà[1]) é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. O seu monumento máis coñecido é o Arco de Berà.
Historia
[editar | editar a fonte]O actual municipio de Roda de Berà atopábase preto da antiga Vía Augusta, construída polos romanos no século I a.C.
Crese que a orixe do topónimo atópase no conde Berà de Barcelona, quen se encargou de fortificar a zona no século IX.
Formou parte das posesións do mosteiro de Sant Pere de Casserres ata 1572 cando os bens do cenobio pasaron aos xesuítas da igrexa de Betlem de Barcelona. Os monxes mantiveron os dereitos ata a súa expulsión, ocorrida en 1767.
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2000 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|
774 | 678 | 568 | 583 | 1.551 | 3.361 | 6.394 |
Economía
[editar | editar a fonte]Roda de Berà converteuse nun importante lugar de veraneo e o turismo é a principal fonte de ingresos do municipio. Dispón de numerosas urbanizacións, entre as que destaca a do Roc de Sant Gaietà, así como de tres campings, dous de primeira e un de segunda categoría.
A agricultura perdeu peso económico coa chegada do turismo. Entre os cultivos que seguen permanecendo en activo destacan as alfarrobeiras, abeleiras e amendoeiras.
Dentro do termo municipal atópanse instaladas diversas industrias que dan emprego a parte da poboación.
Cultura
[editar | editar a fonte]O monumento máis destacado é o Arco de Berà, un dos monumentos romanos de maior interese dos que poden verse en Cataluña. Algúns estudos indican que non se trataba dun Arco de Triunfo senón máis ben dun arco que servía como límite territorial. Ten unha altura total de 12,28 metros e un ancho de 12 metros. O grosor do muro alcanza os 2,34 metros.
A igrexa parroquial está dedicada a San Bartolomeu (Sant Bartomeu). É de estilo neoclásico e data do século XVII. A fachada de pedra é do século XVIII e o campanario do século XIX. Nos arredores do pobo atópase a capela de Mas Carreras, construída no primeiro terzo do século XVIII así como a ermida da Virxe de Berà na que se oficiou misa por primeira vez o 25 de agosto de 1727.
Roda de Berà celebra a súa festa maior no mes de agosto, coincidindo coa festividade de San Bartolomeu.
Praias
[editar | editar a fonte]Roda de Berà dispón de 4 zonas de praia ben diferenciadas. Ten un total de 3 quilómetros de costa dos que 2 corresponden a amplas praias de fina area. Estas praias dispoñen dun servizo diario de limpeza durante a tempada de verán. Destaca a coñecida como Platja Llarga, galardoada coa Bandeira Azul. Ten preto de 1 quilómetro de lonxitude e está bordeada por un paseo marítimo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Sant Bartomeu
-
Platja Llarga
-
Núcleo antigo
-
Avenida de Sant Jordi
-
Torre del Cucurull
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roda de Berà |