Siderurxia
A siderurxia[1] é a técnica do tratamento do mineral de ferro para obter diferentes tipos deste ou das súas aliaxes. O proceso de transformación do mineral de ferro comeza na extracción nas minas. O ferro atópase na natureza en forma de óxidos, hidróxidos, carbonatos, silicatos e sulfuros. Os máis usados pola siderurxia son os óxidos, hidróxidos e carbonatos.
Óxidos -> Hematites (Fe2O3) e a magnetita (Fe3O4)
Hidróxidos -> Limonita
Carbonatos -> Siderita ou carbonato de ferro (FeCO3)
Os primeiros altos fornos privados xurdiron en Lugo.[Cómpre referencia] Concretamente en 1794 en Sargadelos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para siderurxia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Siderurxia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|