Content-Length: 115019 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Star%C4%8Devo

Starčevo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Starčevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaStarčevo
Imaxe

Localización
Mapa
 44°48′26″N 20°42′17″L / 44.8072, 20.7047
EstadoSerbia
Autonomous province of Serbia (en) TraducirVoivodina
Distritos da Sérvia (pt) TraducirBanato Sur
Município da Sérvia (pt) TraducirPančevo City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude77 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal26232 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webstarcevo.org.rs Editar o valor en Wikidata

Starčevo (en serbio cirílico Старчево) é unha vila de Serbia situada na provincia autónoma de Voivodina no termo municipal de Pančevo, capital do distrito do Banato meridional.

En 2002 tiña 7.582 habitantes,[1] dos que a maioría eran de nacionalidade serbia.

O nome da vila significa o lugar do home vello.

A cultura de Starčevo, antiga civilización danubiana que se remonta a 6 000 anos a.C., denomínase así polos achados que se fixeron nun sitio arqueolóxico situado nas proximidades da vila. Este sitio figura na lista dos Monumentos culturais de importancia excepcional e na lista dos Sitios arqueolóxicos de importancia excepcional da República de Serbia.[2]

A cultura de Starčevo desapareceu contra 4 200 anos a.C., coa invasión dos Pelasgos (O nome de pelasgos —en grego antigo Πελασγοί Pelasgoí, singular Πελασγός, Pelasgós—,[3] usárono algúns escritores da antiga Grecia para aludir aos pobos predecesores dos helenos como habitantes de Grecia, "un termo empregado para calquera pobo antigo, primitivo e, presumibelmente, indíxena do mundo grego";[4] en xeral, "pelasgo" alude a todos os habitantes indíxenas das terras exeas e ás súas culturas antes da chegada do idioma grego).[5]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Mapa do municipio de Pančevo, no que se ve, ao SE, a situación de Starčevo.
Igrexa católica de Sain Mauricio Mártir en Starčevo.

Evolución histórica da poboación

[editar | editar a fonte]


ano habitantes

1948 3.880
1953 3 676
1961 4 854
1971 6 545
1981 7 304
1991 7 579
2002 7 615[1]

En 2010, a poboación de Starčevo estimábase en 7 649 habitantes.[Cómpre referencia]

Repartición da poboación (2002)

[editar | editar a fonte]
Nacionalidade Número %
Serbios 6.205 81,48
Croatas 349 4,58
Iugoslavos 204 2,67
Húngaros 111 1,45
Romanís 88 1,15
Elovacos 74 0,97
Macedonios 60 0,78
Montenegrinos 36 0,47
Romaneses 30 0,39
Búlgaros 27 0,35
Alemáns 15 0,19
Musulmáns 15 0,19
Checos 8 0,10
Rusos 5 0,06
Albaneses 3 0,03
Eslovenos 2 0,02
Bunjevci 2 0,02
Ucraínos 1 0,01
Bosníacos 1 0,01
Descoñecidos/Outros[6]
  1. 1,0 1,1 Estatísticas de Serbia
  2. "Grad-Starčevo". spomenicikulture.mi.sanu.ac.rs. Consultado o 9 de febreiro de 2012. 
  3. Liddell, Henry George; Scott, Robert (1940). "Pelasgos". A Greek-English Lexicon (Oxford: Clarendon Press). 
  4. Apolonio de Rodas; Green, Peter trad. (2007). The Argonautika. University of California Press. p. 223 (comentario sobre i.987). ISBN 0520253930. 
  5. Asociación de Academias de la Lengua Española (2001). "pelasgo". Diccionario de la Lengua Española (22.ª ed.). 
  6. Poboación por nacionalidades (Estatísticas de Serbia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Star%C4%8Devo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy