Tempada 2010-11 da KHL
Tipo | Kontinental Hockey League |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | República Checa |
Período de tempo | tempada 2010-2011 |
Intervalo de tempo | 2010 – 2011 |
Competición | |
Primeiro posto | Salavat Yulaev Ufa |
A tempada 2010-2011 da Kontinental Hockey League foi a terceira tempada da competición eurasiática de hóckey sobre xeo. A liga estivo formada por un total de 23 equipos (un menos que na tempada precedente) repartidos en dúas conferencias (leste e oeste) de dúas divisións dada unha. Cada equipo xogou un total de 54 partidos. Ao final da liga regular, o Avangard Omsk gañou a Continental Cup ao finalizar na primeira posición, pero tralos playoffs polo título foi o Salavat Yulaev Ufa quen se alzou co título da liga. A liga comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup, e finalizou o día 6 de abril de 2011 coa disputa do quinto e definitivo partido da final da Copa Gagarin.
Trocos na liga
[editar | editar a fonte]Trocos nos equipos
[editar | editar a fonte]Saída da competición do Lada Togliatti
O Lada Togliatti abandonou a KHL para pasar a competir na Vysshaya hokkeinaya liga logo de non poder cumprin os requisitos financeiros da KHL.
Fusión do HC MVD e o Dynamo Moscova O 30 de abril do 2010, anunciouse que o HC MVD (finalista na tempada anterior) se fusionaría co Dynamo Moscova para formar o OHK Dynamo, pasando a xogar a meirande parte dos seus partidos no Megasport Arena de Moscova, xogando tamén algúns partidos en Balashikha. O plan é contar cun novo espazo moderno e máis grande en Balashikha no 2012.[1]
Equipos de expansión
Na data límite de admisión do 1 de abril de 2010, seis novos equipo de catro países diferentes solicitaran ingresar na KHL nese ano: o Yugra de Khanty-Mansiysk, Krylya Sovetov de Moscova e o Gazovik de Tyumen por parte de Rusia; o HC Budivelnyk de Kíiv por parte de Ucraína; o HC Lev de Hradec Králové por parte da República Checa; e o Vėtra Vilnius de Vilnius por parte de Lituania.[2] Destes equipos, o Budivelnyk e o Yugra foron aceptados na KHL inicialmente,[3] mais o 24 de xuño de 2010, o equipo ucraíno anunciou que non xogaría na KHL durante a tempada 2010-11 porque o seu estadio aínda non estaba listo.[4] O 16 de xullo de 2010, o HC Lev, que durante a liga se trasladara a Poprad (Eslovaquia, foi aceptado na KHL,[5] mais logo de que a federación eslovaca se atrasara en autorizar a participación do equipo, a KHL excluíuno para a tempada 2010–11.[6]
Reestruturación das divisións
A saída da competición do Lada, a fusión entre o HC MVD e o Dynamo de Moscova, e a chegada á competición do Yugra obrigou a facer reaxustes na configuración dalgunhas disivións: na División Tarasov, o HC MVD foi substituído polo Dynamo Minsk, que abandonou a División Bobrov, quedando esta división con tan só 5 equipos (a máis pequena da competición); na División Kharlamov, o Yugra substituíu o Lada.
Outros trocos
[editar | editar a fonte]Formato dos Play-offs
Ao contrario que nas edicións anteriores da liga, tódalas series do play-off foron xogadas ao mellor de sete partidos.[7]
Prohibición de Vuvuzelas
A administración da KHL prohibiu explicitamente a venda e uso de vuvuzelas nos estadios de hóckey sobre xeo.[8]
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Un asterisco (*) indica unha reubicación da franquía. Véxase o artigo do equipo para maior información.
(1) Indiaca o último ano no que o equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo ruso.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Na terceira edición da KHL tomaron parte un toyal de 670 xogadores procedentes de 14 países distintos:[9]
País | Xogadores en activo (2010–11) |
---|---|
Rusia (20 equipos) | 469 |
Eslovaquia | 40 |
República Checa | 37 |
Kazakhstán (1 equipo) | 31 |
Letonia (1 equipo) | 28 |
Canadá | 25 |
Belarús (1 equipo) | 18 |
Ucraína | 17 |
Finlandia | 16 |
Suecia | 14 |
Estados Unidos | 7 |
Noruega | 1 |
Alemaña | 1 |
Austria | 1 |
TOTAL | 670 |
Liga regular
[editar | editar a fonte]A liga regular comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup entre o Ak Bars Kazan (campión da tempada anterior) e o Dynamo Moscova (o finalista da tempada anterior fora o HC MVD, mais os problemas financeiros do club fixeron que se fusionase co HC Dynamo). Houbo pequenos paróns en novembo, decembro e febreiro por mor dos partidos internacionais e o partido das estrelas.[7] Cada equipo xogou un total de 54 partidos durante esta fase.
Eventos salientables
[editar | editar a fonte]Draft de 2010
O 4 de xuño de 2010 tivo lugar en Moscova o segundo draft da KHL, no que xogadores de todo o mundo entre os 17 e os 21 anos puideron ser elixidos para competir na tempada 2010-11 na KHL, MHL ou VHL. Dos 690 xogadores participantes, 490 xogaban en Rusia, 100 en Europa e 100 en América.[10] A primeira elección do draft foi o checo Dmitrij Jaškin (xogador do VHK Vsetín), seleccionado polo Sibir de Novosibirsk
Opening Cup
O primeiro partido da liga é tradicionalmente a "Opening Cup", que é xogado polos finalistas da Copa Gagarin da tempada anterior. Debido a que o finalista da tempada anterior, o HC MVD, se fusionou co Dynamo Moscova por problemas financeiros formando o OHK Dynamo, o campión de liga da tempada anterior e defensor do título, o Ak Bars Kazan e o novo OHK Dynamo disputáronse este título. O partido tivo lugar o 8 de setembro de 2010 no TatNeft Arena de Kazán, e o equipo moscovita derrotou por 3-1 ao equipo local, gañando o trofeo por primeira vez na súa historia.
Partidos de exhibición entre equipo da KHL e a NHL
- Artigo principal: Lista de partidos entre equipos da KHL e a NHL.
Os Carolina Hurricanes xogaron fronte ao SKA San Petersburgo no Ice Palace de San Petersburgo (Rusia) ante 12.000 espectadores o 4 de outubro de 2010, gañando os rusos por 5 goles a 3. Por outra banda, os Phoenix Coyotes xogaron fronte ao Dinamo Riga no Arena Riga de Riga (Letonia) ante 10.520 espectadores o 6 de outubro dese mesmo ano, gañando os estadounidenses por 1 gol a 3.[11]
Partido en Suíza
O 23 de decembro de 2010, antes do inicio da Spengler Cup, os dous participantes da KHL (SKA San Petersburgo e Spartak Moscova, xogaron un partido oficial da liga regular no Vaillant Arena de Davos (Suíza). Foi o primeiro partido da KHL xogado en Europa Central.
Partido das Estrelas
O Fin de semanda das Estrelas tivo lugar os días 5 e 6 de febreiro de 2011 no Ice Palace de San Petersburgo ante 10.127 espectadores.[7]
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- O 5 de outubro de 2010, o checo Jan Marek (CSKA) converteuse no primeiro xogador estranxeiro en conseguir anotar 100 goles na liga. Catro días antes, o canadense David Nemirovsky (Dynamo Minsk) lograra esta marca, aínda que non é considerado estranxeiro, xa que o xogador posúe tamén a cidadanía rusa.
- O 10 de outubro de 2010, Aleksandr Radoulov (Salavat Yulaev) anotou un gol contra o Yugra aos seis segundos de xogo, converténdose no gol máis rápido da historia do campionato.
- O 10 de decembro de 2010, o partido entre Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk comezou cunha pelexa tras seis segundos de xogo. O adestrador dos moscovitas Andrei Nazarov alineou a cinco atacantes (Serguei Belokon e catro enforcers, Darcy Verot, Ivan Larine, Denis Sergueïev, Josh Gratton) dende o saque inicial para atacar os titulares do Avangard.[12] Os titulares Roman Červenka, Aliakseï Kalioujny, Marek Svatoš, Martin Škoula, Alekseï Bondarev e Karri Rämö opuxéronse. Červenka e Škoula foron hospitalizados. Once meses antes, durante un partido entre estes dous equipos fora suspendido por outra pelexa multitudinaria. O Avangard gañou o partido por 3-2. O equipo de Omsk escribiu unha nota de prensa pedindo a expulsión da KHl do Vityaz e que se suspendera aos dirixentes e ao cadro do Vityaz.[13] Ao día seguinte, a comisión disciplinaria atopou infraccións e suspendeu aos seguintes xogadores: Belokon (3 partidos), Verot (2 partidos), Larine (4 partidos), Gratton (5 partidos). Ademais, e conforme ao artigo 29 que pretende evitar as lesións graves, estas sancións foron revisadas, polo que Verot, Larine, Belokon e Gratton foron sancionados con 14, 14, 18 e 20 partidos de sanción respectivamente. O adestrador Nazarov foi multado con 400.000 rublos polas lesións causadas a seis xogadores contrario. O Avangard e o seu director xeral Anatoli Bardine foron sancionados con 100.000 rublos por violación das regras durante o xogo[14]. O director xeral do Vityaz Alekseï Jamnov foi tamén sancionado con 150.000 rublos.
Lenda
[editar | editar a fonte]Fonte: KHL.ru[15]
- PX: Partidos xogados
- GF: Goles a favor
- GC: Goles en contra
- Pts: Puntos
Os puntos repártense do seguinte xeito:
- 3 Puntos pola vitoria no tempo regulamentario ("V")
- 2 Puntos pola vitoria no tempo extra ("OTW") ou por penaltis ("SOW")
- 1 Puntos pola derrota no tempo extra ("SOL") ou por penaltis ("OTL")
- 0 Puntos pola derrota no tempo regulamentario ("D")
Campión de División | |
Clasificado para os playoffs |
Clasificación das divisións
[editar | editar a fonte]Conferencia Oeste
División Bobrov | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
UHC Dynamo | 54 | 28 | 1 | 1 | 4 | 4 | 16 | 149 | 131 | 96 |
SKA San Petersburgo | 54 | 23 | 3 | 6 | 5 | 4 | 13 | 171 | 144 | 96 |
Spartak Moscova | 54 | 24 | 1 | 1 | 3 | 3 | 22 | 129 | 142 | 82 |
Dinamo Riga | 54 | 20 | 2 | 5 | 5 | 2 | 20 | 160 | 149 | 81 |
CSKA Moscova | 54 | 13 | 0 | 7 | 4 | 2 | 28 | 136 | 169 | 59 |
División Tarasov | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rusia Lokomotiv Yaroslavl | 54 | 33 | 1 | 1 | 4 | 1 | 14 | 203 | 143 | 108 |
Atlant Moscow Oblast | 54 | 21 | 4 | 7 | 4 | 2 | 16 | 138 | 115 | 91 |
Severstal Cherepovets | 54 | 25 | 2 | 3 | 0 | 4 | 20 | 145 | 142 | 89 |
Dinamo Minsk | 54 | 17 | 3 | 5 | 5 | 2 | 22 | 150 | 155 | 74 |
Torpedo Nizhny Novgorod | 54 | 18 | 5 | 3 | 1 | 2 | 25 | 144 | 151 | 73 |
Vityaz Chekhov | 54 | 13 | 1 | 3 | 3 | 2 | 32 | 119 | 178 | 52 |
Conferencia Leste
División Kharlamov | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ak Bars Kazan | 54 | 29 | 2 | 3 | 5 | 3 | 12 | 181 | 133 | 105 |
Metallurg Magnitogorsk | 54 | 27 | 1 | 5 | 3 | 4 | 14 | 167 | 141 | 100 |
Yugra Khanty-Mansiysk | 54 | 22 | 0 | 6 | 6 | 3 | 17 | 145 | 151 | 87 |
Neftekhimik Nizhnekamsk | 54 | 22 | 1 | 2 | 1 | 2 | 26 | 159 | 162 | 75 |
Traktor Chelyabinsk | 54 | 14 | 6 | 2 | 5 | 1 | 26 | 142 | 166 | 64 |
Avtomobilist Ekaterinburg | 54 | 10 | 6 | 4 | 2 | 1 | 31 | 134 | 184 | 53 |
División Chernyshev | PX | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Avangard Omsk | 54 | 31 | 9 | 2 | 2 | 1 | 9 | 176 | 120 | 118 |
Salavat Yulaev Ufa | 54 | 29 | 5 | 4 | 4 | 0 | 12 | 210 | 144 | 109 |
Sibir Novosibirsk | 54 | 22 | 2 | 4 | 1 | 4 | 21 | 133 | 131 | 83 |
Barys Astana | 54 | 20 | 2 | 2 | 6 | 3 | 21 | 155 | 152 | 77 |
Amur Khabarovsk | 54 | 13 | 1 | 1 | 3 | 4 | 32 | 112 | 173 | 50 |
Metallurg Novokuznetsk | 54 | 8 | 1 | 3 | 4 | 5 | 33 | 105 | 186 | 41 |
Clasificación das conferencias
[editar | editar a fonte]As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.
Conferencia Oeste | XP | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lokomotiv Yaroslavl | 54 | 33 | 1 | 1 | 4 | 1 | 14 | 203 | 143 | 108 |
UHC Dynamo | 54 | 28 | 1 | 1 | 4 | 4 | 16 | 149 | 131 | 96 |
SKA San Petersburgo | 54 | 23 | 3 | 6 | 5 | 4 | 13 | 171 | 144 | 96 |
Atlant Moscow Oblast | 54 | 21 | 4 | 7 | 4 | 2 | 16 | 138 | 115 | 91 |
Severstal Cherepovets | 54 | 25 | 2 | 3 | 0 | 4 | 20 | 145 | 142 | 89 |
Spartak Moscova | 54 | 24 | 1 | 1 | 3 | 3 | 22 | 129 | 142 | 82 |
Dinamo Riga | 54 | 20 | 2 | 5 | 5 | 2 | 20 | 160 | 149 | 81 |
Dinamo Minsk | 54 | 17 | 3 | 5 | 5 | 2 | 22 | 150 | 155 | 74 |
Torpedo Nizhny Novgorod | 54 | 18 | 5 | 3 | 1 | 2 | 25 | 144 | 151 | 73 |
CSKA Moscova | 54 | 13 | 0 | 7 | 4 | 2 | 28 | 136 | 169 | 59 |
Vityaz Chekhov | 54 | 13 | 1 | 3 | 3 | 2 | 32 | 119 | 178 | 52 |
Fonte: khl.ru[16]
Conferencia Leste | XP | V | OTW | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Avangard Omsk | 54 | 31 | 9 | 2 | 2 | 1 | 9 | 176 | 120 | 118 |
Ak Bars Kazan | 54 | 29 | 2 | 3 | 5 | 3 | 12 | 181 | 133 | 105 |
Salavat Yulaev Ufa | 54 | 29 | 5 | 4 | 4 | 0 | 12 | 210 | 144 | 109 |
Metallurg Magnitogorsk | 54 | 27 | 1 | 5 | 3 | 4 | 14 | 167 | 141 | 100 |
Yugra Khanty-Mansiysk | 54 | 22 | 0 | 6 | 6 | 3 | 17 | 145 | 151 | 87 |
HC Sibir Novosibirsk | 54 | 22 | 2 | 4 | 1 | 4 | 21 | 133 | 131 | 83 |
Barys Astana | 54 | 20 | 2 | 2 | 6 | 3 | 21 | 155 | 152 | 77 |
Neftekhimik Nizhnekamsk | 54 | 22 | 1 | 2 | 1 | 2 | 26 | 159 | 162 | 75 |
Traktor Chelyabinsk | 54 | 14 | 6 | 2 | 5 | 1 | 26 | 142 | 166 | 64 |
Avtomobilist Ekaterinburg | 54 | 10 | 6 | 4 | 2 | 1 | 31 | 134 | 184 | 53 |
Amur Khabarovsk | 54 | 13 | 1 | 1 | 3 | 4 | 32 | 112 | 173 | 50 |
Metallurg Novokuznetsk | 54 | 8 | 1 | 3 | 4 | 5 | 33 | 105 | 186 | 41 |
Source: khl.ru[17]
Líderes da liga
[editar | editar a fonte]Goles | Roman Červenka (Omsk) | 31 |
Asistencias | Alexander Radulov (Ufa) |
60 |
Puntos | Alexander Radulov (Ufa) |
80 |
Disparos a portería | Kevin Dallman (Astana) | 225 |
Plus/minus | Alexei Morozov (Kazan) |
+27 |
Penalty minutes | Darcy Verot (Chekhov) | 182 |
Vitorias (porteiros) | Karri Rämö (Omsk) | 33 |
Goals against averageMedia de goles en contra | Konstantin Barulin (Mytischi) | 1.91 |
Porcentaxe de paradas | Vitali Yeremeyev (Astana) | 92.7 |
Shutouts | Dominik Hašek (Moscova) | 7 |
Porteiros: mínimo 15 partidos xogados.
Máximos anotadores
[editar | editar a fonte]Fonte: khl.ru[20]
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Xogador | Equipo | PX | G | A | Pts | +/– | PIM |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Alexander Radulov | Salavat Yulaev Ufa | 54 | 20 | 60 | 80 | +27 | 83 |
Patrick Thoresen | Salavat Yulaev Ufa | 54 | 29 | 36 | 65 | +21 | 30 |
Roman Červenka | Avangard Omsk | 51 | 31 | 30 | 61 | +15 | 56 |
Sergei Mozyakin | Atlant Moscow Oblast | 54 | 27 | 34 | 61 | +10 | 12 |
Pavol Demitra | Lokomotiv Yaroslavl | 54 | 18 | 43 | 61 | +12 | 29 |
Aleksey Morozov | Ak Bars Kazan | 53 | 21 | 35 | 56 | +27 | 24 |
Josef Vašíček | Lokomotiv Yaroslavl | 54 | 24 | 31 | 55 | +16 | 34 |
Jaromír Jágr | Avangard Omsk | 49 | 19 | 32 | 51 | +6 | 48 |
Matt Ellison | Torpedo Nizhny Novgorod | 53 | 21 | 29 | 50 | –6 | 28 |
Mattias Weinhandl | SKA San Petersburgo | 54 | 21 | 28 | 49 | +14 | 42 |
Mellores porteiros
[editar | editar a fonte]Fonte: khl.ru[21]
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Medias de goles en contra
Xogador | Equipo | PX | Min | V | D | GC | SO | SV% | GAA | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Konstantin Barulin | Atlant Moscow Oblast | 28 | 1504:47 | 13 | 9 | 4 | 48 | 6 | .925 | 1.91 |
Karri Rämö | Avangard Omsk | 44 | 2592:49 | 33 | 6 | 4 | 85 | 5 | .925 | 1.97 |
Jakub Štěpánek | SKA San Petersburgo | 32 | 1844:06 | 16 | 8 | 5 | 63 | 3 | .923 | 2.05 |
Vitali Koval | Atlant Moscow Oblast | 34 | 1766:55 | 12 | 10 | 9 | 61 | 2 | .921 | 2.07 |
Petri Vehanen | Ak Bars Kazan | 43 | 2538:01 | 25 | 12 | 6 | 89 | 2 | .926 | 2.10 |
Play-offs
[editar | editar a fonte]Os play-offs comezaron o 23 de febreiro de 2011. O quinto e último partido das series finais da Copa Gagarin xogouse o 16 de abril de 2011.[7]
Primeira Rolda | Semifinais Conferencia | Finais Conferencia | Final da Copa Gagarin | |||||||||||
(mellor de 7) | (mellor de 7) | (mellor de 7) | (mellor de 7) | |||||||||||
1º- Avangard | 4 | |||||||||||||
8º- Neftekhimik | 3 | |||||||||||||
Avangard | 3 | |||||||||||||
Metallurg Mg. | 4 | |||||||||||||
4º- Metallurg Mg. | 4 | |||||||||||||
5º- Yugra | 2 | |||||||||||||
Metallurg | 3 | |||||||||||||
Salavat Yulaev | 4 | |||||||||||||
3º- Salavat Yulaev | 4 | |||||||||||||
6º- Sibir | 0 | |||||||||||||
Salavat Yulaev | 4 | |||||||||||||
Ak Bars | 1 | |||||||||||||
2º- Ak Bars | 4 | |||||||||||||
7º- Barys | 0 | |||||||||||||
Salavat Yulaev | 4 | |||||||||||||
Atlant | 1 | |||||||||||||
1º- Lokomotiv | 1 | |||||||||||||
8º- Dinamo Minsk | 3 | |||||||||||||
Lokomotiv | 4 | |||||||||||||
Dinamo Riga | 1 | |||||||||||||
2º- UHC Dynamo | 2 | |||||||||||||
7º- Dinamo Riga | 4 | |||||||||||||
Lokomotiv | 2 | |||||||||||||
Atlant | 4 | |||||||||||||
3º- SKA | 4 | |||||||||||||
6º- Spartak | 0 | |||||||||||||
SKA | 3 | |||||||||||||
Atlant | 4 | |||||||||||||
4º- Atlant | 4 | |||||||||||||
5º- Severstal | 2 | |||||||||||||
Líderes do play-off
[editar | editar a fonte]Goles | Gleb Klimenko (Magnitogorsk) |
10 |
Asistencias | Josef Vašíček (Yaroslavl) Pavol Demitra (Yaroslavl) Patrick Thoresen (Ufa) Alexander Radulov (Ufa) |
15 |
Puntos | Josef Vašíček (Yaroslavl) | 22 |
Disparos a portería | Sergey Mozyakin (Mytishchi) | 77 |
Plus/minus | Patrick Thoresen (Ufa) Ilya Gorokhov (Mytishchi) |
+11 |
Penalty minutes | Fedor Fedorov (Mytishchi) | 65 |
Vitorias (porteiros)' | Erik Ersberg (Ufa) |
15 |
Media de goles en contra | Petri Vehanen (Kazan) | 1.32 |
Porcentaxe de paradas | Petri Vehanen (Kazan) | 95.7 |
Shutouts | Petri Vehanen (Kazan) Erik Ersberg (Ufa) |
3 |
Goaltenders: minimum 5 games played
Máximos anotadores
[editar | editar a fonte]Fonte: khl.ru[24]
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Xogador | Equipo | GP | G | A | Pts | +/– | PIM |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Josef Vašíček | Lokomotiv Yaroslavl | 18 | 7 | 15 | 22 | +6 | 16 |
Sergei Mozyakin | Atlant Moscow Oblast | 23 | 8 | 13 | 21 | –2 | 2 |
Pavol Demitra | Lokomotiv Yaroslavl | 18 | 6 | 15 | 21 | +10 | 4 |
Patrick Thoresen | Salavat Yulaev Ufa | 21 | 3 | 15 | 18 | +11 | 16 |
Alexander Radulov | Salavat Yulaev Ufa | 21 | 3 | 15 | 18 | +10 | 42 |
Mellores porteiros
[editar | editar a fonte]Fonte: khl.ru[25]
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Media de goles en contra
Xogador | Equipo | PX | Min | V | D | GC | SO | SV% | GAA |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Petri Vehanen | Ak Bars Kazan | 9 | 543:49 | 5 | 4 | 12 | 3 | .957 | 1.32 |
Erik Ersberg | Salavat Yulaev Ufa | 20 | 1118:23 | 15 | 3 | 36 | 3 | .933 | 1.93 |
Robert Esche | Dinamo Minsk | 4 | 215:38 | 2 | 2 | 7 | 0 | .942 | 1.95 |
Konstantin Barulin | Atlant Moscow Oblast | 22 | 1286:09 | 11 | 10 | 44 | 2 | .928 | 2.05 |
Jakub Štěpánek | SKA San Petersburgo | 11 | 698:22 | 7 | 4 | 25 | 1 | .920 | 2.15 |
Palmarés da tempada
[editar | editar a fonte]KHL
- Opening Cup : OHK Dynamo.
- Kontinental Cup: Avangard Omsk.
- Campión da Conferencia Oeste: Atlant Moscow Oblast.
- Campión da Conferencia Leste: Salavat Yulaev Ufa.
- Copa Gagarin: Salavat Yulaev Ufa.
Clasificación final
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]Xogadores do mes
[editar | editar a fonte]Mellores xogadores da KHL por mes.
Mes | Porteiro | Defensa | Dianteiro | Novato |
---|---|---|---|---|
Setembro[26] | Bernd Brückler (Torpedo) | Sandis Ozoliņš (Riga) | Denis Platonov (Magnitogorsk) | Yaroslav Khabarov (Magnitogorsk) |
Outubro[27] | Mikhail Biryukov (Khanty-Mansiysk) | Maxim Soloviev (Dynamo M) | Roman Červenka (Omsk) | Alexander Osipov (Khabarovsk) |
Novembro[28] | Karri Rämö (Omsk) | Johan Fransson (S. Petersburgo) | Sergei Mozyakin (Atlant) | Dinar Khafizullin (Chekhov) |
Decembro[29] | Petri Vehanen (Kazan) | Alexander Guskov (Yaroslavl) | Sergei Mozyakin (Atlant) | Alexander Pankov (Ufa) |
Xaneiro[30] | Dominik Hašek (Spartak) | Kevin Dallman (Astana) | Pavol Demitra (Yaroslavl) | Grigory Zheldakov (Spartak) |
Febreiro[31] | Petri Vehanen (Kazan) | Karel Rachůnek (Yaroslavl) | Alexander Radulov (Ufa) | Mikhail Stefanovich (Minsk) |
Marzo[32] | Erik Ersberg (Ufa) | Marat Kalimulin (Yaroslavl) | Gleb Klimenko (Magnitogorsk) | Pavel Zdunov (Magnitogorsk) |
Recoñecementos da KHL
[editar | editar a fonte]O 20 de maio de 2011, a KHL celebrou a súa cerimonia anual de premios. Nesta cerimonia entregáronse un total de 20 galardóns diferentes aos equipos, xogadores, árbitros e medios de comunicación.[33] A continuación os premios máis importantes e os seus gañadores.
Stick Dourado (MVP da liga regular) | Alexander Radulov (Ufa) |
Mellor adestrador | Miloš Říha (Atlant) |
Premio Alexei Cherepanov (mellor novato) | Pavel Zdunov (Magnitogorsk) |
A liga concedeu tamén seis "Cascos de Ouro" aos compoñentes do sexteto ideal:
Dianteiros | Alexander Radulov Salavat Yulaev Ufa |
Igor Grigorenko Salavat Yulaev Ufa |
Sergei Mozyakin Atlant Moscow Oblast | |||
Defensas | Sandis Ozoliņš Dinamo Riga |
Kirill Koltsov Salavat Yulaev Ufa | ||||
Porteiro | Erik Ersberg Salavat Yulaev Ufa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Святослав Петрушко: ОХК «Динамо» будет играть и в Москве, и в Балашихе
- ↑ Завершен прием заявок от клубов, желающих вступить в КХЛ
- ↑ "Medvedev: "Budivelnik" will play in the KHL". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ "Budivelnik will not play in KHL.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ "HC Lev to join KHL". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ «Лев» не сыграет в ближайшем сезоне
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Контуры сезона
- ↑ КХЛ налагает запрет на использование вувузел
- ↑ Totals by Nationality ‑ 2010-2011 Stats[Ligazón morta]
- ↑ Участники Драфта: списки
- ↑ Exhibition game KHL – NHL Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine.publicado pola Kontinental Hockey League
- ↑ www.championat.ru Arquivado 14 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Comunicado do Avangard en www.hawk.ru Arquivado 12 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Comunicado en www.khl.ru (en ruso)
- ↑ "KHL Regular season standings, en KHL.ru". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ "Western Conference, en KHL.ru". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ "Eastern Conference". KHL.ru. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ KHL Statistics: Skaters, en KHL.ru
- ↑ KHL Statistics: Goalies, en KHL.ru
- ↑ Player Stats: 2010–2011 Regular season: All Skaters – Total Points
- ↑ Player Stats: 2010–2011 Regular season: Goalie – Goals Against Average
- ↑ KHL Statistics: Skaters
- ↑ KHL Statistics: Goalies
- ↑ title= Player Stats: 2010–2011 Playoffs: All Skaters – Total Points
- ↑ Player Stats: 2010–2011 Playoffs: All Goaltenders – Goals Against Average
- ↑ "September’s stars". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "October’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "November’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "December’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "January’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "February’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "March’s finest". Arquivado dende o orixinal o 15/05/2011. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "The League’s Finest". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da KHL (en ruso) (en inglés)
- Calendario da liga regular da KHL (en inglés)
- Formato dos playoffs da KHL (en inglés)
- Reglas da KHL (en ruso)
Predecesor: 2009-10 |
Kontinental Hockey League 2010-11 |
Sucesor: 2011-12 |