Content-Length: 134373 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Trapecio

Trapecio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Trapecio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un trapecio é un cuadrilátero con dous lados paralelos, e cos outros dous non paralelos. Os lados paralelos son as bases do trapecio (base maior e base menor) e a distancia entre eles denomínase altura. Denomínase mediana ao segmento que une os puntos medios dos lados non paralelos.

Tipos de trapecio

[editar | editar a fonte]

Os trapecios respecto aos seus ángulos internos poden ser rectángulos, isósceles ou escalenos:

  • Trapecio rectángulo: ten un lado perpendicular ás súas bases. Posúe logo dous ángulos internos rectos, un agudo e outro obtuso.
  • Trapecio isóscele: ten os lados non paralelos de igual medida. Posúe logo dous ángulos internos agudos e dous obtusos, que son iguais entre si. É un cuadrilátero cíclico xa que a suma dos ángulos opostos é 180 °.
  • Trapecio escaleno: non é nin isóscele nin rectángulo, é dicir, os seus catro ángulos internos posúen diferentes medidas.

Características dun trapecio

[editar | editar a fonte]
  • A lonxitude da mediana () dun trapecio é igual á semisuma das lonxitudes das súas bases ( e ).
  • Nun trapecio isóscele os ángulos adxacentes a cada base teñen a mesma amplitude, e os ángulos opostos son suplementarios. As diagonais posúen igual lonxitude.

Cálculo da altura dun trapecio

[editar | editar a fonte]

A altura () dun trapecio pode calcularse en función das súas bases ( e ) e dos lados ( e ), mediante a seguinte ecuación:

Onde é a base maior, é a base menor, e os lados non paralelos son e .

Área dun trapecio

[editar | editar a fonte]

A área dun trapecio de bases e e de altura é igual á semisuma das bases pola altura.

( = base maior; = base menor; = altura).

Se só se coñecen as lonxitudes dos catro lados, entón podemos calcular a área así:

onde é a medida do lado de maior lonxitude e é o lado menor, para que tanto o denominador, como o valor da raíz, sexan números positivos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Trapecio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy