Content-Length: 201507 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Ursa_Major

Osa Maior - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Osa Maior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ursa Major»)
Osa Maior
Osa Maior
Nome latino Ursa Major
Abreviatura UMa
Xenitivo Ursae Majoris
Simboloxía A grande Osa
Ascensión recta 10.67 h
Declinación 55.38°
Área 1280 graos cadrados

Rango 3º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

6
Estrela máis brillante ε UMa (Alioth)

(magnitude ap. 1.7)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −30°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de abril

Osa Maior[1][2][3][4] (en latín Ursa Major, abreviado UMa), tamén coñecida como o Carro das Estrelas ou Carro Grande[5], é unha constelación visible durante todo o ano no hemisferio norte. Entre os afeccionados é chamada co nome de "carro" ou "cazo", pola forma que debuxan ás súas sete estrelas principais, aínda que recibiu moitos outros nomes. Este asterismo de sete estrelas é chamado en Galicia Setestrelo.

Características destacables

[editar | editar a fonte]
Figura do asterismo coñecido en Galicia como o setestrelo.

Alioth (ε UMa), situada na cola da osa, é a estrela máis brillante da constelación. As principais estrelas do "carro", excepto Dubhe (α UMa) e Benetnasch (η UMa), teñen un movemento propio común cara a un punto da constelación de Saxitario, formando parte da chamada Asociación estelar da Osa Maior.

Mizar (ζ UMa) e Alcor (80 UMa) forman unha das estrelas dobres máis coñecidas do firmamento. A cuarta estrela máis próxima ó sistema solar, Lalande 21185, atópase nesta constelación. W Ursae Majoris é o prototipo dunha clase de estrelas variables binarias de contacto, e con magnitudes comprendidas entre 7,75 e 8,48. Finalmente, 47 Ursae Majoris é unha estrela análoga solar con dous planetas extrasolares.

β Ursae Majoris (Merak), xunto con Dubhe (as dúas estrelas máis a dereita na imaxe), sinalan a dirección da Polaris (α Ursae Minoris), a estrela polar, e polo tanto sinalan tamén o polo norte.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]

Con pequenos telescopios pódense ver ata 50 galaxias na Osa Maior. Como obxectos de maior interese, cabe destacar:

Como curiosidade cita-lo obxecto Messier 40, unha estrela dobre que Messier non inseriu no seu catálogo.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Osa Maior.

A constelación da Osa Maior recibiu diferentes nomes ó longo da Historia en función das imaxes que a imaxinación do ser humano viu nela. Por exemplo os árabes vían unha caravana, os indios de América do Norte un cazo ou os Romanos bois de tiro.

Outras moitas civilizacións viron na súa forma un oso [6]. A mitoloxía grega consideraba que a Osa Maior era a osa na que fora convertida Calisto por Artemisa tras ser seducida por Zeus.

Unha das poucas estrelas mencionadas na Biblia (Job 9:9; 38:32 – Orión e as Pléiades son as outras), a Osa Maior foi imaxinada tamén como un oso polos hebreos e a meirande parte dos norteamericanos. Porén, como os osos non teñen colas longas, eles consideraron a Alioth, Mizar, e Alkaid como tres cachorros que seguen a súa nai ou a tres cazadores.

  1. "Oso". Real Academia Galega. Consultado o 26 de novembro de 2016. 
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  3. "Os nomes das constelacións" (PDF). RAG. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  4. "A Real Academia Galega aproba os nomes normalizados das constelacións". 12 de novembro de 2020. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Carro.
  6. Gibbon, William B. "Asiatic parallels in North American star lore: Ursa Major" in the Journal of American Folklore. 77(305), 236–250, July 1964.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ursa_Major

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy