Content-Length: 200414 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Oso

Oso - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Oso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Orbiting Solar Observatory.

A dos úrsidos[2] (Ursidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que inclúe animais de grandes dimensións coñecidos como osos,[3] incluíndo o oso panda.[4]

Todos os osos teñen en común a pelaxe densa que pode ser de distintas cores segundo o oso, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, aínda que isto depende, en último grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pé sobre as patas posteriores. Posúen un fociño longo e orellas arredondadas.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

O osos adáptase a unha gran variedade de ambientes, desde os trópicos ao Ártico, e da selva até a banquisa. Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros máis que períodos moi curtos. Certas especies, como o oso polar (Ursus maritimus) e o oso pardo (Ursus arctos), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Nas rexións temperadas e frías os osos pasan o período invernal nun estado de sono profundo e prolongado, que vén sendo denominado, erradamente, como estadio de letargo, e que é mais apropiado denominar como período de repouso invernal,[5] portque, de feito, aínda que o seu organismo non consome alimento nin auga, o certo é que durante este tempo a súa temperatura corpórea non baixa moito, e as súas funcións fisiolóxicas, pese a reducírense, desenvólvense consonte á regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crías son de dimensións moi reducidas con respecto do tamaño da nai (até un 1/600 menores), aforrando así gastos elevados de enerxía, ora no parto, ora no aleitamento.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Son omnívoros, aínda que algúns posúen unha dieta baseada só en carne, como ocorre co oso polar. Comen tamén liques, raíces e bagas. Son capaces de capturar peixes en cursos de auga. Cazan, especialmente, na tarde e na alba, salvo que haxa seres humanos na contorna.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A época de reprodución dos osos é moi breve. Reprodúcense de maneira estacional, polo común logo do período de hibernación. As crías nacen desdentados, cegos e pelóns. O habitual son camadas de 1 a 3 crías, que permanecerán coa nai durante uns seis meses. Primeiro alimentados co leite materno; logo de tres meses comezarán a cazar en compaña da nai. Despois xa son xebrados, mais ficarán aínda nas mesmas paraxes durante tres anos. Ao cabo duns sete anos xa atinxen a madurez sexual.

Teñen unha esperanza de vida de entre 25 a 40 anos, segundo as especies.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Familia Ursidae

Relacións filoxenéticas

[editar | editar a fonte]

Os úrsidos son unha familia de evolución tardía, e comparten cos cánidos un antepasado común. Comparten trazos cos prociónidos (mapaches), os otaríidos (leóns mariños) e os odobénidos (morsas).

O mapaches e os osos diverxeron hai ao redor de 30 Ma. Tremarctos ornatus (o oso de anteollos) separarouse dos outros osos hai uns 3 Ma. As seis especies distintas de osos apareceron hai uns 6 Ma. O rexistros fósiles e as análises de ADN permitiron demostrar que o oso polar e o oso pardo se separaron hai tan só uns 200 000 anos.

Unha clasificación controvertida

[editar | editar a fonte]

Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[6] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a mairoía dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[7] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]
            Ailuropoda melanoleuca (   ,    )
            Helarctos malayanus (   )
            Melursus ursinus (   )
            Tremarctos ornatus
            Ursus americanus
            Ursus thibetanus (   ,    ,    ,    )
            Ursus arctos (   )
            Ursus maritimus
  1. Ursidae Fischer de Waldheim, 1817 no SIIT.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para úrsidos.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oso.
  4. "oso panda no dicionario da RAG.". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013. 
  5. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.
  6. Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
  7. Ailuropodinae Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en Paleobiology Database.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Oso

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy