Content-Length: 128933 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/V%C3%ADtor_Vaqueiro

Vítor Vaqueiro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vítor Vaqueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVítor Vaqueiro

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX966687 AELG: 234 BUSC: vaqueiro-foxo-vitor-1948 Dialnet: 747504

Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e despois duns anos (até 1986) de exercicio docente de matemáticas no ensino medio decidiu dedicarse á fotografía, en torno á cal impulsou numerosas actividades.[1] Foi cofundador do colectivo fotográfico Canbranco e do Centro de Estudos Fotográficos. Entre os anos 2007 e 2011 foi diretor do Arquivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias de Fotografía, Fotoxornalismo, Dirección de Fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.[2]

A súa andaina literaria está marcada pola poesía, xénero que cultivou case en exclusiva durante os anos 80. O seu primeiro libro de narracións foi O soño dirixido (1992), ao que seguiron outros. En 1968 (2018) recolle e poetiza as experiencias santiaguesas do ano citado, as asembleas, as manifestacións, a politización da universidade. Uns anos despois ata chegou a pasar varios días detido por motivos políticos.

Tamén desenvolveu un importante traballo no eido da divulgación sobre as festas populares de Galicia. Colaborou con A Nosa Terra, Tempos Novos e Sermos Galiza.

Na presentación de 1968 no Espazo Nemonon de Pontevedra, 05/03/2019

En 2003 obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, pola súa tese A obra fotográfica dos Pacheco no período 1909-1936.

En 2020 recibiu a letra E, de escritor, outorgada pola AELG en Santiago.[3]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • Celanova, 1989, Ir Indo.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Guía de festas populares de Galicia, 1997, Galaxia. En colaboración con Xosé Manuel González Reboredo.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • Pacheco: a memoria dun tempo e dun país, 2002, Concello de Vigo/Lunwerg.
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Tamén navegar, 2011, Editorial Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  1. "Vítor Vaqueiro". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 2019-03-05. 
  2. "Vitor Vaqueiro". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-05. 
  3. Pin, Irene. "Vítor Vaqueiro: "A normativa oficial do galego é um dispositivo de espanholização"". Nós Diario. Consultado o 2020-10-13. 
  4. "Informe da gavilla". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  5. "A fraga prateada". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  6. "Edicións Laiovento - 1968". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-05. 
  7. "Os xenerais de África". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  8. "Os nomes da morte". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  9. "Os espellos do tempo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  10. "O soño (re)dirixido". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  11. "Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  12. "Guía do Norte de Portugal". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  13. "Edicións Laiovento - DA IDENTIDADE À NORMA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-05. 
  14. "Víctor Vaqueiro". bvg.udc.es. Consultado o 2019-03-05. 
  15. "Galicia mágica". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-03-05. 
  16. Os cinco autores son: Vítor Vaqueiro, Xosé Manuel González Reboredo, Antonio Fraguas, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.










ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/V%C3%ADtor_Vaqueiro

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy