Content-Length: 232153 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Val_de_Aosta

Val de Aosta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Val de Aosta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVal de Aosta
Vâl d'Aoûta (frp)
Valle d'Aosta (it)
Vallée d'Aoste (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°43′N 7°22′L / 45.72, 7.37
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
CapitalAosta Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Allein (pt) Traducir
Antey-Saint-André (pt) Traducir
Aosta Editar o valor en Wikidata../... 74+
Poboación
Poboación125.666 (2019) Editar o valor en Wikidata (38,51 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.263,22 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude951 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoGovernment of Aosta Valley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• President of Aosta Valley (en) Traducir Editar o valor en WikidataErik Lavévaz (pt) Traducir (2020–2023) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoRegional Council of the Aosta Valley (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 35) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11100 e 11010–11029 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2IT-23 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSITC2 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT02 Editar o valor en Wikidata

Sitio webregione.vda.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX459274

O Val de Aosta[1][2][3] (en italiano Valle d'Aosta, en francés Vallée d'Aoste e en francoprovenzal Val d'Oûta) é unha rexión autónoma con estatuto especial da Italia noroccidental. Ten preto de 120.000 habitantes e a capital é Aosta.

Limita ao norte con Suíza (Cantón Valais), ao oeste con Francia (departamentos da Alta Savoia e de Savoia, na rexión de Ródano-Alpes), ao sur e ao leste co Piemonte (provincias de Torino, Biella e Vercelli).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome de Val de Aosta ten unha derivación histórico-xeográfica clara. Val como nome do territorio que caracteriza a rexión, e Aosta como derivación do nome do campamento romano Augusta Praetoria, chamado así en honor ao Emperador Octavio Augusto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Aosta, capital da rexión
Túnel do Mont Blanc
Castelo de Fénis, en Fénis

O territorio do Val de Aosta, situado no extremo noroccidental de Italia, é totalmente montañoso. Altas montañas circundan a rexión: o Mont Blanc (Monte Bianco) acada os 4810 metros de altitude e é cota máis elevada de Europa. O Mont Blanc sitúase na fronteira con Francia; un amplo complexo de autoestradas asegura a fluidez nas conexións terrestres. A parte meridional do territorio está ocupada polo Parque Nacional do Gran Paradiso (Parco Nazionale del Gran Paradiso/Parc National du Grand-Paradis) instaurado no 1922 para salvagardar árbores e algunhas especies animais en vía de extinción. A poboación concéntrase ao longo do río Dora Baltea (en francés Doire Baltée) e nos vales menores. Os vales xurdiron como escavacións do xeo en movemento que nun tempo recubrían toda a rexión. Agora os xeos só ocupan os cumios das montañas máis altas.

O clima é tipicamente alpino, con invernos fortes e veráns frescos. Só no val que percorre o río Dora Baltea desfrutan de condicións climáticas máis suaves. Durante o inverno caen abondosas nevaradas.

Habitada dende o século V a.C. pola poboación dos Salassi, no 25 a.C. foi conquistada polos romanos, que fundaron Augusta Praetoria, a actual Aosta. Importante, dende o punto de vista militar e estratéxico para o control dos vales alpinos desta zona fronteiriza coas actuais Francia e Italia, no medievo foi obxecto de disputa e conquista por parte de numerosos pobos e reinos.

Inserta no Reino de Borgoña no 904, en 1032 convértese en condado baixo o mando de Umberto Biancamano. Dende entón o seu destino estivo ligado á dinastía dos Savoia, que no 1302 o convertería en ducado e lle concedeu ampla autonomía. Dadas as características naturais da rexión, a nobreza feudal sempre tivo un peso preponderante na súa historia política e social, sendo construídos numerosas fortalezas e castelos, que se converteron en importantes centros de vida política, económica e cultural, ademais de militar.

A Igrexa Católica, presente con numerosos mosteiros, tivo notable influencia sobre a poboación do val, o que fixo que nos tempos da Revolución Francesa (no fin do século XVIII) e nas décadas posteriores fose un reduto das ideas máis tradicionais e reaccionarias. A partir da unificación de Italia (1861) o Val de Aosta tentou sempre conservar as tradicións propias e a especificidade lingüística e cultural.

O fascismo de Benito Mussolini tentou italianizar o Val de Aosta, suprimindo numerosas escolas locais, instaurando o uso exclusivo do italiano nos xuízos, suspendendo o ensino do francés, italianizando os topónimos e eliminando os xornais francófonos Le Duché d'Aoste, Le Pays d'Aoste, La Patrie valdôtaine e prohibindo o francés na prensa escrita.

Economicamente, durante séculos o Val de Aosta viviu só da agricultura e da gandaría, o que provocaría que a poboación emigrase temporalmente a Francia ou Suíza na busca de traballos temporais ou a emigrar definitivamente.

Convertida en rexión autónoma en 1945, con Federico Chabod como primeiro presidente, obtivo da República Italiana a concesión do Estatuto Especial no 1948.

A tendencia demográfica e económica só mudou despois da segunda guerra mundial (1939-1945), cun desenvolvemento turístico e industrial que produciu un fenómeno inmigratorio. Actualmente a rexión, que ten unha poboación de pouco máis de 120.000 habitantes, ten unha renda per cápita entre as máis altas de Italia, grazas ao importante benestar do industrioso norte italiano que transformou o Val de Aosta nun dos destinos turísticos favoritos.

Economía

[editar | editar a fonte]

O Val de Aosta foi aunha rexión agrícola e de pastoreo até a construción de presas para aproveitar o potencial hidroeléctrico, o que levou a industria á rexión. Así pois a agricultura converteuse nun sector cada vez máis especializado, mantendo só un interese marxinal no sector dos cereais, patacas e froitas. Tamén se producen viños de alta calidade en pequenas cantidades, coa denominación "Denominazione di Origine Controllata". Ademais son famosos os queixos do país en toda Italia.

O turismo é un dos puntos máis fortes da economía da rexión. A beleza natural do val, o seu ambiente tranquilo no verán e neve no inverno permitiron o desenvolvemento dunha florecente industria turística, sobre todo, con respecto aos deportes de inverno.

Dende 1965 o Val de Aosta atópase unido a Francia polo túnel de Mont Blanc, que atravesa os Alpes por baixo durante 11,6 km.

Linguas faladas no Val de Aosta

[editar | editar a fonte]

Aínda que o francés ten status de cooficialidade na rexión e é utilizado nos actos e leis gobernamentais, aínda que a lingua máis usada na vida cotiá é o francoprovenzal ou arpitano. Tamén son outros dialectos de orixe latina, coa única excepción do Walser (alemán falado no Cantón de Valais, Suíza). O goberno autónomo do Val de Aosta ten políticas especialmente orientadas ao uso maioritario do francés como símbolo de identidade cultural.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A densidade de poboación do Val de Aosta é, con moito, a máis baixa entre as rexións italianas. En 2008 había 38,9 habitantes por km² na rexión, mentres que a media do estado foi de 198,8. Cómpre lembrar, por outra banda, que a rexión ten amplas zonas deshabitadas, debido ás montañas e aos glaciares, vivindo a meirande parte da poboación no val central.

A poboación está a crecer lenta pero constantemente. Porén, o crecemento natural de poboación dende 1976 é negativo, compensado por un superávit en materia de migración. Esta rexión ten ademais unha das taxas de natalidade máis baixas de Italia, o que significa que a media de idade da poboación está a aumentar. Isto tamén é en parte compensado pola inmigración, xa que a maioría dos inmigrantes que chegan á rexión son xente nova que traballan na industria do turismo.

Entre 1990 e 2001, a poboación de Val de Aosta creceu un 5,4%, o que é o maior crecemento entre as rexións italianas. En 2006, o Instituto Nacional Italiano de Estatística (ISTAT) estima que 4.976 inmigrantes nacidos no estranxeiro viven no Val de Aosta, o que supón o 4,0% do total da poboación.

Principais concellos do Val de Aosta

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para valdostano.
  2. Ver entrada de «Valdostano,-a». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2129. ISBN 9788482893600. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 114. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Val_de_Aosta

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy