Content-Length: 162804 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/William_Wallace

William Wallace - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

William Wallace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
William Wallace

Wallace nas vidreiras do seu monumento en Stirling.
Biografía
Nacemento1272
Elderslie, Renfrewshire, Escocia
Morte23 de agosto de 1305
Londres, Inglaterra
Causa da mortepena de morte, Aforcado, azorrado e desmembrado Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLondres Editar o valor en Wikidata
Gardián de Escocia
1297 – 1298
← Xoán I de EscociaRoberto I de Escocia, João III Comyn, Senhor de Badenoch (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeescocés
Actividade
OcupaciónComandante nas Guerras de independencia de Escocia
Carreira militar
Rango militarcabaleiro
Xeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoBatalla da ponte de Stirling
Batalla de Falkirk
Guerras de independencia de Escocia
Primeira Guerra de Independencia de Escocia Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarion Braidfute Editar o valor en Wikidata
PaisMalcolm Wallace Editar o valor en Wikidata  e Margaret Crawford Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Lexikon des Mittelalters (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5008448 WikiTree: Wallace-182 Find a Grave: 2411 Editar o valor en Wikidata

William Wallace (gaélico medieval: Uilliam Uallas; en escocés: Uilleam Uallas; anglonormando: William le Waleys;[1]) nado en Elerslie en 1272 e finado en Londres o 23 de agosto de 1305, foi un cabaleiro e terratenente escocés. Dedicou a súa vida á defensa da independencia de Escocia, fronte a política expansionista de Eduardo I de Inglaterra, o cal aspiraba a unir os reinos inglés e escocés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De novo viviu nunha caótica Escocia que non era quen de decidir que rei sucedería ó recentemente morto Alexandre III. Pasou a súa adolescencia, por causa do asasinato do seu pai e do desterro da súa nai, en Dunipace, sendo educado por un tío seu, o cal era clérigo e lle permitiu aprender latín e outras linguas.

Á idade de vinte anos medía dous metros de altura, e se ben hoxe en día esa altura non pasa desapercibida, naquel tempo, cando a xente tiña unha moi baixa estatura media, era considerado un xigante.

Os abusos cometidos polos ingleses a unha poboación escocesa que non se quería dobregar eran cada vez peores, así que o novo William Wallace abandonou os seus estudos eclesiásticos e uniuse a un grupo de mozos escoceses que se dedicaban a combater os soldados ingleses que tiñan ocupada Escocia.

William Wallace formou parte dun grupo duns cincuenta mozos escoceses, que o seguiron ata o lugar de Loudun Hill, onde vivía Fennwick, o cabaleiro inglés que matara o seu pai. O grupo escocés, catro veces menor á tropa que Fennwick tiña á súa disposición (catrocentos homes), venceu os ingleses, morrendo case a metade deles, incluíndo a Fennwick. A vitoria do grupo de William Wallace e mailo sentimento de ter cumprida unha vinganza non lles abondou, senón que se fixeron coas pertenzas dos soldados ingleses ós que venceran, como armamento e cabalos.

A partir deste acto, as autoridades inglesas puxeron prezo á súa cabeza, polo que el e os seus compañeiros se refuxiaron no bosque de Ettrick durante cinco anos, mais non pararon as súas actividades: dende aquí William Wallace seguiu dirixindo ataques espontáneos a exércitos ingleses.

Durante a estadía de William Wallace en Ettrick non se dedicou soamente a obxectivos bélicos, pois, en fugaces saídas do bosque ía a Lanark, cidade na que cortexaba a rapariga Marion Braidfute. Hazelrig, o sheriff que gobernaba a cidade, sabía das impunes entradas e saídas á súa cidade de William Wallace, e tentou obrigalo a vir á cidade para capturalo matando o irmán de Marion.

Acompañado dalgúns dos seus compañeiros, William Wallace causou unha matanza na tropa inglesa ó atacala, mais a superioridade inglesa obrigouno a marchar da cidade sen levar a Marion consigo. Hazelrig, incomodado por non capturalo, matou a Marion.

William Wallace axiña volveu a Lanark para vingarse, e acompañado por case todo o seu rexemento, fixo un ataque nocturno sobre a cidade, que tivo éxito e lle permitiu pasar a coitelo a tódolos homes do lugar, deixando vivo só ós nenos, mulleres e relixiosos.

A sona do escocés aumentou tras ese ataque, e moitos mozos escoceses fixeron grupos guerrilleiros para combateren os ingleses a exemplo de William Wallace.

Cara á batalla de Stirling

[editar | editar a fonte]

A situación dos exércitos ingleses que ocupaban Escocia foi crítica, así que Eduardo I decidiu resolver o asunto enviando un enorme exército de 40.000 soldados e 300 xinetes de cabalaría pesada.

En xullo de 1297 tivo lugar o primeiro combate, en Irvine, onde William Wallace, abandonado por uns nobres escoceses que non quixeron participar nun combate no que serían subordinados dun plebeo, foi derrotado e tivo que refuxiarse no norte.

Porén, William Wallace volveu á carga con 500 homes e enfrontouse novamente ós ingleses, o 11 de setembro de 1297, na batalla da ponte de Stirling, onde se enfrontou a un exército moito maior, de 10.000 homes, moitos deles veteranos de diferentes guerras. Os ingleses perderon a cabalaría ó ser afundida a ponte pola que pasaba, polo seu peso. A estratexia inglesa, baseada no uso da cabalaría pesada, viuse afundida xunto a ela polo paso duns eufóricos escoceses.

Por mor desta gran vitoria, William Wallace foi chamado a Edimburgo, onde foi nomeado pola nobreza escocesa Gardián de Escocia.

Cara á batalla de Falkirk

[editar | editar a fonte]

Eduardo I de Inglaterra, que se atopaba combatendo nunha guerra en Flandres, quedou inquedo pola derrota do seu exército, e decidiu volver a Gran Bretaña para enfrontarse en persoa ós "criminais" escoceses.

Cando Eduardo I chegou a Londres, os escoceses invadiran Inglaterra, tomando un gran número de cidades. O monarca inglés abandonou a súa capital cun inmenso exército e dirixiuse cara ó norte, poñendo en fuga os escoceses e recuperando as cidades inglesas.

William Wallace, ante o imparable avance inglés cara ó norte, puxo en práctica a táctica da terra queimada, mais non serviu de nada ó contaren os ingleses con continuas subministracións chegadas de Irlanda.

O Gardián de Escocia tivo entón que facer fronte ó exército inglés. Xa tiña poucas posibilidades de vitoria ó enfrontarse a un exército tres veces superior, pero ademais foi traizoado por un importante sector da nobreza, que non o seguiu para ir á guerra. Entre estes nobres estaba Robert the Bruce, que após a morte de William Wallace vencería os ingleses e se coroaría rei de Escocia.

O choque entre William Wallace e Eduardo I tivo lugar en Falkirk, onde os escoceses foron esmagados polos ingleses. O líder escocés viuse obrigado a fuxir, o cal lle fixo baixar a popularidade e renunciar ó seu título de Gardián de Escocia.

Eduardo I, tras derrotar o único home que cría que podería botar os ingleses fóra de Escocia, perdoou a todos os que xa loitaran contra el, e logrou nomear un rei para Escocia: John Comyn.

Esta torre, localizada preto da cidade escocesa de Stirling, onde William Wallace alcanzou a súa primeira gran vitoria fronte ós ingleses, é un monumento construído en honor do heroe escocés.

William Wallace estivo un tempo no estranxeiro, e o propio rei Filipe IV de Francia, rival de Eduardo I de Inglaterra, ofreceulle títulos nobiliarios e terras onde crear o seu feudo. Porén, o escocés estaba demasiado comprometido coa causa de liberación do seu país e volveu a el pouco despois.

En Escocia, William Wallace foi traizoado por un antigo compañeiro de armas, Sir John de Menteith, quen logrou levalo ata un castelo onde foi feito prisioneiro. Un destacamento inglés recolleuno e levouno ata Londres.

En Londres, foi acusado de alta traizón, o que el negou argumentando que non puiden cometer unha traizón ó rei inglés pois nunca lle xurei lealdade. Por non recoñecer a suposta traizón, foi torturado no centro de Londres.

A tortura de William Wallace foi atroz: aforcárono durante un curto tempo, cortáronlle os xenitais e fóronlle sacados os intestinos e queimados no lugar. Tras ver que non abxuraba, foi finalmente executado. A súa cabeza foi posta nunha pica na entrada de Londres, e cada unha das súas extremidades foron levadas a cada un dos extremos de Inglaterra.

A continuación da loita pola independencia escocesa

[editar | editar a fonte]

A guerra pola independencia de Escocia foi finalmente acadada por Robert the Bruce, que reclamaba o trono escocés e venceu os ingleses en Bannockburn (1314), tralo cal comezaron a abandonar Escocia. A independencia non foi recoñecida polo rei inglés, pero si polo seu sucesor, Eduardo II de Inglaterra.

A película de Braveheart

[editar | editar a fonte]

En 1995, Mel Gibson protagonizou e dirixiu un filme chamado Braveheart, no que se abordaba a vida de William Wallace. A película buscou máis o espectáculo que a reprodución fiel da biografía do heroe escocés: as batallas representadas son moi diferentes ás que dirixiu o William Wallace, e este non tivo nunca unha relación coa princesa inglesa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/William_Wallace

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy