Content-Length: 256343 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Braille

Braille - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Braille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"PREMIER" en braille

O braille[1] é un sistema de escrita táctil pensado para as persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (1809-1852), cego dende a súa infancia debido a un accidente, a mediados do século XIX. Creou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar deseñado por Charles Barbier de la Serre para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz.

O braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.

O Día mundial do braille celébrase o 4 de xaneiro[2], día de nacemento de Louis Braille.

Principios

[editar | editar a fonte]

Este sistema consiste xeralmente en celas de seis puntos en relevo, organizados como unha matriz de tres filas por dúas columnas, que convencionalmente se numeran de arriba abaixo e de esquerda a dereita, tal e como se mostra no seguinte apartado[3].

Símbolo braille para a letra Z. Puntos 1, 3, 5, 6.
Símbolo braille para a letra Z.

A presenza ou ausencia de puntos permite a codificación dos símbolos. Os signos das letras minúsculas, a maioría dos signos de puntuación, algúns caracteres especiais e algunhas palabras, codifícanse directamente cunha cela, pero outros signos como as maiúsculas e os números son representados combinando unha letra con outro símbolo como prefixo[3].

Existen códigos braille para representar taquigrafía (xerado por unha máquina que marca os puntos sobre unha cinta de papel) e para representar notacións matemáticas e musicais[3].

O braille foi ampliado a oito puntos para o seu uso na informática, de tal maneira que un signo individual pode ser codificado nunha soa cela, podendo representar unha cela calquera carácter ASCII. As 256 combinacións posibles de oito puntos están codificadas segundo o estándar Unicode[4].

O braille pode ser escrito manualmente usando unha prancha e un buril, de forma que cada punto é xerado dende o dorso da páxina, escrito nunha imaxe simétrica (como a que se obtén ao mirar por un espello), impreso cunha máquina de escribir braille (Perkins, Blista ou Writer), cunha impresora braille conectada a un ordenador, ou mediante un dispositivo braille[4].

Alfabeto braille de seis puntos

[editar | editar a fonte]

Notación xeral

[editar | editar a fonte]

Signo xerador

[editar | editar a fonte]

O signo braille componse de 6 puntos dispostos en dúas columnas de 3. Numéranse para podermos identificar cada un e describir os signos con facilidade. O signo z, anteriormente indicado, describiríase cos puntos 1, 3, 5 e 6. Como a escrita manual se realiza en espello (de dereita a esquerda) para que se poida ler adecuadamente ao darlle a volta á folla (de esquerda a dereita), o signo xerador para escribir é simétrico sobre o eixe vertical respecto do signo para ler[4].

Medidas da cela de braille: Altura: de 6,2 mm a 7,1 mm; Largura: de 3,7 mm a 4,5 mm; Distancia horizontal entre os centros de puntos contiguos da mesma cela: de 2,4 a 2,75 mm; Distancia vertical entre os centros de puntos contiguos da mesma cela: de 2,4 a 2,75 mm; Diámetro da base dos puntos: entre 1,2 e 1,9 mm.
Medidas da cela de braille no Documento técnico B 1. Parámetros dimensionais del braille. Documentos técnicos. Comisión Braille Española (2014).

De acordo cos documentos técnicos relacionados co braille[5], o tamaño da cela braille é:

  • Altura: de 6,2 mm a 7,1 mm.
  • Largura: de 3,7 mm a 4,5 mm.
  • Distancia horizontal entre os centros de puntos contiguos da mesma cela: de 2,4 a 2,75 mm.
  • Distancia vertical entre os centros de puntos contiguos da mesma cela: de 2,4 a 2,75 mm.
  • Diámetro da base dos puntos: entre 1,2 e 1,9 mm.

Series de xeración

[editar | editar a fonte]

O alfabeto braille baséase nas series de xeración. Fórmanse os dez primeiros signos para as dez primeiras letras, que tamén son as dez cifras do sistema decimal de numeración. A segunda serie fórmase a partir da primeira; a terceira fórmase a partir da segunda. Polo tanto, coñecendo a primeira serie, que son só dez signos, imos construíndo o resto do alfabeto e signografía[6].

Primeira serie de xeración
[editar | editar a fonte]

A primeira serie de xeración está formada polos dez primeiros signos. Estes signos só utilizan os catro puntos superiores: 1, 2, 4 e 5.Primeira serie de xeración: letras do a ao j.

Segunda serie de xeración
[editar | editar a fonte]

A segunda serie de xeración engade o punto 3 á primeira serie. Anotámolo de rosa para que se vexa a relación.Segunda serie de xeración: letras do k ao t.

Terceira serie de xeración
[editar | editar a fonte]

A terceira serie de xeración engade o punto 6 á segunda serie. Anotámolo de verde para que destaque.Terceira serie de xeración: letras do u ao z.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

Este procedemento de xénese dos signos é un recurso intelixente de construción que facilita tamén a súa aprendizaxe. Mais o signo xerador é unha limitación importante para as posibilidades da escrita posto que non admite a colocación de puntos fóra desta forma, nin por arriba, nin por abaixo. Iso obriga a crear novos signos para as vogais con tiles ou as consoantes con variacións coma o ñ ou o ç. Nestes casos, haberá signos totalmente diferentes, que non gardan ningunha relación coa letra que modifican. Polo tanto, como veremos, o á non garda ningunha analoxía co a; o ñ non garda ningunha analoxía co n e o ç non garda ningunha analoxía co c. Tamén cómpre indicar que os dígrafos (sons representados con dúas letras) son as combinacións das mesmas letras como as utilizamos en vista[6]:

  • ch = c + h
  • ll = l + l

Algúns signos poden usarse de forma diferente en linguas diferentes, pero son casos moi raros. Por exemplo, o "ï" do francés é o "ñ".

Signografía xeral

[editar | editar a fonte]
  • Alfabeto básico e cifras[6]
  • Outras letras[6]
  • Outros signos[6]

Exemplo de texto

[editar | editar a fonte]

Galeguidade:

Exemplos de números

[editar | editar a fonte]

Os números son letras precedidas do signo de número (obsérvense os pulsadores dos ascensores)[6]:

Alfabeto braille con codificación Unicode[7]

[editar | editar a fonte]
Braille Letter Braille Letter
A 1 T
B 2 U
C 3 V
D 4 W
E 5 X
F 6 Y
G 7 Z
H 8 Maiúsculas
I 9 Prefixo de número
J 0 Punto
K Coma
L Signo de interrogación
M Punto e coma
N Signo de exclamación
O Comiñas iniciais
P Comiñas finais
Q Paréntese
R Guión
S    

Escrita braille

[editar | editar a fonte]
Máquina de escribir braille, modelo Writer

A pesar de que é posible escribir braille substituíndo cada carácter polo seu equivalente impreso, este tipo de transcrición carácter a carácter, coñecida como braille de grao 1, só a utilizan os principiantes.[8]

Os caracteres braille ocupan moito máis espazo que os seus equivalentes impresos, e a páxina estándar de 28 cm × 28 cm (11" × 11") só ten espazo para 25 liñas de 40 caracteres. Coa fin de reducir espazo e aumentar a velocidade de lectura, practicamente tódolos libros impresos en braille empregan o sistema de transcrición braille de grao 2, que se basea nun sistema de contraccións. Ó igual que a maioría das actividades lingüísticas, o braille de grao 2 abrangue unha gran variedade de métodos, estilos e prácticas. O libro Instruction Manual for Braille Transcribing[9] consta de preto de 200 páxinas. A escrita do braille é un traballo especializado, e os profesionais que se dedican a el teñen que ter unha serie de certificados.[8]

O sistema braille de grao 3 inclúe un maior número de contraccións, a maioría de taquigrafía. Non se emprega para a publicación, pero si é usado por moitos particulares para a súa propia comodidade.[8]

O braille noutros idiomas

[editar | editar a fonte]

Existen múltiples extensións do braille para incluír as letras propias de cada idioma. Cando o braille se adapta a idiomas que non empregan o alfabeto latino, os símbolos do dito alfabeto asígnanse de acordo a como se transcribirían no alfabeto latino, sen ter en conta a orde alfabética[10]. Este é o caso do ruso, o grego, o hebreo, o árabe e o chinés. En grego, por exemplo, gamma escríbese coma a letra latina g, a pesar de que a súa posición é a terceira no alfabeto (ó igual que o c no alfabeto latino). A letra hebrea beth, a segunda do alfabeto e a que se corresponde co b latina, escríbese porén v, xa que é así como habitualmente se pronuncia. O ts rusa, escríbese como c, porque esa é comunmente a letra para /ts/ nos idiomas eslavos que empregan o alfabeto latino. En árabe, f escríbese como f, aínda que historicamente sería un p. No braille chinés, baseado no alfabeto Zhuyin, existen símbolos adicionais para os sons, ditongos e combinacións de vogal máis consoante final, ademais dos símbolos do braille latino para as consoantes iniciais e as vogais simples; hai sistemas diferentes dependendo da variedade do chinés que se considere.

Polo menos dúas adaptacións do braille tiveron que reasignar completamente os sons dos diferentes símbolos:

No braille xaponés, os signos alfabéticos para unha consoante e unha vogal combínanse nun só símbolo silábico. No braille coreano, por outra parte, as consoantes teñen formas diferentes dependendo de se van ó comezo ou ó final da sílaba. Estas modificacións fan que o braille sexa moito máis compatible có xaponés e o coreano, pero implica que os sons latinos non se poden manter.

Os dólares canadenses actualmente en curso constan dunha serie de puntos nos seus billetes, que indican a súa denominación e poden ser facilmente identificables por xente con problemas de vista. Este sistema non se basea no sistema braille, senón que foi desenvolto en colaboración con xente invidente e con problemas de vista, despois de que un estudo indicase que non tódolos potenciais usuarios eran capaces de ler braille.

A pesar de que o braille está pensado para ser o principal sistema de lectura e escrita para persoas invidentes, o seu uso é minoritario. Por exemplo, en Gran Bretaña, de entre dous millóns de persoas con problemas de vista estímase que tan só entre 15.000 e 20.000 delas empregan o sistema braille. A mocidade prefire no seu lugar o texto electrónico, xa que é máis portátil e lles permite ademais comunicarse máis facilmente. Por iso hai un debate aberto de como facer máis atractivo o braille, e como conseguir máis mestres que sexan capaces de ensinalo.

En España, a ONCE ensina a ler e escribir neste código e edita unha gran cantidade de documentos en braille.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para braille.
  2. "Día Mundial del Braille (4 de enero)". diamundial.es (en castelán). 2020-04-27. Consultado o 2023-01-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Reily, Lucia (2004). Escola inclusiva: linguagem e mediação (en portugués). Papirus Editora. ISBN 978-85-308-0752-8. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Elizondo Hernández, Mª Enriqueta (2011-11-28). Observación Y Orientación Comunicaciones (en castelán). Palibrio. ISBN 978-1-4633-0284-9. 
  5. Comisión Braille Española (2014). Documento técnico B 1: Parámetros dimensionales del braille (en castelán). Organización Nacional de Ciegos Españoles. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Braille en español, alfabeto, números, y sistema - Web ONCE". www.once.es (en castelán). Consultado o 2023-01-13. 
  7. Os caracteres Braille en Unicode (en inglés)
  8. 8,0 8,1 8,2 Ochaíta Alderete, Esperanza (1987). Aspectos cognitivos del desarrollo psicológico de los ciegos (II) (en castelán). Ministerio de Educación. ISBN 978-84-369-1443-6. 
  9. Dorf, Maxine B.; Scharry, Earl R.; Handicapped, Library of Congress Division for the Blind and Physically (1971). Instruction Manual for Braille Transcribing (en inglés). Division for the Blind and Physically Handicapped, Library of Congress. 
  10. "Documentos técnicos B 12: Transcripción de alfabetos no latinos — Web de la ONCE". www.once.es (en castelán). Consultado o 2023-01-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Braille

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy