Content-Length: 203454 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Ernest_Shackleton

Ernest Shackleton - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ernest Shackleton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Ernest Shackleton

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalErnest Henry Shackleton
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1874 Editar o valor en Wikidata
Kilkea Castle (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1922 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Grytviken (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrytviken Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónDulwich College (pt) Traducir
Brighton Grammar School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, viaxeiro, oficial, explorador polar Editar o valor en Wikidata
EmpregadorReal Sociedade Geográfica Escocesa (pt) Traducir (1904–)
The Royal Magazine (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarRoyal Navy Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente de navío Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
Guerra Civil Rusa Editar o valor en Wikidata
Participou en
1921Expedición Shackleton-Rowett
8 de agosto de 1914Expedición Endurance
agosto de 1907Expedição Nimrod (pt) Traducir
1901Expedição Discovery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEmily Shackleton (1904–) Editar o valor en Wikidata
FillosRaymond Shackleton, Cecily Jane Swinford Shackleton, Edward Shackleton Editar o valor en Wikidata
PaisHenry Shackleton Editar o valor en Wikidata  e Henrietta Letitia Sophia Gavan Editar o valor en Wikidata
IrmánsKathleen Shackleton
Francis Richard Shackleton Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0787123 BNE: XX1438303 Musicbrainz: 2a4dd287-144e-4979-ae67-a3f2652bbf5f WikiTree: Shackleton-48 Find a Grave: 4564 Editar o valor en Wikidata
Ernest Henry Shackleton.
Tumba de Ernest Henry Shackleton.

Ernest Henry Shackleton, nado en Irlanda o 15 de febreiro de 1874 e finado o 5 de xaneiro de 1922, foi un explorador británico. É especialmente coñecido polas súas expedicións antárticas, nas que participou ao longo de toda a súa vida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1901 acompañou a Robert Falcon Scott na viaxe realizada no barco Discovery. Esta foi a primeira vez que o ser humano se internou no Mar de Ross. Nesta mesma expedición Scott, Shackleton e Edward Wilson tentarían chegar ao Polo Sur Xeográfico, chegando aos 82°17'S o 31 de decembro de 1902.

Antártida

[editar | editar a fonte]

No ano 1907 Shackleton organizaría a súa propia viaxe a Antártida, de novo co obxectivo de achegarse ao Polo Sur. A expedición conseguiu escalar por vez primeira o Monte Erebus, situar o Polo Sur Magnético e descubrir o paso do Glaciar Beardmore, que facilitaría a chegada ao Polo en seguintes expedicións. Porén, Shackleton tivo que abandonar o seu obxectivo a 180 quilómetos do punto final, aos 88°23'S.

Expedición de 1914

[editar | editar a fonte]

No entanto, a expedición que deu máis fama a este explorador foi a iniciada en 1914, que tivo por nome Expedición Imperial Trans-Antártica. Poucos anos antes, en 1911 o noruegués Roald Amundsen conseguiría chegar ao Polo Sur, tras vencer nunha carreira que lle custou a vida a Scott e catro dos seus acompañantes. Shackleton consideraba que debía superar este éxito, e tentou cruzar o continente branco dende o Mar de Weddell ata a Illa Ross cruzando o polo xeográfico, apoiado por outro barco de provisións que debería deixar depósitos de comida e combustible ao longo da segunda metade da ruta.

A expedición non acadou o seu obxectivo, pero converteuse na máis sorprendente proba de resistencia humana. O barco no que viaxaban, o Endurance, quedou atrapado nos xeos antes de tocar terra, e os tripulantes pasaron nel varios meses. Cando o barco afundiu máis tarde pola presión, tiveron que percorrer andando o Mar de Weddel e navegar en bote ata a Illa Elefante. Shackleton e cinco homes máis continuaron a viaxe en busca de axuda nun pequeno bote ata Xeorxia do Sur. Os 22 homes que aínda permanecían na Illa Elefante foron rescatados polo buque chileno Yelcho, ou mando do capitán da expedición, o 30 de agosto de 1916, 22 meses despois da súa partida de Gran Bretaña.

Asemade, o barco de provisións afundiu nunha tormenta, pero os seus tripulantes conseguiron situar os depósitos, e foron rescatados polo propio Shackleton no Nadal de 1916.

Pasamento

[editar | editar a fonte]

En 1921 iniciou outra expedición o continente antártico, pero finou en Xeorxia do Sur, onde foi soterrado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ernest_Shackleton

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy