Gran Premio de Alemaña de 1966
Nome oficial | XXVIII German Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Alemaña |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1966 |
Distancia do evento | 15 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Alemaña |
Data | 7 de agosto de 1966 |
Competición | |
Primeiro posto | Jack Brabham |
Pole position | Jim Clark |
Volta máis rápida | John Surtees |
O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1966 (formalmente o XXVIII Großer Preis von Deutschland) foi unha mestura de coches de carreiras de Fórmula 1 e Fórmula 2 que se celebrou en Nürburgring o 7 de agosto de 1966. A carreira, disputada sobre 15 voltas, foi a sexta rolda da tempada de Fórmula Un de 1966.
Foi o 28º Gran Premio de Alemaña e o 22º que se celebrou en Nordschleife. Levouse a cabo sobre 15 voltas ao circuíto de 22 quilómetros cunha distancia de carreira de 342 quilómetros.
A carreira gañouna o Campión do Mundo de 1959 e 1960 Jack Brabham pilotando o seu Brabham BT19, foi a súa cuarta vitoria consecutiva. Brabham gañou por 43 segundos sobre o Cooper T81 pilotado polo Campión do Mundo de 1964 John Surtees. O compañeiro de equipo de Surtees o austríaco Jochen Rindt terminou terceiro. O primeiro piloto de Fórmula 2, foi piloto francés Jean-Pierre Beltoise oitavo pilotando un Matra MS5.
A carreira tamén viu a morte do piloto británico John Taylor logo dunha colisión con Jacky Ickx.
Brabham saíu con 39 puntos, máis do dobre que o seu máis próximo rival, o piloto de BRM Graham Hill.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Outra vez a pista mollada durante toda a carreira nun duelo entre Jack Brabham e John Surtees. Non foi ata que o embrague do Cooper fallou a dúas voltas do final, que a vitoria do australiano quedou garantida. Jim Clark malia cualificar na pole cometeu un erro e colisionou cunha gabia logo de usar os pneumáticos equivocados. Nun choque moito máis grave, o Matra MS5 de Jacky Ickx e o Brabham BT11 privado de John Taylor estrelaronse en Flugplatz. Taylor sufriu queimaduras graves no accidente e sucumbiu as súas feridas catro semanas despois.
Esta sería a última carreira de Fórmula Un no circuíto orixinal de Nürburgring Nordschleife antes de que se engadira a chicane de Hohrenhain para frear os coches que entraban en boxes.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Nota: A carreira correuse a vez con coches de Fórmula 1 e Fórmula 2. Os equipos de Fórmula Dous indícanse cun fondo rosado.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 15 | 2:27:03.0 | 5 | 9 |
2 | 7 | John Surtees | Cooper-Maserati | 15 | + 44.4 | 2 | 6 |
3 | 8 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 15 | + 2:32.6 | 9 | 4 |
4 | 5 | Graham Hill | BRM | 15 | + 6:41.4 | 10 | 3 |
5 | 6 | Jackie Stewart | BRM | 15 | + 8:28.9 | 3 | 2 |
6 | 9 | Lorenzo Bandini | Ferrari | 15 | + 10:56.4 | 6 | 1 |
7 | 12 | Dan Gurney | Eagle-Climax | 14 | Eléctrico | 8 | |
8 | 34 | Jean-Pierre Beltoise | Matra-Ford | 14 | + 1 volta | 18 | |
9 | 26 | Hubert Hahne | Matra-BRM | 14 | + 1 volta | 27 | |
10 | 33 | Jo Schlesser | Matra-Ford | 14 | + 1 volta | 19 | |
11 | 28 | Hans Herrmann | Brabham-Ford | 14 | + 1 volta | 22 | |
12 | 2 | Peter Arundell | Lotus-BRM | 14 | + 1 volta | 17 | |
Ret | 15 | Mike Spence | Lotus-BRM | 12 | Alternador | 13 | |
Ret | 1 | Jim Clark | Lotus-Climax | 11 | Accidente | 1 | |
Ret | 20 | Chris Lawrence | Cooper-Ferrari | 10 | Suspensión | 26 | |
Ret | 11 | Ludovico Scarfiotti | Ferrari | 9 | Eléctrico | 4 | |
Ret | 10 | Mike Parkes | Ferrari | 9 | Accidente | 7 | |
Ret | 4 | Denny Hulme | Brabham-Repco | 8 | Encendido | 15 | |
Ret | 31 | Pedro Rodríguez | Lotus-Ford | 7 | Motor | 20 | |
Ret | 17 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 3 | Embrague | 12 | |
Ret | 32 | Piers Courage | Lotus-Ford | 3 | Accidente | 23 | |
Ret | 29 | Alan Rees | Brabham-Ford | 3 | Motor | 24 | |
Ret | 14 | Bob Bondurant | BRM | 3 | Motor | 11 | |
Ret | 19 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 2 | Transmisión | 14 | |
Ret | 25 | Kurt Ahrens Jr. | Brabham-Ford | 2 | Caixa de cambios | 21 | |
Ret | 16 | John Taylor | Brabham-BRM | 0 | Accidente mortal | 25 | |
Ret | 27 | Jacky Ickx | Matra-Ford | 0 | Accidente | 16 | |
DNS | 18 | Guy Ligier | Cooper-Maserati | 0 | Lesións | ||
NTS | 35 | Silvio Moser | Brabham-Ford | 0 | |||
NTS | 30 | Gerhard Mitter | Lotus-Ford | 0 |
Posicións despois da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1966 |
- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-16.
- "Formula One World". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-01-16.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1966 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1966 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1966 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1965 |
Gran Premio de Alemaña | Carreira seguinte: Gran Premio de Alemaña de 1967 |