Content-Length: 383723 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Iacarta

Iacarta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Iacarta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaIacarta
Jakarta (id)
Jakarta (jv) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Lema«Jaya Raya» Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Big Durian e J-Town Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°10′30″S 106°49′39″L / -6.175, 106.8275
EstadoIndonesia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.562.088 (2020) Editar o valor en Wikidata (15.954,82 hab./km²)
Lingua oficiallingua indonesia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie662 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar de Xava e Ciliwung River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude8 m-16 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación22 de xuño de 1527 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Governor of the Special Capital Region of Jakarta (en) Traducir Editar o valor en WikidataHeru Budi Hartono (en) Traducir (2022–2024) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal10110–14540 e 19110–19130 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico021 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ID-JK Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Yazd
Istambul
Londres Editar o valor en Wikidata../... 25+

Sitio webjakarta.go.id Editar o valor en Wikidata
Facebook: DKIJakarta Twitter: dkijakarta Instagram: dkijakarta Youtube: UCtzb3VE6W0-ZZErpS60733Q BNE: XX4981041 Editar o valor en Wikidata

Iacarta[1][2] (en indonesio: Jakarta), oficialmente coñecida como Capital Especial da Rexión de Iacarta (en indonesio: Daerah Khusus Ibu Kota Jakarta), é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8 792 000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16 000 000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio. Iacarta é a undécima cidade máis poboada do planeta e a súa área metropolitana é coñecida como Jabodetabek. É o centro político, industrial e financeiro do país.

A cidade foi coñecida ao longo da súa historia como Sunda Kelapa (397-1527), Jayakarta (1527-1619), Batavia (1619-1942) e Djakarta (1942-1972). No século v onde agora está a cidade de Iacarta estaba o porto do reino hindú de Sonda chamado Kalapa. Os primeiros europeos que a visitaron foron os portugueses, no século XVI. En 1527 a cidade foi conquistada polo rei Fatahillah e cambiou o seu nome polo de Jayakarta que significa "vitoriosa e próspera". Os holandeses van apoderarse da cidade en 1619 e cambiáronlle o nome polo de Batavia que é o nome en latín dos Países Baixos. Foi a capital da colonia e prosperou no comercio. Cando en 1942 os xaponeses tomaron posesión da cidade a renomearon Iacarta. En 1949 unha vez proclamada a independencia de Indonesia, Iacarta foi a capital.

En 2019 foi anunciada unha nova capital de Indonesia, de nome Nusantara, debido aos problemas que tivo que afrontar a cidade de Iacarta, como graves inundacións, crecemento urbano excesivo e afundimento paulatino.[3] [4] O 17 de agosto de 2024, Indonesia celebrou oficialmente o seu Día da Independencia por primeira vez na futura capital inacabada.[5]

Artigo principal: Historia de Iacarta.

A área en torno a Iacarta moderna formaba parte durante o século IV do reino Sundanés de Tarumanagara, un dos reinos hindús máis antigos de Indonesia.[6] Tras a caída de Tarumanagara, os seus territorios, incluíndo a área de Iacarta, tornouse parte do reino hindú de Sonda. Iacarta empezou como un pequeno porto xunto a un monte á beira do río Ciliwung no século XV. Algúns europeos falan dun asentamento denominado Kalapa. Era o maior porto do reino hindú de Sonda.

A primeira frota europea, que chegou tivo lugar en 1513 cando catro buques portugueses chegaron procedentes de Malaca, os portugueses estaban buscando unha ruta para as especias e, en particular, para a pementa.[7] O Reino da Sonda fixo un acordo de paz con Portugal para permitir que en 1522 os portugueses construísen un porto co fin de defendelos contra o aumento de poder do Sultanato de Demak do centro de Xava.[8] A cidade foi atacada por un mozo guerreiro de nome Fatahillah dirixente dun reino veciño, logo do cal o 22 de xuño de 1527 cambiou o nome de Kalapa por Jayakarta.[8]

A sede do Gobernador Xeral da VOC. O edificio agora serve como Museo Histórico de Iacarta.

Os holandeses chegaron a Jayakarta a fins do século XVI e en 1619 as forzas da Compañía Holandesa das Indias Orientais, dirixidas por Jan Pieterszoon Coen conquistaron a cidade. Renomearon a cidade como Batavia. As oportunidades comerciais atraeron a Indonesia, sobre todo, a inmigrantes chineses. As tensións creceron cando o goberno colonial tratou de restrinxir a migración chinesa a través das deportacións. O 9 de outubro de 1740, 5.000 chineses foron masacrados e, ao ano seguinte, os habitantes chineses foron trasladados a Glodok fóra das murallas da cidade.[9] En 1818 completouse o Koningsplein, agora Merdeka Square, e Kebayoran Baru que foi a última zona residencial holandesa construída.[9]

Finalmente os xaponeses ocupárona en 1942, chamándoa co actual nome. Logo da ocupación os grupos xa habitados mobilizáronse ideoloxicamente, así foi como estableceron o seu primeiro goberno republicano en 1950 con capital en Iacarta.[9] O presidente da fundación de Indonesia, Sukarno, prevía a Iacarta como unha gran cidade internacional. Por esa razón instigou grandes proxectos financiados polo goberno. Os proxectos incluían en Iacarta unha autoestrada en forma de folla de trevo, un gran bulevar (Jalan Sudirman), monumentos como o Monumen Nasional, os principais hoteis, e un novo edificio para o parlamento.

En 1966, Iacarta foi declarada un "distrito capital" (Daerah khusus ibukota), polo tanto, obtivo unha condición aproximadamente equivalente á dun estado ou provincia.[10] O tenente xeneral Ali Sadikin desempeñou o cargo de gobernador desde ese momento ata 1977; rehabilitou estradas e pontes, alentou as artes, construíu varios hospitais, e un gran número de novas escolas. Así mesmo, autorizou aos habitantes dos barrios pobres para os novos proxectos de desenvolvemento e tratou de eliminar a prohibición dos rickshaws (vehículo lixeiro de dúas rodas que se despraza por tracción humana) e os vendedores ambulantes. Tamén comezou a controlar a migración á cidade co fin de frear a aglomeración e a pobreza.[11] A redistribución da terra e o investimento estranxeiro contribuíu a un auxe inmobiliario que cambiou a cara da cidade.[12] O auxe terminou coa crise financeira asiática en 1997 e 1998. O presidente Suharto, comezou a perder o seu control e as tensións chegaron ao punto máis alto en maio de 1998, cando catro estudantes foron mortos a tiros na Universidade de Trisakti polas forzas de seguridade; durante catro días de disturbios que se produciron como consecuencia da perda dun total estimado de 1.200 vidas e 6.000 edificios que foron danados ou destruídos.[13] Suharto dimitiu como presidente, pero Iacarta seguiu sendo o punto focal do cambio democrático en Indonesia.[14]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade aséntase sobre a costa noroeste da illa de Xava , xunto ao río Ciliwung a baía de Iacarta , que é unha entrada do mar de Xava . A parte norte de Iacarta está constituída sobre unha terra plana, aproximadamente a oito metros por encima do nivel do mar, o que contribúe a que se formen as habituais inundacións. A zona sur da cidade é máis montañosa. Hai aproximadamente trece ríos que conflúen en Iacarta, sobre todo desde as partes montañosas do sur da cidade cara ao norte e en dirección ao mar de Xava. O río máis importante é o Ciliwung, que divide a cidade en dúas zonas, leste e oeste. Iacarta limita xeograficamente coa provincia de Xava Barat ao leste e con Banta ao oeste.

As Miles de Illas (Kepulauan Seribu, en indonesio, e Thousand Islands, en inglés), que son unha parte da rexión administrativa de Iacarta, están situadas na baía de Iacarta. As 105 illas que as forman esténdense ao longo de 45 quilómetros ao norte da cidade, aínda que a illa máis próxima atópase a só uns quilómetros de terra firme.

Iacarta posúe un clima ecuatorial (Af, de acordo co sistema de clasificación climática de Köppen). Localizada na parte occidental de Indonesia, a súa época máis chuviosa é xaneiro cunhas precipitacións medias mensuais de 350 mm, mentres que a súa época máis seca é agosto, cunha media de 60 mm.[15] A cidade ten altos niveis de humidade e a temperatura diaria oscila entre os 25 °C ata os 38 °C.[16]

Administración

[editar | editar a fonte]
Corte Suprema de Indonesia en Iacarta.

Oficialmente, Iacarta non é unha cidade senón unha provincia co status especial de capital de Indonesia. A súa administración é como a de calquera outra cidade indonesia. Por exemplo: Iacarta ten un gobernador (no canto dun alcalde), e divídese en varias rexións cos seus propios sistemas administrativos. Iacarta como provincia está dividida en cinco cidades (kota), antes municipios, cada un dirixido por un alcalde, e unha rexencia (kabupaten) dirixida por un rexente. En agosto de 2007, Iacarta celebrou as súas primeiras eleccións para escoller un gobernador, que foron gañadas por Fauzi Bowo. Os gobernadores da cidade son elixidos previamente polos parlamentos locais. Isto forma parte do impulso do goberno indonesio da descentralización da política, celebrando eleccións locais directas nalgúns lugares do país asiático.

Lista de cidades de Iacarta:

A única rexencia de Iacarta son as Miles de Illas (Kepulauan Seribu). Son consideradas formalmente como un subdistrito de Iacarta Setentrional.

Como capital política e económica de Indonesia, Iacarta atrae a moitos turistas estranxeiros e tamén domésticos. Por iso, Iacarta é unha cidade cosmopolita e cunha cultura diversa. Moitos dos inmigrantes da cidade proveñen de distintas partes da illa de Xava, traendo consigo unha mestura de dialectos das linguas xavanesas e sondanesas, así como as súas propias comidas e produtos típicos.

Iacarta é ás veces denominada polos residentes estranxeiros como "O Gran Durián".[17]. É unha animada metrópole urbana, pois Iacarta é coñecida pola súa aglomeración, saturación de tráfico e disparidade de ingresos.

Os betawi (Orang Betawi, ou xente de Batavia) é un termo usado para describir os descendentes da poboación que vive ao redor de Batavia e recoñecida como tribo desde o século XVIII-XIX. Os betawi son a maioría descendentes de grupos étnicos surasiáticos atraídos a Batavia por necesidades laborais e inclúe xente de varias partes de Indonesia.[18] A linguaxe e cultura destes inmigrantes son distintos dos sondaneses ou xavaneses. A lingua está máis baseada nun dialecto dos malaios do leste e enriquecido por préstamos de palabras do xavanés, chinés mandarín e árabe. Hoxe en día, os dialectos de Iacarta usados pola poboación na cidade está vagamente baseado na lingua betawi.

Hai tamén unha notable comunidade chinesa en Iacarta que leva varios séculos. Oficialmente representan o 6% da poboación de Iacarta, aínda que é posible que esa estimación sexa algo baixa.[19]

Iacarta ten varios centros de actuacións como o Senaian. A música tradicional adoita atoparse en hoteis de luxo, incluíndo o gamelan e o wayang (palabra indonesia e malaia para o teatro). Como a cidade máis habitada e capital do país, Iacarta recibe continuamente talentos en busca de atopar unha maior audiencia e posibilidades de éxito.

Ironicamente, as artes betawi son raras veces atopadas na cidade debido ao seu baixo perfil e a maioría delas trasladáronse ás fronteiras de Iacarta. É máis fácil atopar cerimonias nupciales xavanesas ou minang que betawi, do mesmo xeito que predomina o gamelan xavanés que o gamelan kromong (mestura entre betawi e música chinesa), tranxidor (mestura entre betawi e música portuguesa) ou marawis (mestura entre betawi e música iamaní). Con todo, algúns festivais como o Jalan Jaksa Festival ou o Kemang Festival tratan de preservar a arte betawi ivitando aos artistas máis representativos da cultura betawi.[20]

A concentración de riqueza e influencia política na cidade é moito máis evidente na súa paisaxe e cultura, un efecto ilustrado pola presenza na cidade de moitas das principais cadeas de comida rápida internacionais, por exemplo.

Museo Nacional de Indonesia.

Os museos en Iacarta atópanse basicamente concentrados no área da Praza Merdeka de Iacarta Central, na Cidade Antiga de Iacarta, e a Taman Mini Indonesia Indah.

Na cidade antiga de Iacarta están os museos que eran antigos edificios institucionais da Batavia colonial. Algúns destes museos son: o Museo de Historia de Iacarta (antigo Concello de Batavia), o Museo Wayang (antiga igrexa de Batavia), o Museo de Belas Artes e Cerámica (antigos xulgados de Batavia), o Museo Marítimo (antigo almacén de Sunda Kelapa), o Museo do Banco de Indonesia (antigo Banco de Xava) e o Museo do Banco Mandiri (antigo Nederlandsche Handels Maatschappij).

Entre os museos situados en Iacarta central ao redor da praza Merdeka están: o Museo Nacional de Indonesia (tamén coñecido como Gedung Gajah ("o edificio elefante"), Monas (Monumento Nacional), o Museo islámico Istiqlal na mesquita de Istiqlal, e o museo da Catedral de Iacarta na segunda planta da catedral. Tamén na área central de Iacarta está o Museo Taman Prasasti (antigo cemiterio de Batavia), e o Museo téxtil na área de Tanah Abang.

Na área de xogos de Taman Mini Indonesia Indah, ao leste de Iacarta, hai catorce museos, como o Museo Indonesia, o Museo Purna Bhakti Pertiwi, o Museo Asmat Museum, o Museo Islámico Bayt al-Qur'an, o Museo Pusaka, e outros museos científicos como o Centro de Información, Tecnoloxía e Investigación, o Museo da Fauna Indonesia de Komodo, o Museo dos Insectos, o Museo do Petróleo e o Gas, así como o Museo do Transporte.

Outros museos a destacar son o Museo Militar Satria Mandala, o Museo Sumpah Pemuda, e o Lubang buay.

Relixión

[editar | editar a fonte]

O 86% dos habitantes de Iacarta son musulmáns, pertencendo practicamente todos á vertente sunní; con todo tamén hai uns poucos centos de xiítas. Algúns residentes musulmáns practican unha forma particular de islam que denominan Abangan.

O 10% da poboación son cristiáns, sendo o 6,5% de protestantes e o 3,5% restante de católicos. O cristianismo chegou a Indonesia no século XVII a través de misioneiros holandeses e portugueses.

Os hindús e os budistas compoñen o 4% da poboación, na súa maioría pertencentes á minoría chinesa.

Iacarta foi a cidade sede dos Xogos Asiáticos de 1962.[21]

Problemas

[editar | editar a fonte]
As dúas caras de Iacarta: os rañaceos e as chabolas. Un terzo da poboación de Iacarta vive na pobreza.

Sobrepoboación

[editar | editar a fonte]

Como en moitas das grandes urbes en países aínda en vía de desenvolvemento, Iacarta sofre importantes problemas de urbanización. A poboación elevouse bruscamente de 1,2 millóns en 1960 a 8,8 millóns en 2004, contando só os seus residentes legais. A poboación da gran Iacarta é estimada en 23 millóns, facendo dela a cuarta área urbana máis poboada no mundo. O vertixinoso aumento de poboación sorprendeu ao propio goberno, a quen lle excedeu a situación e non puido proporcionar as necesidades básicas aos seus residentes.

A cidade atrae a numerosos visitantes, pero, curiosamente, cando máis poboada está Iacarta é nos días laborables da semana, máis que nos fins de semana debido á afluencia de habitantes que residen noutras áreas de Jabotabek. Pola incapacidade do goberno de proporcionar un transporte adecuado á magnitude da urbe, Iacarta sofre graves problemas de saturación de tráfico cada día. A contaminación atmosférica e a xestión de residuos son, xa que logo, outros dos problemas derivados do exceso de habitantes que sofre Iacarta, unha cidade que en 2025 contará cunha poboación de 24,9 millóns sen contar cos millóns de habitantes das áreas periféricas.[22]

Na actualidade, un terzo dos case nove millóns de habitantes de Iacarta vive na máis absoluta pobreza.[23]

As terribles inundacións de febreiro de 2007 en Iacarta.

Un estudou revelou que "menos dun cuarto da poboación recibe fontes melloradas de auga. O resto confía nunha variedade de fontes, incluíndo ríos, lagos e vendedores privados de auga. Pouco máis de 7,2 millóns de persoas viven sen auga limpa".[24] Ademais, por mor das inundacións que adoitan azoutar a cidade, as posibilidades de que enfermidades como a diarrea e disentería broten en Iacarta son altas tralas choivas torrenciais. Ocorre o mesmo con moitas outras enfermidades provocadas por ratas.[25]

Inundacións

[editar | editar a fonte]

Durante a época de choivas, Iacarta sofre inundacións debido a: tubos obstruidos de augas residuais, deforestación dos rapidamente urbanizados Bogor e Depok e o feito de que o 40% se atope baixo o nivel do mar. En 1996 a cidade experimentou unhas terribles inundacións cando 5.000 hectáreas quedaron alagadas.[26][27][28] Con todo, as peores inundacións que se recordan na cidade ocorreron en febreiro de 2007. As perdas en canto a infraestruturas e os ingresos do estado foron de polo menos 5,2 trillóns de rupias (uns 572 millóns de dólares), polo menos 80 persoas pereceron e ao redor de 350.000 habitantes víronse obrigados a deixar os seus fogares.[29] Máis do 60% da área total de Iacarta quedou completamente alagada e o nivel da auga chegou a alcanzar catro metros de altura nalgunhas zonas da cidade.[25][30][31]

Transporte

[editar | editar a fonte]

Iacarta é unha das cidades máis poboadas do mundo e sofre de estresantes problemas de transporte.[32] En Indonesia a maioría do transporte é proporcionado por bemos, que son minibuses de xestión privada.

Centro de Iacarta.
Bajaj en Iacarta.
Imaxe do caótico tráfico de Iacarta en hora punta.

A pesar de que existen amplas estradas, Iacarta sofre da conxestión debido ao tráfico pesado, especialmente no distrito central de negocios. Para reducir os atascos de tráfico, algunhas das principais estradas en Iacarta teñen a chamada regula de "tres nun", a cal entra en funcionamento durante horas punta; introduciuse por primeira vez en 1992 e prohibe que haxa menos de tres pasaxeiros por coche en determinadas estradas.[33]

As estradas de Iacarta son coñecidas polos seus indisciplinados condutores nos seus comportamentos ao volante e unhas leis de transporte que rompen coa impunidade e a corrupción policial de xeito moi habitual. As liñas pintadas na estrada son considerados como simples suxestións, e é frecuente atoparse catro ou cinco vehículos de fronte en estradas de dous carriis por sentido. Ademais, nos últimos anos o número de motocicletas nas rúas creceu case exponencialmente. O vasto mar das pequenas, motocicletas de entre 100 e 200 cc, crean moito tráfico, ruído e contaminación do aire o que afecta a Iacarta de xeito directo.

Os autorickshaw, chamados bajaj en indonesio, proporcionan o transporte local nalgunhas partes da cidade. Desde comezos dos anos de 1940 até 1991 foron unha forma común de transporte local na cidade. En 1966, estimouse que 160.000 rickshaws operaban na cidade e o quince por cento da man de obra total de Iacarta dedicábase á condución de rickshaws. En 1971, foron prohibidas as rickshaws das principais estradas, e pouco despois o goberno intentou unha prohibición total, o que reduciu substancialmente o seu número, pero non a súa completa eliminación.[33] Unha campaña especialmente agresiva para eliminalas triunfou finalmente entre 1990 e 1991, pero durante a crise económica de 1998 algúns regresaron aproveitando a pouca efectividade dese goberno por controlar estes medios de transporte.[34] Unha das últimas apostas por reducir o caos no tráfico da cidade foi a de expor autoestradas elevadas e de peaxe ao estilo de Bangkok e Shanghai, dúas megalópoles asiáticas cos mesmos problemas de tráfico. A partir de 2009 construiranse máis de 70 quilómetros de estradas elevadas e para iso investirase 40 billóns de rupias, uns 4.200 millóns de dólares..[33]

O servizo de TransJakarta opera mediante unha liña de autobús especial chamada busway. A rede de busway é ideal para rutas moi congestionadas da cidade e é, relativamente, unha alternativa eficaz para as viaxes en Iacarta. A construción do segundo e terceiro percorrido do busway completouse en 2006, unindo os kecamatans (Distritos de Indonesia) de Pulo Gadung e Kalideres. A ruta entre o centro comercial Blok M e a estación Jakarta Kota leva operativa desde xaneiro de 2004.

Por outra banda, estase construíndo unha estrada de circunvalación e estará operativa, en parte, nos subdistritos de Cilincing-Cakung-Pasar Rebo-Pondok Pinang-Daan Mogot-Cengkareng. Unha estrada de peaxe conecta Iacarta co aeroporto internacional Soekarno-Hatta no norte da cidade. Tamén conectado vía estrada de peaxe será o porto de Merak e Tangerang co oeste, e Bekasi, Cibitung, Karawang, Purwakarta e Bandung co leste.

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Aínda existindo ferrocarril, o servizo que proporciona non é o necesitado pola poboación. En horas punta os trens van sobrecargados. As liñas conectan a cidade central coa súa área metropolitana: Depok e Bogor ao sur, Tangerang e Serpong ao oeste e Bekasi, Karawang e Cikampek ao leste. As maiores estacións de ferrocarril están en Gambir, Jatinegara, Manggarai e Jakarta Kota.

Aeroportos

[editar | editar a fonte]

O único aeroporto comercial de Iacarta é o Aeroporto Internacional Soekarno-Hatta; conxuntamente co aeroporto de Ngurah Rai de Balí, son os dous maiores aeroportos de Indonesia.

Educación

[editar | editar a fonte]
Edificio administrativo da Universitas Indonesia.

Como capital e maior cidade do país, Iacarta atrae a unha gran cantidade de estudantes de toda Indonesia. De forma similar a outras grandes cidades de países asiáticos en desenvolvemento, hai moitas escolas profesionais. Para a educación básica, hai unha gran variedade de escolas primarias e secundarias, divididas en públicas, privadas e escolas internacionais. Tres das principais escolas internacionais situadas en Iacarta son Escola internacional de Iacarta, Escola de Bina Bangsa e Escola Internacional Conmemorativa de Gandhi.

A cidade é sede de numerosas universidades, das que a máis antiga dirixida polo goberno é a Universidade de Indonesia (UI); das moitas universidades privadas a máis antiga é Universitas Nasional (UNAS). As seguintes universidades teñen sede na cidade:

  • Monumen Nasional (Monas)
  • Taman Ismail Marzuki
  • Ancol
  • Taman Mini Indonesia Indah
  • Zoolóxico Ragunan
  • Kepulauan Seribu

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Estas son as cidades irmandadas con Iacarta:[Cómpre referencia]

  1. Sanmartín Rei, Goretti; et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2015. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "Nusantara Becomes The Name Of The New Capital City, This Is What It Means" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. 
  4. "Nusantara is the name of indonesia's new capital" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. 
  5. "Indonesia's new capital isn't ready yet. The president is celebrating Independence Day there anyway". AP News (en inglés). 2024-08-17. Consultado o 2024-08-19. 
  6. Yayasan Pustaka Jaya, Jakarta, ed. (2005). Sundakala: cuplikan sejarah Sunda berdasarkan naskah-naskah "Panitia Wangsakerta" Cirebon. 
  7. Cipta Loka Caraka, ed. (1999). Sumber-sumber asli sejarah Jakarta, Jilid I: Dokumen-dokumen sejarah Jakarta sampai dengan akhir abad ke-16. 
  8. 8,0 8,1 History of Jakarta Arquivado 20 de agosto de 2011 en Wayback Machine.(en inglés)
  9. 9,0 9,1 9,2 Witton, Patrick (2003). Lonely Planet, ed. Indonesia. Melbourne. pp. 138-139. ISBN 1-74059-154-2. 
  10. Encyclopedia Britannica Online (ed.). "Jakarta" (en inglés). Consultado o 17-09-2007. 
  11. Turner, Peter (1997). Lonely Planet, ed. Java (1st edition). Melbourne. p. 315. ISBN 0-86442-314-4. 
  12. Sajor, Edsel E. (2003-09). "Globalization and the Urban Property Boom in Metro Cebu, Philippines". Development and Change (en inglés) 34 (4): 713–742. ISSN 0012-155X. doi:10.1111/1467-7660.00325. 
  13. Friend, Theodore (2003). Harvard University Press, ed. Indonesian Destinies. pp. 329. ISBN 0-674-01137-6. 
  14. Friend, T. (2003). Harvard University Press, ed. Indonesian Destinies. ISBN 0-674-01137-6. 
  15. Turner, Peter (1997). Lonely Planet, ed. Java (1st edition). Melbourne. p. 37. ISBN 0-86442-314-4. 
  16. Lonely Planet (last modified 2008). "Weather". Consultado o 06-10-2008. 
  17. O durián é unha froita tropical cun cheiro moi distintivo e un sabor moi peculiar
  18. Os betawi - debido ás súas orixes diversas - xogan un papel principal que concierne a identidade étnica e nacional na Iacarta contemporánea; ver Knörr, Jacqueline: Kreolität und postkoloniale Gesellschaft. Integration und Differenzierung in Jakarta, Campus Verlag: Frankfurt a.M. & New York, 2007, ISBN 978-3-593-38344-6
  19. BBC (ed.). ""Chinese diaspora: Indonesia"" (en inglés). Consultado o 20/03/2015. 
  20. see Knörr, Jacqueline: Kreolität und postkoloniale Gesellschaft. Integration und Differenzierung in Jakarta, Campus Verlag: Frankfurt a.M. & New York, 2007, ISBN 978-3-593-38344-6
  21. Consello Olímpico de Asia, ed. (2010). "Asian Games" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2016. Consultado o 16 de novembro. 
  22. Far Eastern Economic Review, Asia 1998 Yearbook, p. 63.
  23. elmundo.es, ed. (11 de setembro de 2007). "Prohibido dar limosna en Yakarta" (en castelán). 
  24. United Nations Human Development Report 2006, p. 39 [1] Arquivado 02 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.(en inglés)
  25. 25,0 25,1 BBC, ed. (11 de setembro de 2007). "Yakarta amenazada por enfermedades". BBC (en castelán]). Consultado o 20-09-2013. 
  26. "Asiaviews - Asian News". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 04 de novembro de 2013. 
  27. "Situation Reports: Indonesia: Floods - Feb 2007, Indonesia: Floods in DKI Jakarta Province, updated 19 Feb 2007 Emergency Situation Report No. 6". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 04 de novembro de 2013. 
  28. "1996 Flood Archive" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2008. 
  29. Telecinco, ed. (11 de setembro de 2007). "Ascienden a 80 los muertos por las inundaciones en Yakarta" (en castelán). 
  30. "Ascienden a 44 los muertos provocados por las inundaciones en Yakarta". Hoy (en castelán). 2007-02-06. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2007. Consultado o 2019-12-16. 
  31. "2007 Global Register of Major Flood Events" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 19 de outubro de 2008. 
  32. Jakarta begins river boat service.
  33. 33,0 33,1 33,2 terra.es, ed. (18 de marzo de 2008). "Yakarta quiere autopistas elevadas para combatir el caos del tráfico". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 06 de novembro de 2013. 
  34. Azuma, Yoshifumi (2003). Urban peasants: beca drivers in Jakarta. Jakarta: Pustaka Sinar Harapan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Iacarta

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy