Content-Length: 221681 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Margarida_de_Angulema

Margarida de Angulema - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Margarida de Angulema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMargarida de Angulema

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marguerite de Valois-Angoulême Editar o valor en Wikidata
11 de abril de 1492 Editar o valor en Wikidata
Angoulême, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte21 de decembro de 1549 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Odos, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Nosa Señora da Asunción de Lescar Editar o valor en Wikidata
Consorte real de Navarra
24 de xaneiro de 1527 – 21 de decembro de 1549 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCalvinismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e literatura francesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, dramaturga, salonnière, poetisa, raíña Editar o valor en Wikidata
MovementoHumanismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloConsorte real de Navarra Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique II de Navarra (1526 (Gregoriano)–)
Carlos IV de Alençon (1509 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosXoana III de Navarra
 () Henrique II de Navarra
Xoán de Navarra
 () Henrique II de Navarra Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos d'Orléans-Angoulême Editar o valor en Wikidata  e Luísa de Saboia Editar o valor en Wikidata
IrmánsJeanne d'Angoulême
Francisco I de Francia Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2410376 BNE: XX958524 Musicbrainz: 86e78db2-3066-4ff4-a8b1-ab7ceed2bebd WikiTree: Valois-427 Editar o valor en Wikidata

Margarida de Angulema, chamada tamén Margarida de Francia, Margarida de Valois, Margarida de Alençon, Margarida de Navarra ou Margarida de Orleáns, nada en Angoulême (Francia) o 11 de abril de 1492 e finada en Odos (Altos Pireneos) o 21 de decembro de 1549, foi unha nobre francesa, princesa da primeira rama de Orleáns da dinastía dos capetos, duquesa consorte de Alençon (1509-1525), raíña consorte de Navarra (1527-1549), escritora e humanista. Foi unha muller moi avanzada no seu tempo. Segundo un libro de Vicente Díez Canseco, era coñecida pola súa beleza e talento.[1] Tiña un amplo coñecemento, falaba italiano e castelán ao mesmo nivel que o francés e tiña un grande interese na política.[1] Apreciada polo seu carácter aberto, a súa cultura e por facer da súa corte un brillante centro do humanismo, acolleu de bo grado os inicios da Reforma difundindo o evanxelismo e o platonismo. Como escritora a súa obra máis coñecida é o Heptaméron seguindo o modelo do Decamerón de Bocaccio pero coa inversión da situación no papel de homes e mulleres xa que na obra de Margarida son as mulleres quen ridiculizan os homes.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no castelo de Angoulême o 11 de abril de 1492.[1] Filla de Carlos de Orleáns (1459-1496), conde de Angulema e de Luísa de Savoia.[1] Carlos de Orleáns era descendente directo de Carlos V de Francia e pretendente á coroa francesa trala morte sen descendencia de Carlos VIII de Francia. Cando tiña dous anos cambiaron de residencia e instaláronse en Cognac, onde naceu o seu irmán, o futuro Francisco I de Francia.[3]

Tras morrer o seu pai en 1496, cando ela tiña catro anos, ambos os irmáns quedaron baixo a tutela do duque Lois de Valois, que chegou ao trono en 1499.

Baixo a supervisión da súa nai recibiron formación por parte de Madame de Chatillon e dos mellores titores da época, que lles ensinaron latín, italiano e castelán, ademais do neoplatonismo, que chegaba dende Florencia coa idea de que o corpo é o cárcere da alma, da que só se libera a través da morte e o amor, e o espiritualismo evanxélico.

Cando tiña dez anos a súa nai tentou casala co príncipe de Gales Henrique VIII de Inglaterra, mais o enlace foi rexeitado pola parte inglesa.[4] Posteriormente estivo prometida a Gastón de Foix, sobriño de Lois XI de Francia, do cal estaba namorada, mais este faleceu antes da voda na batalla de Rávena.[4] Aos 17 anos, en decembro de 1509 celebrou o seu primeiro matrimonio co duque de Alençon, un matrimonio sen amor e desgraciado.

En 1515 morreu o rei Lois XII sen sucesor directo e o seu irmán Francisco chegou ao trono de Francia. A súa relación familiar co novo rei converteuna nunha figura relevante da corte, que Margarida aproveitou para rodearse de intelectuais, artistas e pensadores chegando a ser considerada como unha mecenas do Renacemento intelectual e literario en Francia.

Enviuvou en 1525, ano no que Margarida escribiu o seu primeiro libro, Le Dialogue.

Como consecuencia da batalla de Pavia entre franceses e españois, Francisco I caeu prisioneiro do emperador Carlos V. Francisco I foi trasladado en primeiro lugar a Valencia e posteriormente foi trasladado a Madrid.

Margarida trasladouse a Madrid en setembro de 1525 para visitar o seu irmán o rei Francisco I e negociar as condicións para a súa liberación. O propio emperador Carlos I acompañou a Margarida na visita, e a consecuencia desta , asinouse o Tratado de Madrid (19 de decembro de 1526) polo que Francia cedeu o ducado de Borgoña aos Habsburgos e a cambio Francisco I obtivo a liberdade.

Durante a turbulencia relixiosa de Francia, Margarida deu asilo a moitos dos perseguidos por herexes nos seus novos estados de Navarra; incluíndo a Berquin, Dolet (os dous foron queimados posteriormente); Calvino, que xa era un firme protestante, pero non un líder relixioso e Clément Marot, quen foi nomeado o seu axudante de cámara.[5][1]

Tal asistencia aos amigos da reforma levouna a ser sospeitosa de profesar as doutrinas heréticas. A Sorbona sublevouse contra Margarida. Noël Béda, membro da facultade de teoloxía, denunciou o seu poema titulado "Le Miroir de l’âme pécheresse", e esforzouse por demostrar que, ao non falar nesta obra dos santos ou do purgatorio, a súa autora non cría nestes dous dogmas do catolicismo.[6][7][8] Un monxe dixo que Margarida debería ser cosida nun saco e lanzada ao Sena. Estudantes do Colexio de Navarra satirizárona nunha obra titulada Furia do inferno. Con todo, o seu irmán obrigou a retirar os cargos e obtivo unha desculpa da Sorbona.[1]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]
Escudo de armas de Margarida como raíña de Navarra

O 3 de decembro de 1509, aos 17 anos de idade, casou en primeiras nupcias co último duque de Alençon Carlos IV, co que non tivo fillos.[1][4] Cando o irmán de Margarida, Francisco I, ascendeu ao trono, converteuse no primeiro príncipe de sangue.[1] Quedou viúva en 1525, xusto cando o seu irmán estaba preso e enfermo na corte de España despois da derrota de Pavia.[1] O 24 de xaneiro de 1527 casou con Henrique II de Albret, rei de Navarra e desa unión naceron:[3]

  • Xoana III de Navarra (1528-1572), chamada Xoana de Albret, raíña de Navarra e nai de Henrique IV o Grande.[1]
  • Xoán de Navarra (1530), nado en Blois o 7 de xullo de 1530, cando Margarida tiña trinta e oito anos, unha idade considerada vella para o século XVI. O neno morreu o día de Nadal do mesmo ano. Os estudosos cren que a súa pena motivou a Margarida a escribir a súa obra máis controvertida, Le Miroir de l’âme pécheresse, en 1531.[1]

Margarida de Angulema faleceu o 21 de decembro de 1549 no castelo de Odos, preto de Tarbes, aos 57 anos de idade. A maioría dos autores que falaron dela nos dous séculos anteriores din que contra o final da súa vida frecuentou os sacramentos e empregou grandes cantidades de diñeiro para construír templos en honra á relixión católica, o cal destrúe as sospeitas expostas sobre as súas crenzas. Tamén estableceu algúns hospitais, un deles en París.[1]

Obra literaria

[editar | editar a fonte]
Margarida de Angulema, dun debuxo ao carbón por François Clouet, conservado na Biblioteca Nacional, París.

Pierre Boaistuau foi o primeiro editor das súas obras.

  • Le Dialogue en forme de vision nocturne (1525).[4]
  • Un poema: Le Miroir de l’âme pécheresse (1531) atacado pola Sorbona trala súa reedición en 1533, necesitou a intervención de Francisco I. O libro está infestado de ideas evanxélicas que fan da fe e da caridade principio da saúde.[4] A esta obra seguírona numerosos poemas baseados nos cantos espirituais dos que Margarida empregaba a estrutura poética de cancións profanas substituíndoa por textos relixiosos.
  • Les Chansons spirituelles.
  • Les Marguerites de la Marguerite des princesses (1547), poesías, recompiladas e publicadas despois da súa morte por Silvio da Haia, un dos seus axudantes de cámara.[4] As poesías imprimíronse en París en 1554. Entre os manuscritos da biblioteca real de Francia, consérvanse tres volumes en folio de cartas de Margarida de Angulema, unha parte das cales foi publicada por Mr. Genin, na colección da Sociedade da Historia de Francia.[1]

Heptaméron ou os contos da raíña de Navarra

[editar | editar a fonte]

Na recta final da súa vida escribiu as súas dúas grandes creacións: Les Prisons, na que condensou as súas inquietudes filosóficas, teolóxicas, místicas e artísticas, e o Heptaméron, (1542) que está considerada como a súa obra cume.[2] Segue o modelo do Decamerón de Boccaccio, que xa se coñecía dende 1414, mais non puido acabalo, xa que a morte lle chegou antes de terminar a obra. O Heptaméron recolle 72 relatos que se desenvolven durante sete días. Como na obra de Boccaccio, os relatos inscríbense nunha historia pechada. Margarida fai que cinco homes e cinco mulleres, atrapados polo derrube dunha ponte por mor dunha forte choiva, conten unha historia cada día durante dez xornadas ata completar cen relatos. Con todo, a raíña navarra só puido completar sete xornadas, de aí o título de Heptaméron. O historiador Jon Oria, autor dunha biografía da raíña destaca da obra:

Margarida fai feminismo intelectual, xa que se no Decamerón Bocaccio fai que os homes se rían das mulleres, no Heptaméron, Margarida fai que as mulleres ridiculicen os homes.

A última edición de Heptaméron parece que é a de Berna, 1780, con láminas de Chodowiecki.[1]

Influencia

[editar | editar a fonte]

Simone de Beauvoir refírese a ela na súa obra O segundo sexo con estas palabras:

Pero a escritora que mellor serviu á causa do seu sexo foi Margarida de Navarra, que propuxo contra a licenza dos costumes un ideal de misticismo sentimental e de castidade sen tantarulada, tratando de conciliar amor e matrimonio para honra e ledicia das mulleres.[9]
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Canseco. Diccionario Biográfico Universal de Mujeres Célebres (en castelán). BiblioBazaar. ISBN 9781173613198. 
  2. 2,0 2,1 Guerra, Pello (27 de abril de 2016). "Margarita de Navarra, la primera mujer moderna". Naiz (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 San Miguel. Boix, Ignacio, ed. Historia de Felipe II: rey de España (en castelán). Madrid: I. Boix. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Fayanas Escuer, Edmundo. "Margarita de Navarra y su heptamerón". Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  5. Roelker. One king, one faith: the Parlement of Paris and the religious reformations of the sixteenth century (en inglés). Berkeley, Los Angeles, Oxford: University of California Press. ISBN 0585079196. OCLC 44959759. 
  6. Farge. Encyclopedia of Renaissance Philosophy (en inglés). Springer International Publishing. ISBN 9783319028484. doi:10.1007/978-3-319-02848-4_640-1. 
  7. Farge. Orthodoxy and reform in early reformation France : the Faculty of Theology of Paris, 1500-1543 (en inglés). E.J. Brill. ISBN 9004072314. OCLC 13213833. 
  8. The Rabelais encyclopedia (en inglés). Greenwood Press. ISBN 9781429474399. OCLC 145555086. 
  9. Beauvoir. El segundo sexo. Buenos Aires: Siglo XX. OCLC 40458544. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Reid, Jonathan A. (2009). Gow, Andrew Colin, ed. King's Sister - Queen of Dissent: Marguerite of Navarre (1492-1549) and her Evangelical Network. Vol. 1. Brill. 
  • Durant, Will, The Story of Civilization, v. VI, The Reformation, p. 501, Simon and Schuster, Nova York, 1953.
  • Jourda, Pierre, Une princesse de la Renaissance, Marguerite d'Angoulême, reine de Navarre, 1492–1549, Genève, Slatkine Reprints, 1973.
  • Michelet, Jules, Histoire de France, n.d., 5 v.
  • Putnam, Samuel, Marguerite of Navarre, Grosset & Dunlap, Nova York, 1936.
  • Hackett, Francis, Francis The First, pages 48–52, Doubleday, Doran and Company, Inc., Garden City, Nova York, 1937.
  • Patricia F. Cholakian and Rouben C. Cholakian. Marguerite de Navarre: Mother of the Renaissance. Nova York, Columbia University Press, 2006. 448 pp.
  • Anderson Magalhães, Le Comédies bibliques di Margherita di Navarra, tra evangelismo e mistero medievale, en La mujer: de los bastidores al proscenio en el teatro del siglo XVI, ed. de I. Romera Pintor y J. L. Sirera, Valencia, Publicacions de la Universitat de València, 2011, pp. 171–201.
  • Anderson Magalhães, «Trouver une eaue vive et saine»: la cura del corpo e dell’anima nell’opera di Margherita di Navarra, en Le salut par les eaux et par les herbes: medicina e letteratura tra Italia e Francia nel Cinquecento e nel Seicento, edición de R. Gorris Camos, Verona, Cierre Edizioni, 2012, pp. 227–262.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Margarida_de_Angulema

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy