Content-Length: 91998 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Nebulosa_de_emisi%C3%B3n

Nebulosa de emisión - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nebulosa de emisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha nebulosa planetaria, aquí representada pola Nebulosa do Anel, é un exemplo de nebulosa de emisión.

Unha nebulosa de emisión e unha nube de gas ionizado (ex. o plasma) que emite luz en varias cores. A fonte máis común de ionización son os fotóns de alta enerxía emitidos por unha estrela activa próxima. Entre os diversos tipos de nebulosas de emisión podemos atopa-la Rexión H II, a cal é un lugar de formación de novas estrelas e estrelas masivas que son fonte de fotóns ionizados; e é tamén o berce de nebulosas planetarias, onde estrelas moribundas que se desprenderon das súas capas externas, quentan co seu núcleo moi activo (agora exposto e sen capas externas) directamente o gas remanente que fica ó seu redor (proveniente das súas capas externas), ionizando o mesmo.

Información xeral

[editar | editar a fonte]

Frecuentemente, unha estrela nova ioniza parte da nube da cal naceu (case sempre é unha estrela masiva), as estrelas quentes poden tamén acadar un nivel de emisión de enerxía o suficientemente alto para ionizar parte dunha nube de gas. En moitas nebulosas de emisión un cúmulo estelar o completo de estrelas novas poden estar facendo o traballo ó unísono.

A cor dunha nebulosa depende da composición química e do grao de ionización da mesma. Debido á predominancia do hidróxeno no gas interestelar, e o seu relativamente baixo nivel de enerxía de ionización, moitas das nebulosas de emisión amósanse vermellas debido as fortes emisión das series de Balmer. Se hai máis enerxía dispoñible, outros elementos poden ser ionizados, amosándose así nebulosas verdes ou azuis. Examinado o espectro da nebulosa, os astrónomos poden deduci-la súa composición química. A meirande parte das nebulosas de emisión teñen ó redor dun 90% hidróxeno, con trazas de helio, osíxeno, nitróxeno, e outros elementos.

Algunhas das máis prominentes nebulosas de emisión visibles do hemisferio norte son a Nebulosa de Norteamérica (NGC 7000) e a Nebulosa do Velo (NGC 6960/6992) na constelación de Cygnus, e no hemisferio sur están coma exemplo a Nebulosa da Lagoa (M8 / NGC 6523) na constelación de Saxitario e a Nebulosa de Orión (M42).[1] Máis no interior do hemisferio sur está a Nebulosa de Carina (NGC 3372).

As nebulosas de emisión a miúdo teñen areas escuras coma resultado de nubes de po interestelar que son opacas. A combinación de nebulosas de emisión con nubes de opacas de po crean fermosos obxectos astronómicos, e moitas destas nebulosas tomaron o nome dos obxectos ós que se asemellaban, coma a Nebulosa de Norteamérica ou a Nebulosa do Cornete.

Algunhas nebulosas poden ser ó tempo nebulosas de reflexión e de emisión tal coma a Nebulosa Trífida.

  1. McArthur,Frommert and Kronberg. "Messier 42" Messier Object 42. 12 de abril do 2006. 17 de xullo do 2007.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nebulosa_de_emisi%C3%B3n

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy