Content-Length: 93380 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Nebulosa_escura

Nebulosa escura - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Nebulosa escura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Posiblemente a nebulosa escura máis famosa, A Nebulosa Cabeza de Cabalo.

Unha nebulosa escura é un tipo de nube interestelar que é tan densa que tapa a luz de fondo dunha nebulosa de emisión ou dunha nebulosa de reflexión (ex. a Nebulosa Cabeza de Cabalo) ou bloquea a luz das estrela que ten detrás (ex. a Nebulosa Saco de Carbón).

A extinción da luz é causada por po interestelar localizado nas partes máis frías ou densas de grandes nubes moleculares ( clarificar-conversa). Os cúmulos e grandes e complexas nebulosas escuras están normalmente asociadas a Nubes Moleculares Xigantes. A nebulosas escuras illadas e de pequeno tamaño son chamadas glóbulos de Bok.

As nubes escuras aparecen a causa de partículas de po de tamaño submicrométrico, cubertas con monóxido de carbono conxelado e nitróxeno, o cal bloquea o paso da luz en lonxitudes de onda visibles. Tamén hai presente hidróxeno molecular, helio atómico, C18O, CS, NH3 (amoníaco), H2CO (formaldehido), c-C3H2 ("cyclopropenylidene") e un ión molecular N2H+ ("diazenylium"), os cales son relativamente transparentes. Estas nubes son campos de xerminación de estrelas e planetas, e entender o seu desenvolvemento é esencial para comprende-la formación estelar.[1][2]

A forma de cada nebulosa escura é moi irregular: moitas veces non teñen definidas as súas fronteiras ou toman formas moi reviradas. A nebulosa escura máis grande visible a simple vista, aparece coma parches escuro inseridos no fondo brillantes da Vía Láctea.

As areas máis interiores das nebulosas escuras teñen lugar eventos moi importantes tales coma a formación de estrelas e aparición de masers.

  1. Astronomical Journal[Ligazón morta]
  2. "ESO". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de abril de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Nebulosa_escura

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy