Content-Length: 76164 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Sh%C5%8Dnen

Shōnen - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Shōnen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shōnen (kanji: 少年, hiragana: しょうねん) significa literalmente "mozo" (home), tamén se escribe "shonen", "shônen" ou incluso "shounen" (esta última forma é a transcrición individual de cada carácter hiragana, pero pode dar lugar a confusión respecto á pronunciación da palabra). Pero shōnen tamén pode empregarse para categorizar series de manga e anime que teñen como público obxectivo a varóns en idade adolescente. Esta categorización adoita realizarse en función da revista de manga na que se publique a obra e non do contido particular de cada serie.

As obras denominadas shōnen adoitan tratar temáticas de acción, aventura, deportes, comedia ou ciencia ficción. Os protagonistas deste tipo de obras, habitualmente un rapaz ou rapaces, comenzan a historia sendo débiles ou pouco habilidosos e van progresando ao largo da historia a través da experiencia e o sacrificio para cumprir os seus soños. Algúns exemplos de shōnen típicos e populares son Dragon Ball, Inuyasha, Haikyuu!! ou Naruto. Pero categorizar unha obra como shōnen non implica que a obra deba seguir o estándar demográfico. Así pois, é posible encontrar obras de romance ou horror, con personaxes femininos e historias máis adultas como The Promised Neverland ou Act-Age.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Shōjo, manga ou anime con público obxectivo feminino e adolescente.
  • Seinen, manga ou anime con público obxectivo masculino e adulto.
  • Josei, manga ou anime con público obxectivo feminino e adulto.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Sh%C5%8Dnen

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy