Thelma Schoonmaker
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1940 (84 anos) Alxer |
Educación | Universidade Columbia Universidade Cornell Universidade de Nova York |
Actividade | |
Ocupación | montador, actriz de televisión |
Período de actividade | 1966 - |
Familia | |
Cónxuxe | Michael Powell (1984–1990) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Edited By – Women Film Editors (en) The St. James women filmmakers encyclopedia (en) |
|
Thelma Colbert Schoonmaker, nada en Alxer o 3 de xaneiro de 1940, é unha montadora estadounidense, gañadora de tres premios Óscar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Schoonmaker naceu en Alxeria, filla de pais estadounidenses, Thelma e Bertram Schoonmaker.[1] Bertram, descendente da familia Schoonmaker de Nova York, estaba empregado como axente pola Standard Oil Company e traballou continuamente no estranxeiro.[2] Creceu en varios países, como na illa de Aruba.[2][3]
Schoonmaker non viviu nos Estados Unidos ata a adolescencia en 1955, e inicialmente estaba asombrada pola cultura do país.[2] Schoonmaker estaba interesada en ter unha carreira na diplomacia internacional e comezou a asistir á Universidade Cornell en 1957, onde estudo ciencias políticas e ruso. Cando se graduou de Cornell en 1961, comezou a participar en probas para o Departamento de Estado para adquirir un posto no goberno estadounidense.[2][4] Con inclinacións políticas, mostrou repulsión pola política surafricana do apartheid, o que non sentou ben nas probas para a administración.[2] Como reacción a esta experiencia, comezou a tomar clases de arte primitiva.[5]
Respondeu posteriormente a un anuncio clasificado para traballar como editora de cinema.[6][7] Realizou un curso de verán de seis semanas no programa de cinema na Universidade de Nova York, onde coñeceu a Scorsese e axudouno a montar a súa primeira longametraxe, Who's That Knocking at My Door.[8] Schoonmaker traballou co director Martin Scorsese durante máis de cincuenta anos e montou gran parte dos seus filmes.
Ao longo da súa carreria recibiu seis candidaturas aos premios Óscar, e gañou en tres ocasións, polas montaxes de Raging Bull, The Aviator e Infiltrados.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Schoonmaker foi presentada a Michael Powell por Scorsese e o produtor cinematográfico Frixos Constantine.[9] A parella estivo casada dende o 19 de maio de 1984 ata a morte de Powell en 1990. Non tiveron fillos.[5]
Dende a morte de Powell, Schoonmaker dedicouse á conservación dos filmes do seu marido, que dirixiu moitos clásicos, incluído The Red Shoes.[4][10][11]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Who's That Knocking at My Door (1967)
- Touro salvaxe (1980)
- The King of Comedy (1982)
- After Hours (1985)
- The Color of Money (1986)
- Bad (1987), vídeo musical
- The Last Temptation of Christ (1988)
- New York Stories (1989) segmento "Life Lessons"
- Un dos nosos (1990)
- Cape Fear (1991)
- A idade da inocencia (1993)
- Casino (1995)
- Grace of My Heart (1996)
- Kundun (1997)
- Bringing Out the Dead (1999)
- Gangs of New York (2002)
- The Aviator (2004)
- Infiltrados (2006)
- Shutter Island (2010)
- Hugo (2011)
- The Wolf of Wall Street (2013)
- Bombay Velvet (2015)
- Silence (2016)
- The Snowman (2017)
- The Irishman (2019)
Premios
[editar | editar a fonte]Con sete candidaturas aos premios Óscar, Schoonmaker é a segunda montadora máis nomeada na historia dos premios da Academia, despois de Michael Kahn, que obtivo oito candidaturas. Empatada con Kahn, Daniel Mandell e Ralph Dawson, tamén ten o récord de máis vitorias na categoría de mellor montaxe con tres premios.
En 2012, a Motion Picture Editors Guild publicou unha listaxe cos 75 filmes mellor editados de todos os tempos baseado nunha enquisa entre os seus membros. Tres filmes montados por Schoonmaker con Scorsese están na listaxe: Touro salvaxe (1980), no primeiro posto, Un dos nosos (1990), no número quince, e Hugo (2011), no sesenta e nove. Só George Tomasini, montador dos filmes de Alfred Hitchcock na década de 1950, ten máis aparicións na listaxe.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Thelma & Bertram Schoonmaker Story" (PDF). Lago-colony.com. p. 563.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Marlow, Jonathan (6 de outubro de 2006). "Thelma Schoonmaker: A Personal Journey with Scorsese and Powell". GreenCine.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑
- Thelma Schoonmaker na IMDb (en inglés).
- ↑ 4,0 4,1 Daniel Aloi, "Thelma Schoonmaker '61 to talk movies Nov. 19 at Cornell", cornell.edu; consultado o 26 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Chris Tilly, "Thelma Schoonmaker Q&A" Arquivado 07 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine., TimeOut.com, 26 de setembro de 2005.
- ↑ Thelma Schoonmaker Profile, Turner Classic Movies Film Article; consultado o 5 de febreiro de 2013.
- ↑ "Hollywood Outstanding Achievement in Editing Award Honoree – THELMA SCHOONMAKER". Hollywood Film Festival. agosto de 2000. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Thelma Schoonmaker '61 to talk movies Nov. 19 at Cornell | Cornell Chronicle". news.cornell.edu. Consultado o 13 de agosto de 2017.
- ↑ Robson, Leo (9 de maio de 2014). "Thelma Schoonmaker: the queen of the cutting room". FT Magazine. Consultado o 10 de maio de 2014.
- ↑ Nguyen, Lan N. (15 de marzo de 2005). "The Last Temptation of Thelma". iVillage Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- ↑ "Thelma Schoonmaker: 'His Heart was Like the Sun'". Telegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2017.
- ↑ "The 75 Best Edited Films". Editors Guild Magazine 1 (3). maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aloi, Daniel. "Scorsese's film editor, Thelma Schoonmaker '61, talks of 'Raging Bull' and Michael Powell". Cornell University.
- Schoonmaker, Thelma (26 de decembro de 2005). Oscar-Winning Scorsese Editor Thelma Schoonmaker. Fresh Air. Entrevista con Terry Gross (National Public Radio). No transcript available.
- Hynes, Daniel (17 de xaneiro de 2014). "Cut Here, Cut There, but It's Still 3 Hours: Thelma Schoonmaker on the Art of Editing Long Movies". The New York Times.
- Kallay, William (3 de marzo de 2005). "American Cinema Editors – 2004 Oscar Nominees Discuss their Craft".
- Morgan, David (1991). "Interview with Thelma Schoonmaker". Wide Angle/Closeup.
- Schoonmaker, Thelma (26 de setembro de 2005). Thelma Schoonmaker Q&A: The Oscar-winning editor discusses Martin Scorsese, Michael Powell and her new film, 'The Departed'. Time Out. Entrevista con Chris Tilly. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2006. Consultado o 13 de novembro de 2019.
- 2007 Coolidge Award Thelma Schoonmaker – The Coolidge Corner Theatre
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Schoonmaker, Thelma en Encyclopedia.com
- "Thelma Schoonmaker: From 'Raging Bull' to 'Silence'" entrevista do 26 de xaneiro de 2017 en Studio 360