Content-Length: 340439 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Walter_Zenga

Walter Zenga - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Walter Zenga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Zenga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMilán
Dubai Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1999), adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1978–1979 cesión U.S. Salernitana 1919 3(0)
1978–1994   Inter de Milán 328(0)
1979–1980 cesión Savona Foot Ball Club 23(0)
1980–1982 cesión Società Sportiva Sambenedettese Calcio 67(0)
1994–1996 UC Sampdoria 41(0)
1996–1997 Calcio Padova 21(0)
1997–1999 New England Revolution 47(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1984–1986   Italia sub-21 15(0)
1987–1992   Italia 58(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–1999 New England Revolution
2000–2001 Brera Calcio (en) Traducir
2002–2003 FC Național București (pt) Traducir
2004–2005 Steaua Bucuresti
2005–2006 Fudbalski Klub Crvena Zvezda
2006–2006 Gaziantepspor Kulübü (pt) Traducir
2007–2007 FC Dinamo București
2008–2009 Catania FC
2009–2009 Palermo Football Club
2010–2009 Al-Nassr (pt) Traducir
2011–2013 Al-Nasr Sports Club (pt) Traducir
2013–2014 Al-Jazira Club (pt) Traducir
2014–2016 Al-Shaab (pt) Traducir
2015–2015 UC Sampdoria
2016–2016 Wolverhampton Wanderers F.C.
2016–2018 Football Club Crotone (pt) Traducir
2018–2019 Venezia FC
2020–2020   Cagliari Calcio
2024–2024 Emirates Club (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
xuño de 1988Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988
1986Mundial de Fútbol México 1986
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoberta Termali Editar o valor en Wikidata
ParellaMarina Perzy
Hoara Borselli Editar o valor en Wikidata
FillosAndrea Zenga
 () Roberta Termali Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webwalterzenga.it Editar o valor en Wikidata
FIFA: 44779 Editar o valor en Wikidata

Walter Zenga, nado en Milán o 28 de abril de 1960, é un exfutbolista e adestrador italiano Histórico gardameta do Inter de Milán, militou nese club durante case toda a súa carreira como xogador, defendendo a súa portería nun total de 473 partidos.

Foi 58 veces internacional coa selección italiana, sendo o porteiro titular no Mundial de 1990, no que Italia rematou terceira e no que estableceu un récord de minutos sen recibir un gol.[1] Considerado como un dos mellores porteiros de todos os tempos,[2] gañou tres veces o premio ao mellor porteiro do mundo segundo a IFFHS, e en 2013 foi elixido o oitavo mellor porteiro do último cuarto de século pola IFFHS. No ano 2000 ocupou o 20º posto na elección do mellor porteiro do século XX.[3]

Desde 1998 traballa como adestrador e dirixiu numerosos clubs de Italia, os Estados Unidos, Turquía, Romanía, Serbia, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos e Inglaterra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Fillo do tamén porteiro Alfonso Zenga, comezou a xogar ao fútbol no Macallesi 1927 aos 9 anos, cunha ficha coa data de nacemento falsificada, pois non tiña a idade mínima necesaria. En 1971 ingresou na canteira do Inter de Milán e pasou polas diferentes categorías inferiores do club. A continuación, entre 1978 e 1982, xogou cedido na Salernitana, no Savona e no Sambenedettese, logrando con este último o ascenso á Serie B.

Inter de Milán

[editar | editar a fonte]

Regresou ao Inter para a tempada 1982/83, na que foi o segundo porteiro por detrás do veterano internacional Ivano Bordon, e disputou cinco partidos da Copa Italia. O seu bo facer neses encontros foi suficiente para facerse co posto de titular na seguinte campaña, trala marcha de Bordon á Sampdoria. Foi o gardameta menos goleado da campaña 1983/84, con só 23 goles recibidos.[4]

Continuou a un gran nivel durante os seguintes anos, converténdose nun dos xogadores favoritos da afección interista e nun dos máis célebres gardametas do país, debido á súa calidade, ao seu amor polo equipo e á súa personalidade.[4] Así, foi convocado coa selección italiana para o Mundial de 1986.

En 1986 o Inter fichou ao adestrador Giovanni Trapattoni, que fixo de Zenga, Giuseppe Bergomi e Riccardo Ferri as pedras angulares do equipo. Durante a primeira tempada de "Trap", o Inter pelexou ata as últimas xornadas co Napoli polo scudetto, quedando finalmente terceiro. Con todo, Zenga impúxose como o mellor porteiro do campionato, rematando a liga con só 17 goles encaixados nos 30 partidos, o que lle valeu para que o seleccionador Azeglio Vicini lle dese a titularidade do combinado nacional.[4]

A tempada 1987/88 resultou nunha decepción para o Inter e para Zenga: o equipo tivo dificultades durante toda o ano, debido á falta de compatibilidade entre os dous principais dianteiros (o capitán Altobelli e a nova incorporación Aldo Serena) e entre os dous centrocampistas ofensivos (Gianfranco Matteoli e o belga Enzo Scifo). Zenga, descontento coa forma de xestionar o club, decidiu deixar o Inter e fichar polo entón poderoso Napoli, pero o traspaso non se materializou e o gardameta continuou en Milán.[4][5]

Con todo, a seguinte campaña resultou ser unha das mellores para o Inter e para Zenga. O equipo, reforzado polas adquisicións dos italianos Alessandro Bianchi e Nicola Berti, os alemáns Andreas Brehme e Lothar Matthäus do Bayern de Múnic e o arxentino Ramón Díaz dominou a liga con contundencia, conseguindo o título cunha cifra récord de 58 puntos e rompendo varios rexistros máis durante o ano. Superou en 11 puntos o segundo clasificado, o Napoli de Maradona, e en 12 ao terceiro, o Milan adestrado por Arrigo Sacchi, campión ese ano da Copa de Europa. Zenga rematou a tempada encaixando só 19 goles, volvendo ser o mellor porteiro nese aspecto.[4]

As seguintes dúas tempadas foron agridoces para o Inter: aínda que o equipo seguiu loitando polos títulos, non conseguiu máis éxitos nacionais que a Supercopa italiana disputada en novembro de 1989 contra a Sampdoria. A tempada 1990/91 foi unha continua loita pechada entre o Inter e a Sampdoria, decidíndose finalmente o título nun partido disputado entre ambos en Milán, en que o Inter perdeu por 0-2, indo así a parar o título ao equipo de Gianluca Vialli e Roberto Mancini. Con todo, o Inter gañou a Copa da UEFA ese ano, derrotando, entre outros, a Aston Villa, Partizan, Atalanta e Sporting de Portugal no camiño da final ante a Roma. O club lombardo gañou na ida da final por 2-0 e perdeu 1-0 en Roma, logrando o seu primeiro éxito europeo desde os anos 60. Zenga foi o gardameta do equipo nos 12 partidos da competición, encaixando 7 goles. Trala conquista do título, o adestrador Giovanni Trapattoni deixou o equipo para volver ao banco da Juventus.[4]

A nivel persoal, esas tempadas foron o cumio da carreira de Zenga. Durante tres anos consecutivos (1989–1991) foi nomeado pola IFFHS como mellor porteiro do mundo, por diante de gardametas como Michel Preud'homme, Rinat Dasaev e Andoni Zubizarreta.[1] O seu xogo explosivo e os seus agudos reflexos permitíronlle facer importantes e espectaculares paradas. Aínda sen ser coñecido como un gran parador de penaltis, na súa carreira detívolle lanzamentos dende os once metros a xogadores do nivel de Roberto Baggio, Michel Platini ou Paul Merson.[4]

Continuou xogando no Inter ata 1994, xa sen Trapattoni, e gañou unha segunda Copa da UEFA en 1994, na súa última tempada co club.[4]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

En 1994 fichou pola Sampdoria e dous anos despois pasou ao Padova. Finalmente, en 1997 fixo as maletas para xogar por primeira vez fóra do seu país, fichando polo New England Revolution, co que disputou a segunda edición da Major League Soccer. A continuación deixou o equipo para iniciar unha carreira como actor (el e a súa noiva protagonizaron unha telenovela italiana). En 1999 volveu aos Revs como xogador-adestrador, pero pouco despois foi substituído no banco por Steve Nicol.[4]

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Foi 58 veces internacional coa selección de Italia entre 1987 e 1992.[6] Encaixou só 21 goles (0,36 por partido) e mantivo a portería a cero en 41 partidos (70,69%), sendo ambas as mellores medias da historia da selección italiana. Anteriormente participara coa selección italiana nos Xogos Olímpicos de 1984, onde o equipo logrou o cuarto posto, e tamén fora o porteiro titular da selección italiana sub-21 na Eurocopa sub-21 de 1986.[7] Xa coa absoluta, foi convocado por Enzo Bearzot para o Mundial de 1986, ao que acudiu como terceiro porteiro, por detrás de Giovanni Galli, da Fiorentina, e de Franco Tancredi, da Roma.[4]

Fíxose coa titularidade na portería da selección trala chegada ao banco de Azeglio Vicini, que o preferiu a Stefano Tacconi.[1][4][8][9][10][11] No primeiro partido de Italia na Eurocopa de 1988, Zenga estivo de novo no centro da polémica, ao conceder un tiro libre dentro da área por ter dado demasiados pasos co balón nas mans (unha infracción poucas veces sancionada). Andreas Brehme, que se convertería no seu compañeiro de equipo no Inter só uns meses despois, marcou dende o tiro libre resultante para empatar o partido. Con todo, Italia chegou ás semifinais da competición, onde caeu derrotada a mans da Unión Soviética.[4][5]

Continuou como primeiro gardameta italiano cando o seu país acolleu o Mundial de 1990, e axudou ao equipo a conseguir un terceiro posto. Durante o torneo conseguiu un récord de cinco partidos consecutivos mantendo a portería a cero e un total de 518 minutos sen encaixar gol, marca aínda non superada.[1][4][12] A súa xeira chegou á súa fin cun remate de cabeza de Claudio Caniggia nas semifinais ante a Arxentina, vixente campioa, despois de que Zenga cometese un erro na saída. Co empate 1-1 despois da prórroga, o partido foi á quenda de penaltis, na que Zenga non conseguiu deter ningún lanzamento. A Arxentina impúxose por 4-3 e pasou á final,[4][13][11] mentres que Italia tivo que conformarse co terceiro posto tras derrotar por 2-1 a Inglaterra, nun partido no que Zenga encaixou o seu segundo gol do torneo, obra de David Platt.[14]

Despois de que Italia non conseguise clasificarse para a Eurocopa de 1992, Arrigo Sacchi foi nomeado novo seleccionador de Italia, e finalmente excluíu a Zenga do combinado nacional, a favor de porteiros máis adecuados para o seu sistema defensivo de marcaxe zonal, como Gianluca Pagliuca e Luca Marchegiani.[4][15][16]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

O seu primeiro traballo como técnico foi exercendo as funcións de xogador-adestrador no New England Revolution.[17] Despois de deixar o club de Boston, retirouse do fútbol activo e decidiu iniciar unha carreira como adestrador, comezando cun breve paso polo Brera Calcio milanés, da Serie D.

Romanía, Serbia, Turquía e Emiratos Árabes Unidos

[editar | editar a fonte]

En 2002 trasladouse a Romanía, onde dirixiu primeiro o Naţional București e despois o FCSB, co que gañou a liga romanesa e alcanzou os oitavos de final da Copa da UEFA 2004-05 tras eliminar o vixente campión, o Valencia.

No verán de 2005, tras ser despedido do FCSB antes do final da tempada, fichou polo Estrela Vermella de Belgrado, co que se proclamou campión de liga e de Copa.

No verán de 2006 foi nomeado adestrador do Gaziantepspor da Süper Lig turca. Con todo, tras un mal comezo (cinco vitorias en 17 partidos de liga), renunciou en xaneiro de 2007 para aceptar unha oferta do Al-Ain dos Emiratos Árabes Unidos. Foi destituído despois de cinco meses no cargo, e en setembro de 2007 chegou ao banco do Dinamo București, en substitución de Mircea Rednic. Acabou dimitindo só dous meses despois, tras unha derrota por 1-0 nun derbi ante o FCSB.[18] A continuación traballou como comentarista de fútbol na RAI.

A partir do 1 de abril de 2008 substituíu a Silvio Baldini no banco do Catania.[19] Debutou como adestrador na Serie A o 6 de abril, cunha vitoria na casa por 3-0 contra o Napoli.[20] Rematou a tempada logrando a salvación nos últimos minutos da liga, tras un empate 1-1 ante a Roma. Confirmado á fronte do Catania para a tempada 2008/09, conseguiu cos rossoazzurri excelentes resultados na primeira parte da tempada, o que levou ao club a renovar o seu contrato por un ano máis.[21]

O estilo de xogo do Catania de Zenga destacou polo foco do adestrador na planificación dos tiros libres, tarefa asignada ao seu axudante Gianni Vio.[22] Acabou a campaña conseguindo comodamente a permanencia e coa maior cantidade de puntos da historia do club ata aquel entón. No último encontro como local da tempada anunciou que se separaría do club de mutuo acordo.

En xuño de 2009 anunciouse a súa fichaxe polo rival histórico do Catania, o Palermo.[23] Debutou cunha vitoria por 4-2 na Copa Italia sobre o SPAL e a continuación derrotou por 2-1 ao Napoli na primeira xornada de liga. Con todo, unha mala serie de resultados nos seguintes partidos, levaron ao presidente Maurizio Zamparini a destituílo o 23 de novembro, despois de só trece xornadas de liga.[24]

Oriente Medio

[editar | editar a fonte]

O 11 de maio de 2010, foi anunciado como novo adestrador do Al-Nassr de Riad, club da Liga Profesional Saudita.[25] Foi destituído do seu posto o 24 de decembro, co equipo situado na terceira praza da liga.[26]

Dúas semanas despois fichou polo Al-Nasr de Dubai, ao que dirixiu durante dous anos na liga dos Emiratos Árabes Unidos.[27] Entre 2013 e 2014 adestrou o Al Jazira de Abu Zabi.

Sampdoria

[editar | editar a fonte]

O 4 de xuño de 2015 fichou pola Sampdoria da Serie A, regresando así ao fútbol do seu país.[28] Con todo, non chegou á metade da tempada, sendo destituído en novembro.[29] A continuación volveu a Oriente Medio para adestrar o Al-Shaab de Sharjah, último clasificado da liga emiratí. Non conseguiu endereitar o rumbo do equipo e abandonou o club o 20 de febreiro de 2016 por mutuo acordo coa entidade.[30]

Wolverhampton Wanderers

[editar | editar a fonte]

O 30 de xullo de 2016 foi anunciado como novo adestrador do Wolverhampton Wanderers do Football League Championship inglés.[31]

Iniciou a súa andaina en Wolverhampton cunha xeira de seis partidos invicto.[32] Con todo, acabou sendo destituído en outubro, despois dunha mala serie de resultados, cun só punto en cinco xornadas, e co equipo situado na 18ª praza.[33]

Regreso a Italia

[editar | editar a fonte]

O 8 de decembro de 2017 foi anunciado como novo técnico do Crotone, da Serie A,[34] co que acabou descendendo ao remate da campaña. En outubro de 2018 chegou ao banco do Venezia, da Serie B, para ocupar o lugar do destituído Stefano Vecchi.[35] Foi despedido o 5 de marzo de 2019, despois de que unha serie de catro derrotas en cinco partidos levase ao club a ter que loitar pola permanencia.[36]

En marzo de 2020 foi contratado polo Cagliari, da Serie A.[37] Dirixiu o equipo sardo ata o final da tempada, obtendo tres vitorias e catro empates en 13 partidos.[38]

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Porteiro agresivo, consistente, fisicamente forte, completo e atlético, Zenga era alcumado Deltaplano ("ala delta").[1][39][40][41] Era especialmente hábil nas paradas e na colocación na área e posuía valentía, boa reacción, velocidade, elegancia e axilidade, o que lle permitía realizar paradas espectaculares.[1][4][13][41] A pesar da súa reputación, os medios foron a miúdo críticos coas súas actuacións nos lanzamentos de penaltis,[13][41] aínda que detivo penas máximas contra destacados especialistas dende os once metros como Roberto Baggio, Paul Merson ou Michel Platini.[5] Tamén era criticado polas súas irregulares actuacións cando saía da súa posición para despexar centros.[4][13][41][42] Tampouco era particularmente hábil co balón aos seus pés,[40] nin moi fiable na distribución,[43] e inicialmente militou en equipos que empregaban un sistema defensivo de marcaxe zonal e que tentaban deixar os rivais en fóra de xogo, debido á súa reticencia a saír da portería.[15] Con todo, foi capaz de adaptarse con éxito aos cambios na normativa trala introdución da regra da cesión, e mantivo un alto nivel de rendemento ao longo da súa carreira, aínda que os porteiros debían xogar con máis frecuencia cos pés.[44] Ademais de nas súas funcións de porteiro, Zenga tamén destacou pola súa forte mentalidade e liderado desde atrás, polo seu temperamento,[5][15][45] e pola súa actitude cando estaba baixo presión, non desconcentrándose se cometía algún erro.[46]

O seu outro alcume, L'Uomo Ragno ("Spider-Man"),[1] non está relacionado coas súas habilidades como porteiro, senón cunha circunstancia acaecida en 1992. Mentres respondía preguntas sobre a súa exclusión da selección italiana, cantou suavemente unha canción da banda italiana 883, chamada Hanno ucciso l'Uomo Ragno ("Mataron a Spider-Man"),[16] o que levou aos medios e seguidores a chamalo como o personaxe de Marvel Comics.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou por primeira vez con Elvira Carfagna, coa que tivo un fillo, Jacopo, tamén futbolista. Posteriormente casou coa personalidade televisiva Roberta Termali, coa que tivo dous fillos máis, Nicolò e Andrea.[47] En 2005 casou con Raluca Rebedea, romanesa de 23 anos,[48] con quen tivo dous fillos, Samira Valentina, nada en 2009 e Watler, nado en 2012.[49] En 2020 a parella anunciou o seu divorcio.[49]

En abril de 2012 obtivo a cidadanía romanesa.[50]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Inter de Milán

Adestrador

[editar | editar a fonte]
FCSB
Estrela Vermella de Belgrado
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Hall, Richard (5 de xuño de 2014). "Internazionale: Serie A alternative club guide". The Guardian (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  2. "Legend of Calcio: Walter Zenga" (en inglés). 13 de setembro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  3. "IFFHS' Century Elections". rsssf.org (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 "ZENGA Walter: l’uomo ragno non muore mai" (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "10 things you need to know about Walter Zenga" (en inglés). 1 de agosto de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  6. "Italy - Record International Players". rsssf.org (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  7. "Zenga: "Spero non serva una serata da eroe"". la Repubblica (en italiano). 29 de outubro de 1986. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  8. Granello, Licia (19 de novembro de 1987). "Mia cara Inter, ti lascio così". La Repubblica (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  9. "Zenga e Tacconi: quando la rivalità era uno spettacolo". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 18 de outubro de 2002. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  10. Bianchi, Fulvio (25 de setembro de 1990). ""Ho fatto troppa panchina"". La Repubblica (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 "Calcio, La beffa di Maradona rovina le notti magiche". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 21 de maio de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  12. "La Storia dei Mondiali: I record individuali". La Repubblica (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Di Corrado, Beppe (2 de xuño de 2009). "Walter Zenga esonerato da Zamparini dopo l'1 a 1 con il Catania" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  14. "Mondiali 1990: Italia-Inghilterra 2-1" (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Granello, Licia (8 de setembro de 1992). "A SACCHI PIACE IL N.1 IN SILENZIO". La Repubblica (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  16. 16,0 16,1 Monti, Fabio (5 de setembro de 1992). "Sacchi ha deciso: fuori Zenga". Corriere della Sera (en italiano). p. 34. 
  17. "MLS: New England signs Zenga as player-coach" (en inglés). 28 de outubro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2022. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  18. "UFFICIALE: Walter Zenga si dimette dalla Dinamo Bucarest" (en italiano). 25 de novembro de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  19. Finocchiaro, Giovanni (1 de abril de 2008). "Zenga riparte da Catania". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 
  20. "Buona la prima di Zenga a Catania sonoro 3-0 a un Napoli svagato". La Repubblica (en italiano). 6 de abril de 2008. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  21. "Zenga-Catania fino al 2010". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 11 de decembro de 2008. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  22. "GIANNI VIO, Lo stratega dei calci piazzati" (en italiano). 8 de decembro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  23. "Zenga va al Palermo: "Fortunato e fiero di essere qui"" (en italiano). 5 de xuño de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  24. "El Palermo destituye a Walter Zenga". Marca (en castelán). 23 de novembro de 2009. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  25. "Ha firmato un biennale con l'Al-Nasr". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 11 de maio de 2010. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  26. "Walter Zenga fired as Al-Nasr coach" (en inglés). 24 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  27. Hammond, Ashley (5 de xaneiro de 2011). "Inter and Italy legend Zenga appointed as Al Nasr coach" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  28. "Zenga sbarca a Genova: «Quanta emozione, finalmente sono tornato!»" (en italiano). 4 de xuño de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  29. "Vincenzo Montella replaces former Arabian Gulf League manager Walter Zenga at Sampdoria" (en inglés). 16 de novembro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  30. "Al Shaab terminate Zenga's contract by mutual consent" (en inglés). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  31. "Walter Zenga appointed as new head coach of Wolves" (en inglés). 30 de xulllo de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  32. "Walter Zenga: Wolves boss says players' spirit has led to unbeaten start". BBC (en inglés). 20 de agosto de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  33. "Walter Zenga: Wolves sack head coach after 87 days in charge". BBC (en inglés). 25 de outubro de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  34. "Official: Crotone appoint Zenga" (en italiano). 8 de decembro de 2017. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  35. "Venezia, esonerato Vecchi. Panchina affidata a Zenga" (en italiano). 12 de outubro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  36. "Venezia, esonerato Zenga: Cosmi nuovo allenatore". la Repubblica (en italiano). 5 de marzo de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  37. "Walter Zenga nuovo allenatore del Cagliari". Cagliari Calcio (en italiano). 3 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  38. "Il Cagliari lo esonera, Zenga avvelenato: “salvezza tranquilla, ho sbagliato ad accettare un contratto per il 7° posto”" (en italiano). 2 de agosto de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  39. Grandini, Carlo; Nascimbeni, Giulio; Perrone, Roberto (20 de decembro de 1992). "Brera, la firma impossibile da imitare". Corriere della Sera (en italiano). 
  40. 40,0 40,1 Ansaldo, Marco (26 de febreiro de 1995). "Peruzzi. La mia sfida con Zenga". La Stampa (en italiano). p. 33. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 "Pagliuca e Zenga, sfida all'ultimo volo". La Stampa (en italiano). 22 de setembro de 1991. p. 27. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  42. Bianchi, Fulvio (5 de xullo de 1990). "Zenga contro tutti". la Repubblica (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  43. Ranieri, Gianni (2 de xullo de 1990). "Zenga: Napoli ci amerà". La Stampa (en italiano). p. 6. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  44. "Portieri, anche i piedi hanno le ali. (in Italian). 28 June 1993. Retrieved 10 October 2015.". Corriere della Sera (en italiano). 28 de xuño de 1993. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  45. Nassetti, Filippo (8 de xaneiro de 2016). "5 portieri scudettati per 50 anni di Inter, visti da Luciano Castellini" (en italiano). Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  46. "Uno su tutti". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 3 de setembro de 2005. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  47. "La nuova sfida di Zenga: a Bucarest per rinascere". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 25 de xullo de 2002. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  48. "Zenga cuore diviso in due". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 22 de abril de 2008. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  49. 49,0 49,1 "Walter Zenga, chi sono i figli Samira Valentina e Walter Junior" (en italiano). 29 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2022. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  50. "Zenga a povestit peripeţiile din România! Vezi ce a păţit la FC Naţional, Steaua şi Dinamo!" (en romanés). 3 de abril de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Walter_Zenga

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy