Álvaro Cebreiro
Álvaro Cebreiro Martínez, nado na Coruña o 26 de maio de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1956, foi un debuxante, ilustrador e caricaturista galego, artista precoz que se deu a coñecer en A Nosa Terra cando só tiña dezaseis anos de idade.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de maio de 1903 A Coruña, España |
Morte | 9 de novembro de 1956 (53 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, ilustrador, caricaturista |
Obra | |
Obras destacables
| |
Traxectoria
editarEstudou na Escola de Comercio da Coruña. En 1919 comezou a colaborar en A Nosa Terra, Mondariz e Alborada facendo caricaturas. Fixo a primeira exposición en 1920 na sede das Irmandades da Fala da Coruña. Traballou en El Pueblo Gallego, El Sol, Faro de Vigo, Vida Gallega, El Ideal Gallego, Galicia Emigrante, Mariñana, As Roladas, Ronsel e Alfar, e deseñou a cabeceira de Mar y Tierra.
Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922, xunto co poeta Manuel Antonio escribiu o manifesto Máis alá!, relativo á vangarda artística e literaria galega. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e fixo amizade con varios artistas, entre eles Tsuguharu Foujita. En 1926 fixo debuxos para a edición da obra de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte. O drama da Guerra Civil trocoulle o carácter, deixou de coidarse e tivo que pasar varias tempadas no sanatorio antituberculoso de Ferrol, non volveu publicar ata 1945. En 1950 volveu publicar debuxo de humor en El Ideal Gallego[1]. Ingresou en 1953 na Real Academia Galega de Belas Artes "Nosa Señora do Rosario" e pouco despois recibiu unha homenaxe organizada por diversos persoeiros como Camilo José Cela, Ramón Cabanillas, Francisco Asorey, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Mariano Tudela e José María Castroviejo.[2]
Recoñecementos
editarO 1 de decembro de 2015, a rúa General Mola da cidade da Coruña pasou a chamarse "Álvaro Cebreiro".[3]
Obra
editar- Dibuxos de Cebreiro (1958). Con prólogo de Otero Pedrayo e epílogo de José Fernández Méndez.
Notas
editar- ↑ "Álvaro Cebreiro". La Voz de Galicia. Consultado o 28/05/2018.
- ↑ López, Siro: "Cebreiro, Álvaro" en Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ "Adeus General Mola, adeus Juan Canalejo". Sermos Galiza. 1 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2015. Arquivado 05 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Álvaro Cebreiro |
Bibliografía
editar- Diccionario enciclopédico galego universal 14. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 85. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 239.
- Tudela, M. (1983). Álvaro Cebreiro. O movemento renovador da Arte galega. Ediciós do Castro.