1903
ano
1903 (MCMIII) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.
1903 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1903 MCMIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2656 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1352 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4599 – 4600 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5663 – 5664 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1958 – 1959 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1825 – 1826 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5004 – 5005 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1281 – 1282 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1321 – 1322 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2153 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
editar- 22 de xaneiro - O Senado dos Estados Unidos ratifica o Tratado Hay-Herran, que garante o dereito de construír o Canal de Panamá. A Colombia rexeita o tratado.
- 30 de abril - Eleccións xerais en España.
- 1 de xullo - Comeza o primeiro Tour de Francia.
- 18 de xullo - Estréase A Ponte, primeiro drama galego en prosa, da autoría de Lugrís Freire.
- 4 de agosto - Pío X é elixido papa.
- 28 de agosto - Fúndase a Harley-Davidson Motor Company.
- 3 de novembro - Panamá independízase de Colombia.
- 6 de novembro - Arxentina: o perito Francisco Pascasio Moreno dona para a fundación do primeiro parque nacional tres leguas do terreo da Patagonia que lle foron adxudicadas polos seus traballos na fronteira con Chile.
- 17 de decembro - En Kitty Hawk, Carolina do Norte (Estados Unidos), Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I, construído xunto co seu irmán Wilbur.
- 21 de decembro - O Senado holandés adopta unha lei para protexer ós traballadores dos accidentes laborais.
Arte e literatura
editar- Publicación de Les affaires sont les affaires, de Octave Mirbeau.
- 15 de novembro - Estrea en Praga da ópera Tiefland de Eugen d'Albert.
- Estrea da curtametraxe muda Sherlock Holmes Baffled, de Arthur Marvin.
Prensa escrita
editarEn España
editar- 1 de xaneiro - Nace ABC.
En Galicia
editar- Xaneiro - Nace o xornal vigués Noticiero de Vigo (ata 1915).
- Comeza a publicación do xornal ourensán La República (ata 1908).
- Nace o xornal coruñés Tierra Gallega (ata 1917).
Nacementos
editar- 7 de xaneiro - Adán Bargielski, sacerdote polaco (m. 1942).
- 22 de xaneiro - Fernando Calvet Prats, bioquímico catalán (m. 1988).
- 27 de xaneiro - John Carew Eccles, neuropsicólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1997).
- 3 de febreiro - Arie den Arend, compositor neerlandés (m. 1982).
- 13 de febreiro - Georges Simenon, escritor belga (m. 1989)
- 21 de febreiro
- Anaïs Nin, escritora francesa (m. 1977).
- Raymond Queneau, escritor francés (m. 1976).
- 26 de febreiro - Giulio Natta, químico italiano, Premio Nobel de Química (m. 1979).
- 24 de marrzo - Adolf Butenandt, bioquímico alemán, Premio Nobel de Química en 1939 (m. 1995).
- 25 de marzo - Benno Roth, sacerdote e historiador da igrexa austríaco (m. 1983).
- 4 de abril - José María Acuña López, escultor galego (m. 1991).
- 24 de abril - José Antonio Primo de Rivera, político español.
- 25 de abril - Andrei Nikolaevich Kolmogorov, matemático ruso (m. 1987).
- 3 de maio - Bing Crosby, cantante e actor estadounidense (m. 1977).
- 8 de maio - Fernandel, actor e cantante francés (m. 1971).
- 21 de maio - Pedro Eugenio Aramburu, militar e político arxentino (m. 1970).
- 26 de maio - Álvaro Cebreiro, debuxante galego (m. 1956).
- 2 de xuño - Max Aub, escritor en lingua castelá de orixe franco-alemá (m. 1972).
- 6 de xuño - Hernán Poza Juncal, mestre e pedagogo galego (m. 1967).
- 7 de xuño - Alexandre Bóveda, intelectual galeguista (m. 1936).
- 9 de xuño - Felice Bonetto ("Il Pirata"), piloto de carreiras italiano (m. 1953).
- 14 de xuño - Alonzo Church, matemático estadounidense (m. 1995).
- 21 de xuño - José Almoina, escritor e político galego (m. 1960).
- 25 de xuño - George Orwell, escritor británico (m. 1950).
- 29 de xuño - Justino Azcárate, avogado e político español (m. 1989).
- 4 de xullo - Jacinto Calvo López, político galego (m. 1993).
- 6 de xullo - Hugo Theorell, científico sueco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1982)
- 6 de agosto - Juan Ajuriaguerra, político vasco (m. 1978).
- 11 de agosto - Ánxel Fole, escritor galego (m. 1986).
- 27 de agosto - Florencio Delgado Gurriarán escritor galego (m. 1987).
- 11 de setembro - Theodor Adorno, filósofo e musicólogo alemán (m. 1969).
- 13 de setembro - Claudette Colbert, actriz estadounidense (m. 1996).
- 15 de setembro - Roy Acuff, músico estadounidense (m. 1992).
- 20 de setembro - Alexandre Deulofeu, político e filósofo catalán (m. 1978).
- 24 de setembro - Lino Novás Calvo, escritor galego en castelán (m. 1983).
- 30 de setembro - Jean Baptiste Dieter, eclesiástico alemán (m. 1955).
- 5 de outubro - Germinal Esgleas Jaume, anarcosindicalista catalán (m. 1981).
- 14 de outubro - Jesús Castaño Galdo, político galego (m. 1937).
- 17 de outubro - Andrés Espinosa, alpinista e aventureiro vasco (m. 1985).
- 18 de outubro
- Alec Douglas-Home, político británico (m. 1995).
- Silvio Santiago, escritor galego (m. 1974).
- 20 de outubro - Victoriano Marcos Alonso, político e militar galego (m. 1958).
- 23 de outubro - José Barral Souto, economista, estatístico e actuario galego nacionalizado arxentino (m. 1976).
- 27 de outubro - Antonio Ramos Varela, escritor e político galego (m. 1945).
- 3 de novembro - Walker Evans, fotógrafo estadounidense (m. 1975).
- 7 de novembro
- Ary Barroso, compositor brasileiro (m. 1964).
- Konrad Lorenz, zoólogo austríaco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1989).
- 13 de novembro - Emilio González López, historiador e político galego (m. 1991).
- 21 de novembro - Itō Einosuke, escritor xaponés (m. 1959).
- 27 de novembro - Lars Onsager, químico noruegués, Premio Nobel de Química (m. 1976).
- 28 de novembro - Jacinto Argaya, bispo navarro (m. 1993).
- 5 de decembro - Cecil Frank Powell, físico británico, Premio Nobel (m. 1969).
- 12 de decembro - Yasujiro Ozu, cineasta xaponés (m. 1963).
- 17 de decembro - Erskine Caldwell, xornalista e novelista estadounidense (m. 1987).
- 19 de decembro - George Davis Snell, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1996).
- 22 de decembro - Haldan Keffer Hartline, fisioloxista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1967 (m. 1983).
- 28 de decembro - John von Neumann, físico e matemático húngaro-estadounidense (m. 1957).
- 29 de decembro - Candido Portinari, pintor brasileiro (m. 1962).
- Leoncio Areal Herrera, médico e político galego (m. 1984).
- Juan Beceiro Amado, tradutor, lexicógrafo e militar galego (m. 1990).
- Balbino Cerdeiras, dentista e político galego (m. 1937).
- Alfredo Espinosa, médico e político vasco (m. 1937).
Mortes
editar- 5 de xaneiro - Práxedes Mateo Sagasta, presidente do Goberno español (n. 1825).
- 19 de xaneiro - Ramón Álvarez García, xornalista galego (n. 1870).
- 9 de febreiro - Carlos O'Donnell y Álvarez de Abreu, militar e político español (n. 1834).
- 21 de febreiro - José García Barzanallana, avogado e político español (n. 1819).
- 22 de febreiro - Victor Meirelles, pintor brasileiro (n. 1832).
- 2 de marzo - Rafael Zaldívar, médico e político salvadoreño (n. 1834).
- 21 de marzo - Carlos Basilio Ezeta, militar, presidente do Salvador (n. 1852).
- 31 de marzo - Aureliano Linares Rivas, xornalista e político galego (n. 1841).
- 8 de maio - Paul Gauguin, pintor francés (n. 1848).
- 15 de maio - Víctor Castro Soto, xornalista galego (n. 1839).
- 20 de maio - Marcial Valladares Núñez, novelista e lexicógrafo galego (n. 1821).
- 11 de xuño - Alexandre I, rei de Serbia (n. 1876).
- 14 de xuño - Karl Genenbaur, anatomista alemán (n. 1826).
- 17 de xuño - Gonzalo Brañas Sánchez-Boado, xornalista e escritor galego (n. 1840).
- 22 de xuño - Eugenio Sequeiros Matos, médico e político galego.
- 1 de xullo - Jesús Muruais, avogado, escritor e crítico literario galego (n. 1852).
- 11 de xullo - William Ernest Henley, poeta inglés (n. 1849).
- 17 de xullo - James McNeill Whistler, pintor estadounidense (n. 1834).
- 18 de xullo - Pedro Rodríguez Gómez, xornalista galego.
- 20 de xullo - León XIII, Papa (n. 1810).
- 27 de xullo - Lina Sandell, escritora sueca (n. 1832).
- 11 de agosto - Eugenio María de Hostos, escritor e educador portorriqueño.
- 27 de agosto - Kusumoto Ine, médica xaponesa (n. 1827).
- 4 de setembro - Darío García Taboada, mestre e xornalista galego.
- 13 de setembro - Darío Ulloa, xornalista e maxistrado galego.
- 18 de setembro - Alexander Bain, filósofo escocés (n. 1818).
- 2 de outubro - Carl Schleicher, pintor austríaco (n. 1825).
- 29 de outubro - Gonzalo Vázquez Moure, médico e político galego.
- 31 de outubro - Casiano Martínez Blanco, avogado e político galego.
- 1 de novembro - Theodor Mommsen, premio Nobel de Literatura en 1902 (n. 1817).
- 4 de novembro - Arturo Carretero, xilógrafo e gravador galego (n. 1847).
- 12 de novembro - Camille Pissarro, pintor francés (n.1830).
- 20 de novembro - Enrique Sors Martínez, avogado e político galego.
- 25 de novembro - Sabino Arana Goiri, político vasco (n. 1865).
- 26 de novembro - Ramón María Otero, avogado e político galego (n. 1819).
- 1 de decembro - Perfecto Conde Fernández, médico e profesor galego (n. 1847).
- 8 de decembro - Herbert Spencer, filósofo inglés (n. 1820).
- Charles Warren Adams, escritor inglés (n. 1833).
- Miguel Fernández Dios, xornalista galego.
- Lorenzo Fraga Padín, avogado e político galego.
- Paul Gourret, zoólogo francés (n. 1859).
- Jesús de Monasterio, violinista e compositor español (n. 1826).
- Casiano Pérez Batallón, avogado e político galego (n. 1839).
- Julián Rodríguez de Cea, industrial e xornalista galego.
- Vicente Donato Villarnovo, político galego.
Premios Nobel
editarOutros
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1903 |