29 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- -539: Ciro II de Persia entra en Babilonia.
- 1507: O almirante Diego Colón é nomeado gobernador das Indias por Fernando o Católico.
- 1675: Leibniz utiliza por vez primeira o s longo, ∫, para simbolizar a integral matemática.
- 1787: no Teatro Estatal de Praga, Mozart estrea a ópera Don Giovanni.
- 1863: Fundación da Cruz Vermella.
- 1876: Fúndase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza.
- 1876: Publícase en O Tio Marcos d'a Portela o primeiro anuncio en galego, foi das máquinas de coser Singer.
- 1929: Martes negro da Bolsa dos Estados Unidos, que dá lugar á Gran Depresión
- 1933: Fundación da Falange Española por parte de José Antonio Primo de Rivera.
- 1937: Son asasinadas en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) María del Valle Lozano e Salud Torres Díaz.
- 1977: Abre as súas portas por primeira vez o Museo do Pobo Galego.
- 2004: Os xefes de Estado da Unión Europea asinan un tratado que estabelece unha Constitución para Europa que deberá ser ratificada por cada estado membro antes de entrar a ser aplicada.
Nacementos
editar- 1507 - Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba, militar e político español.
- 1897 - Joseph Goebbels, político, xornalista e escritor alemán (m. 1945).
- 1906 - Fredric Brown, escritor norteamericano (m. 1972).
- 1932 - Xesús Mato, crego e musicólogo galego (m. 2024).[1]
- 1935 - Isao Takahata, director de cine xaponés.
- 1938 - Ralph Bakshi, cineasta e animador estadounidense.
- 1945 - Carlos Varela Veiga, cineasta galego (m. 1980).
- 1947 - Richard Dreyfuss, actor estadounidense.
- 1958 - Stefan Dennis, actor australiano.
- 1971 - Winona Ryder, actriz estadounidense.
- 1990 - Amarna Miller, actriz española.
Mortes
editar- 1911 - Joseph Pulitzer, editor estadounidense (n. 1847).
- 1932 - Reveriano Soutullo, compositor musical galego.
- 1936 - Ramiro de Maeztu, escritor español asasinado polo bando republicano na guerra civil.
- 1945 - Xosé Arcos Moldes, perito mercantil e xornalista galego (n. 1863).
- 1957 - Louis B. Mayer, produtor cinematográfico estadounidense.
- 1981 - Georges Brassens, cantautor francés (n. 1921).
- 1996 - Maximino Romero de Lema, bispo galego (n. 1911).
- 2010 - Marcelino Camacho, sindicalista e político español (n. 1918).
- 2016 - Fermín Bouza Álvarez, sociólogo e escritor galego (n. 1946).
- 2018 - Gustavo Pernas, dramaturgo, actor e director teatral galego (n. 1959).
- 2020 - Xosé Manuel Millán Otero, escritor e político galego (n. 1964).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santa Ermelinda, virxe; San Fidel, mártir; San Feliciano, mártir; San Maximiliano, bispo; San Narciso de Xerusalén, bispo.
Notas
editar- ↑ Europa Press/Redacción (13 de febreiro de 2024). "Falece Xesús Mato, sacerdote do pobo e fundador de Fuxan os Ventos". galiciaconfidencial.com. Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "29 de octubre, día mundial del Ictus". bservatoriodelictus.com (en castelán). 31 de outubro de 2014. Archived from the original on 31 de outubro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2024.
- ↑ "Día Mundial de la Psoriasis y de la Artritis Psoriásica 2020". accionpsoriasis.org (en castelán). 19 de outubro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2024.