6 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 6 de outubro é o 279º día do ano do calendario gregoriano (280º nos anos bisestos). Quedan 86 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 105 a. C.: sucede o peor desastre militar da historia de Roma: a batalla de Arausio, na que dous exércitos da República son derrotados por cimbros e teutóns. Baixas superiores a 100 000 homes (12 lexións, tropas auxiliares, etc).
- 1214: Henrique I de Castela é proclamado rei á morte de seu pai, Afonso VIII.
- 1511: Créase en Santo Domingo a primeira audiencia de América, institución con atribucións xurídicas e gobernativas.
- 1623: Diego Velázquez é nomeado pintor da Cámara de Filipe IV de España.
- 1750: Publícase o prospecto, redactado por Diderot, que anuncia a Encyclopédie.
- 1771: Pragmática de Carlos II na que prohibe os xogos en España.
- 1780: Realízase en Buenos Aires a primeira impresión por parte da Imprenta dos Nenos Expósitos.
- 1793: En Francia entra en vigor o calendario republicano.
- 1850: Viaxe aérea de París a Bruxelas no globo Ville de París, con 6 pasaxeiros a bordo.
- 1866: Circula o primeiro automóbil, nos Estados Unidos.
- 1889: Thomas Alva Edison exhibe a súa primeira película.
- 1890: Os mormóns abolen oficialmente a poligamia nos EUA
- 1903: Próbase nun suburbio de Berlín unha locomotora Siemens que alcanza por primeira vez na historia os 200 km/h.
- 1907: Discurso de Manuel Lugrís Freire en galego, nun mitin, en Betanzos. É a primeira vez de uso político popular do idioma galego rexistrado.
- 1922: A Universidade de Salamanca nomea doutora honoris causa a Santa Tareixa de Xesús na presenza do rei Afonso XIII.
- 1924: Un bando do alcalde de Madrid autoriza os automóbiles a circular a unha velocidade máxima de 40 quilómetros por hora.
- 1925: O goberno español concede a Gran Cruz Laureada de San Fernando, o tenente xeneral Primo de Rivera.
- 1927: Nace o cine sonoro, coa proxección no teatro Warner de Nova York da película O cantor de jazz, de Alain Grosland. A cinta levaba anexa unha banda que recollía a voz humana.
- 1927: Walt Disney crea o heroe das curtametraxes de debuxo animados, Mickey Mouse.
- 1931: Os aviadores estadounidenses Panghorn e Rendón realizan un voo sen escalas a través do pacífico, dende o Xapón até Wenatchee (Washington).
- 1934: O Goberno proclama o estado de guerra en toda España ante a revolta orixinada principalmente en Oviedo, que cae no poder dos revolucionarios, e Barcelona, onde o presidente da Generalitat, Lluís Companys, proclama o Estado Catalán dentro da República Federal Española.
- 1939: Hitler expón ante o Reichstag o balance da campaña de Polonia e propón unha reordenación de Europa.
- 1944: Fundación no Cairo da Liga Árabe, integrada orixinariamente por Exipto, Iemen, Arabia Saudita, Siria, Iraq, Líbano e Transxordania.
- 1951: Iosif Stalin confirma a realización de investigacións sobre a bomba atómica na URSS.
- 1973: Empeza a Guerra do Yom Kippur, cuarta guerra árabe-israelí, de 19 días de duración.
- 1974: O brasileiro Emerson Fittipaldi proclámase campión mundial de Fórmula 1.
- 1978: O sha de Irán, Reza Pahlevi, entrega o poder os militares.
- 1979: Por primeira vez un Papa, Xoán Paulo II, entra na Casa Branca, residencia dos presidentes dos Estados Unidos.
- 1981: Integristas musulmáns matan ao presidente exipcio, Anwar El Sadat, durante un desfile militar conmemorativo da vitoria na guerra do Yom Kippur.
- 1983: O Congreso dos Deputados español aproba o proxecto de lei da despenalización parcial do aborto.
- 1987: O coronel Rabuka proclama a República de Fidxi.
- 1992: Checoslovaquia: checos e eslovacos acordan dividir a República en dous estados independentes a partir do 1 de xaneiro de 1993.
- 1993: Michael Jordan anuncia a súa retirada do baloncesto.
- 1997: O médico estadounidense Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Medicina polo seu descubrimento dos prións.
- 2002: O papa Xoán Paulo II canoniza a Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei.
- 2002: Os astrónomos anuncian o descubrimento dun pequeno satélite do planeta Urano, identificado como S 2001 U1
Nacementos
editar- 1552 - Matteo Ricci, misioneiro xesuíta italiano.
- 1682 - Bruno Mauricio de Zabala, político español fundador de Montevideo. Foi gobernador e capitán xeneral de Buenos Aires.
- 1773 - Luís Filipe, duque de Chartres (1785-1793), duque de Orleáns(1793-1830) e futuro rei de Francia (1830-1848).
- 1803 - Heinrich Wilhelm Dove, físico alemán.
- 1829 - Enrique Pérez Escrich, escritor español.
- 1846 - George Westinghouse, inventor, enxeñeiro e industrial estadounidense.
- 1847 - Carlos Martínez Silva, político e escritor colombiano.
- 1848 - Luís Taboada, escritor galego (m. 1906).
- 1858 - José Podestá, dramaturgo e empresario teatral arxentino.
- 1887 - Charles-Edouard Jeanneret Gris “Le Corbusier”, arquitecto, urbanista, escultor e pintor francés de orixe suíza (m. 1965).
- 1887 - María Jeritza, soprano checa.
- 1887 - Martín Luis Guzmán, escritor mexicano.
- 1889 - Manuel Suárez Castro, político socialista galego (m. 1936).
- 1903 - Ernest T. Sinton Walton, físico irlandés, pioneiro no campo da física nuclear e Premio Nobel de Física en 1951.
- 1905 - Helen Newington Wills, tenista estadounidense.
- 1906 - Janet Gaynor, actriz estadounidense.
- 1907 - F. José Gabilondo Soler, músico mexicano.
- 1908 - Carole Lombard, actriz de cine estadounidense.
- 1912 - José Maldonado y Fernández del Torco, xurista e académico español.
- 1914 - Thor Heyerdahl, antropólogo e explorador noruegués.
- 1916 - Rafael Calvo Serer, xornalista, escritor e mestre español.
- 1927 - Paul Badura-Skoda, pianista e musicólogo austríaco.
- 1928 - Hafiz al-Assad, politizo e presidente de Siria (1971-2000) .
- 1929 - Manuel María, poeta galego (m. 2004).
- 1932 - Luis Ángel de la Viuda, xornalista español.
- 1944 - Ánxel Huete, pintor galego.
- 1944 - Merzaq Allouache, cineasta alxeriano.
- 1947 - Patxi Andión, cantante, actor e mestre español.
- 1955 - Paco Ojeda, matador de touros español.
- 1963 - Elisabeth Shue, actriz estadounidense.
- 1976 - Seann William Scott, actor estadounidense.
- 1980 - Silvia Penas, escritora galega.
Mortes
editar- 877 - Carlos II o Calvo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.(875-877), e rei de Francia (843-877).
- 1214 - Afonso VIII, Rei de Castela (1158-1214).
- 1285 - Filipe III, rei de Francia.
- 1611 - Margarida de Austria, muller de Filipe III de España.
- 1644 - Isabel de Borbón, primeira muller de Filipe IV de España.
- 1849 - Luis Aulich, xeneral húngaro.
- 1861 - Andrés García Camba, militar, político e escritor galego (n. 1793).
- 1862 - Francisco Acuña de Figueroa, poeta uruguaio.
- 1891 - Charles Stewart Parnell, político irlandés.
- 1892 - Alfred Tennyson, poeta inglés.
- 1914 - Delmira Agustini, poetisa uruguaia.
- 1917 - Enrique Peinador Vela, médico e empresario galego (n. 1847).
- 1919 - Ricardo Palma, escritor peruano.
- 1923 - Andrés Martínez Salazar, investigador e transcritor da Crónica Troiana.[1]
- 1929 - Guillermo Álvarez Pérez, arquitecto e filántropo galego (n. 1867).
- 1936 - Andrés Carranque de Ríos, novelista, poeta, actor e xornalista español.
- 1936 - Manuel Villar Cimadevila, político e xornalista galego (n. 1896).
- 1951 - Will Keith Kellogg, industrial estadounidense.
- 1959 - Bernard Berenson, historiador e escritor estadounidense.
- 1960 - Manuel Celso Garrido, mestre e escritor galego (n. 1915).
- 1962 - Tod Browning, director de cine estadounidense.
- 1969 - Pepe Pinto, cantaor español.
- 1981 - Muḥammad Anwar as-Sādāt, político e militar, presidente da República exipcia e Premio Nobel da Paz en 1978.
- 1989 - Bette Davis, actriz estadounidense.
- 1992 - Paul Mandel, científico francés.
- 1992 - Evelio Mustelier, "Kid Tunero", boxeador cubano.
- 1992 - Denholm Elliot, actor británico.
- 1999 - Amália Rodrigues, cantante portuguesa, unanimemente considerada "a voz de Portugal".
- 2000 - Michael Smith, químico canadense, Premio Nobel de Química en 1993.
- 2002 - Claus Von Amsberg, príncipe dos Países Baixos, marido da raíña Beatriz.
- 2020 – Eddie Van Halen, guitarrista holandés-estadounidense de Van Halen (n. 1955).
Festas e celebracións
editar- Día Mundial da Arquitectura
- Día Mundial da Parálise Cerebral [2] Arquivado 03 de outubro de 2022 en Wayback Machine.
Outros
editar- Santoral: San Bruno (fundador dos cartuxos). María Ana Mogas Foncuberta (fundadora das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino). Sagar, Barto, Baldovino, Probo, Renato, Román, Térico, Artaldo, Apolinar, Fraterno e Magno (Bispos); María Francisca das Cinco Chagas (Confesora); Godofredo (Abade); Alberta, Marcelo, Casto, Sadurniño e Emilio (Beatos); Diego, Fe, Vera, Balduíno e Diego Luis de San Vitores (Martires).