Balbino Cerdeiras
Balbino Cerdeiras Rey, nado en Viveiro en 1903 e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un dentista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Viveiro, España |
Morte | 12 de maio de 1937 (33/34 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Viveiro | |
abril de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← José Santiago Seijo – Salvador Pérez-Labarta Pillado → | |
Actividade | |
Ocupación | odontólogo, político |
Traxectoria
editarEstivo emigrado en Cuba. Regresou a Viveiro e na Segunda República militou no Partido Galegista. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro en representación do Partido Galeguista polo gobernador civil,[1] e alcalde de Viveiro en abril de 1936.[2] Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido con algúns concelleiros o 27 de xullo, permaneceu en situación de arresto domiciliario durante varios días, até que ingresou no cárcere a principios de agosto. Foi xulgado en consello de guerra, xunto con outros membros da corporación municipal, acusado de rebelión militar o 11 de marzo de 1937.[3] Condenado a pena de morte, foi fusilado en Lugo o 12 de maio de 1937.
Homenaxes
editarO paseo fluvial que percorre o río Landro dende Verxeles até Portochao leva, dende o ano 2007, o seu nome,[4] ademais recibiu diversas homenaxes, xunto con outros represaliados polo franquismo, a último realizada por Galiza Nova o 18 de decembro de 2010.[5]
Notas
editar- ↑ El Progreso, 7-3-1936, p. 2.
- ↑ David Simón Lorda. Ourense Dixital, ed. "Médicos ourensáns represaliados na guerra civil e na posguerra". Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ El Compostelano, 12-3-1937, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (24 de outubro de 2007). "El paseo del Landro lleva el nombre del último alcalde republicano". Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (12 de decembro de 2010). "Galiza Nova renderá homenaxe en Viveiro aos represaliados do franquismo". Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Nuevo Cal, Carlos (2003). A represión fascista nas terras de Viveiro in A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria. Narón, 4 a 7 de decembro de 2003 (PDF). Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de marzo de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 84–90. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
Ligazóns externas
editarPredecesor: José Santiago Seijo |
Alcalde de Viveiro 1936 |
Sucesor: Salvador Pérez-Labarta Pillado |