Montes Šar
Os montes Šar en albanés Malet e Sharrit, Sharr); (en macedonio Шар Планина, Šar Planina é unha cadea de montañas situada na fronteira sur de Kosovo[1] e a parte noroeste de Macedonia do Norte.
Os montes Šar esténdense até o monte Korab (2764 m) no sueste (e nordeste de Albania). Están situados en torno aos 42º de latitude Norte e os 44º 20' de lonxitude leste
Características
editarA cadea montañosa ten ao redor de 80 km de longo, cuns de 10 a 20 km de largo. Ten varios picos de grande altura, entre eles:
- Titov Vrv (2 747 m), o cumio máis alto.
- Turcin (2 702 m)
- Borislavec (2 662 m)
- Rudoka (2 610 m)
- Ljuboten (2 498 m)
A vexetación que o cobre inclúe cultivos por riba dos 1 000 m, bosques por riba dos 1 700 m e praderías que abarcan ao redor de 550 km². Os montes Šar comnstitúen a máis grande área compacta con praderías do continente europeo.
A zona é coñecida como a de orixe do can Šarplaninac, (en macedonio Šarplaninec, en albanés Qeni i Sharrit), que foi criado nestas praderías.
O Parque Nacional de Šar/Sharr
editarO Parque Nacional de Šar está no territorio de Kosovo e abarca 380 km2, dos contrafortes setentrionais dos Šar/Sharr. Gábase de ser o reduto do endémico piñeiro de Macedonia (Pinus peuce) e do piñeiro negro (Pinus uncinata), así como da rosa alpina. É o hábitat de linces, osos, gamos, lobos, corzos, xabaríns e outras especies. Foi declarado parque nacional en 1986.[2]
Un lugar chamado Gine voda é unha atracción especial, porque o piñeiro negro, o piñeiro de Macedonia, a picea e o sicómoro están representados todos nunha zona moi pequena.
O Parque Nacional de Šar, no que abundan pequenos ríos e regatos, esténdese polos municipios de Uroševac, Suharekë, Kaçanik e a próxima cidade de Prizren (en Kosovo) e os de Jegunovce, Tearce, Dzepciste, Tetovo e Gostivar (en Macedonia do Norte).
Galería
editar-
Estación de esquí nos Montes Šar, Kosovo
-
Desfiladeiro nos Montes Šar, Kosovo
-
Montes Šar, Macedonia
-
Pico Čaušica, Macedonia
Notas
editar- ↑ Kosovo ten un estatuto controvertido. Para o seu goberno é unha república idependente, mentres que para o de Serbia é unha provincia autónoma desta República.
- ↑ Ministerio do Medio Ambiente e Planificación Espacial Arquivado 17 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en albanés)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Montes Šar |
- SuummitPost.org Montes Šar (en inglés) Consultada o 10/2/2012.
- Macedonia. Land & Nature. Montes Šar (en inglés) Consultada o 10/2/2012.
- Parque Nacional Šar (en varias linguas) Consultada o 10/2/2012.