Larisa (lúa)
Dúas panorámicas de Larisa vistas pola Voyager 2. | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Harold J. Reitsema, William B. Hubbard, Larry A. Lebofsky, e David J. Tholen |
Descuberta en | 24 de maio do 1981 |
Características orbitais[1] | |
Época 18 de agosto do 1989. | |
Eixo semi-maior | 73.548 ± 1 km |
Excentricidade | 0,001393 ± 0,00008 |
Período orbital | 0,55465332 ± 0,00000001 d |
Inclinación | 0,251 ± 0,009° (respecto do ecuador de Neptuno) 0,205° (respecto do plano local de Laplace) |
é satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Dimensións | 216×204×168 kms (± ~10 kms)[2][3] |
Radio medio | 97 ± 3 kms[4] |
Masa | ~4,2 x 1018 kg (estimada)[5] |
Densidade media | ~1,2 g/cm3 (estimada) |
Período de rotación | asumida coma sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | ~presumiblemente cero |
Albedo (xeométrico) | 0,09[2][3][4] |
Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
Atmosfera | sen atmosfera |
Larisa ( ou en grego Λάρισα), tamén coñecida coma Neptuno VII, é o quinto satélite máis interior de Neptuno. Foi bautizado co nome de Larisa, unha amante de Poseidón (Neptuno) na mitoloxía grega.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Foi descuberto por Harold J. Reitsema, William B. Hubbard, Larry A. Lebofsky e David J. Tholen baseándose en observacións fortuítas das ocultacións feitas por Larisa das estrelas de "fondo"[6] que tiveron lugar o 24 de maio do 1981, dáselle a designación temporal de S/1981 N 1 e faise público o 29 de maio do 1981.[7] A lúa foi "recuperada" e confirmada coma un "único obxecto" dentro da órbita descrita previamente no ano 1981, esta confirmación obtívose tralo sobrevoo de Neptuno por parte da Voyager 2 no ano 1989,[8] recibiría pouco despois a designación adicional de S/1989 N 2, concretamente o 2 de agosto do 1989.[9] O anuncio de Stephen P. Synnott falaba de “10 fotogramas tomados en 5 días”, o cal ofrece unha data da "recuperación" algúns días antes do 28 de xullo. O nome oficial foi outorgado o 16 de setembro de 1991.[10]
Características
[editar | editar a fonte]Larisa é de forma irregular (non esférica) e aparece cheo de cráteres de impacto, e sen signos aparentes de cambios xeolóxicos. Pouco se coñece desta lúa, e coma no caso doutros satélites situados entre Tritón e Neptuno, esta lúa semella ser unha pila de cascallos "reagrupados" a partir de fragmentos de satélites orixinais de Neptuno, os cales foron pulverizados polas perturbacións de Tritón pouco despois de que a lúa fose capturada na súa moi excéntrica órbita inicial.[11]
A órbita de Larisa é case circular e por riba está por debaixo do radio da órbita sincrónica de Neptuno, está pois nunha lenta espiral cara ó planeta debido ó efecto de desaceleración que as mareas gravitatorias provocan e eventualmente podería impactar contra a atmosfera de Neptuno, ou partirse, creando un anel planetario unha vez traspasado o límite de Roche, debido á dispersión dos fragmentos da lúa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. doi:10.1086/423037.
- ↑ 2,0 2,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. doi:10.1016/S0019-1035(03)00002-2.
- ↑ 3,0 3,1 Williams, Dr. David R. (22-01-2008). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 13-12-2008.
- ↑ 4,0 4,1 JPL (Solar System Dynamics), ed. (24-10-2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 13-12-2008.
- ↑ A masa estimada está baseada na nunha densidade asumida de 1,2 g/cm³, e un volume de 3,5 x 106 km³ obtida a través dun modelo detallado da fisionomía de Larisa feito por P.J. Stooke (1994). "The surfaces of Larissa and Proteus". Earth, Moon ad Planets 65: 31. doi:10.1007/BF00572198.
- ↑ H.J. Reitsema; et al. (1982). "Occultation by a possible third satellite of Neptune". Science 215: 289–291. PMID 17784355. doi:10.1126/science.215.4530.289.
- ↑ IAU Circular 3608 describing the discovery of S/1981 N 1
- ↑ B.A. Smith; et al. (1989). "Votager 2 at Neptune: Imaging Science Results". Science 246: 1422. PMID 17755997. doi:10.1126/science.246.4936.1422. [na páxina 1435]
- ↑ IAU Circular 4824 describing the discovery of S/1989 N 2, 3, and 4
- ↑ "IAU Circular No. 5347". 16 de Setembro do 1991. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ D. Banfield and N. Murray (1992). "A dynamical history of the inner neptunian satellites". Icarus 99: 390. doi:10.1016/0019-1035(92)90155-Z.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Larissa Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 01 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Neptune's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)