Sevilla Fútbol Club
Sevilla | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sevilla Fútbol Club, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Sevillistas, Rojiblancos, Filigranas, Nervionenses | |||
Fundación | 25 de xaneiro de 1890 (134 anos) | |||
Estadio | Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla, España | |||
Inauguración | 1958 | |||
Capacidade | 43.883 | |||
Presidente | José Castro Carmona | |||
Adestrador | Julen Lopetegui | |||
Liga | Primeira División | |||
2018–19 | 6º | |||
Vestimenta | Nike | |||
Na rede | ||||
http://www.sevillafc.es | ||||
| ||||
O Sevilla Fútbol Club, S.A.D. é o club de fútbol decano da cidade de Sevilla, en Andalucía, fundado o 14 de outubro de 1905. Actualmente, milita na Primeira división española. Está clasificado na 7ª posición na clasificación histórica da Primeira división.[1]
Foi premiado pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol como mellor club do mundo en 2006 e 2007, sendo o único equipo en conseguir devandita distinción dous anos consecutivos.
É o equipo andaluz con máis títulos nacionais (1 Liga, 5 Copas do Rei e 1 Supercopa) e o único que ten nas súas vitrinas varios títulos internacionais oficiais (5 Europa Leagues e 1 Supercopa de Europa). Tamén é o club de devandita comunidade que máis veces militou en Primeira División e o único que chegou a ser considerado o mellor club do mundo pola IFFHS, entrando no Top 25 no ano 2006.[2] Ademais ten tres títulos europeos, sendo, xunto ao Málaga CF, os únicos clubs de Andalucía que teñen un título internacional.
Himno
O Sevilla FC posúe dous himnos oficiais:
- Himno oficial do Sevilla FC: Himno que data do ano 1983. A letra foi escrita por Ángel Luís Osquiguilea de Roncales e a música foi composta por Manuel Osquiguilea de Roncales.
- Himno do centenario do Sevilla FC: Composto no 2005 polo cantante Javier Labandón "El Arrebato", con motivo da celebración dos 100 anos da entidade. O himno do centenario chega a ser en España número 1 de vendas na categoría "singles" e consegue ser o himno dun club de fútbol máis vendido en toda a historia do fútbol español, alcanzado o 5º posto entre os singles máis vendidos nese ano.[3] O 9 de outubro de 2006 foille entregado no estadio Ramón Sánchez Pizjuán o disco de ouro polo himno do Centenario.
Escudo
Dende a súa fundación, o equipo utilizou un escudo de dobre círculo. No exterior estaba escrito o nome do club e a data da súa fundación: «SEVILLA FOOT-BALL CLUB 1905». O círculo interior, con fondo branco, tiña debuxadas as letras SFC entrelazadas entre si, tal e como aparecen no escudo actual. Este primeiro escudo foi deseñado por Juan Lafita, persoa moi vinculada á entidade, e fillo do pintor sevillano José Lafita y Blanco.
O segundo escudo foi deseñado en 1922 por Pablo Rodríguez Blanco, da Compañía de Augas. Dividiu o escudo en tres partes, e xunto formaban a silueta dun corazón. Á esquerda aparecen as tres figuras do escudo da cidade, San Isidoro, San Fernando e San Leandro. Á dereita aparecen as siglas SFC que aparecían no primeiro escudo de 1905.[4]
Na unión das tres partes, hai a silueta dun balón coas costuras que tiñan naquela época. Sobre as franxas brancas e vermellas hai varias hipóteses, a máis coherente era o desexo do deseñador de que o equipo adoptase como vestimenta oficial a camiseta a raias brancas e vermellas.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta branca con detalles vermellos, pantalón branco e medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul turquesa, pantalón azul turquesa e medias amarelas.
Datos
- Tempadas en 1ª: 68
- Tempadas en 2ª: 13
- Ascensos a 1ª logrados: 4
- Participacións en Copa do Rei: 76
- Participacións en competicións europeas: 15
- 1 na Copa de Europa
- 2 na Liga de Campións
- 1 na Recopa de Europa
- 2 na Copa de Feiras
- 11 na UEFA Europa League
- 2 na Supercopa de Europa
- Internacionais achegados á Selección española: 31
- Mellor serie sen perder en competición oficial: 16 partidos
Datos en Liga
- Posto na Clasificación histórica da Primeira división: 7º
- Partidos xogados: 2028
- Gañados: 810
- Empatados: 453
- Perdidos: 765
- Goles a favor: 3058
- Goles en contra: 3058
- Mellor clasificación: 1º (tempada 45-46)
- Peor clasificación: 20º (tempadas 96-97 e 99-00)
- Debut: 1934-35
- Trofeo Pichichi: Arza (54-55) con 28 goles.
- Maiores goleadas conseguidas:
- Na casa: Sevilla 11-1 FC Barcelona (1940-41), Sevilla 10-0 Real Oviedo (1941-42)
- Fóra : Celta 1-5 Sevilla (1943-44)
- Maiores goleadas recibidas:
- Na casa : Sevilla 10-0 Real Oviedo (1941-42) e Sevilla 0-5 Real Madrid (1962-63)
- Fóra : Valencia CF 8-0 Sevilla (1943-1944) e Real Madrid 8-0 Sevilla FC (1958-1959)
- Máis partidos xogados : Jiménez (354), Arza (350) e Campanal II (349)
- Máximos goleadores : Arza (182), Araujo (139) e Campanal (101)
- Máis partidos dirixidos: Manolo Cardo (156), Joaquín Caparrós (152) e Helenio Herrera (120)
- Mellor serie sen perder: 10 partidos (en 2 ocasións)
Estadio
- Artigo principal: Estadio Ramón Sánchez Pizjuán.
O Sevilla xoga os seus partidos como local no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, con capacidade para 45.500 espectadores. O Ramón Sánchez Pizjuán inaugúrase o 7 de setembro de 1958, coa disputa dun encontro amigable que enfronta ao Sevilla FC co Real Jaén, e que finaliza co resultado de 3-3.
O estadio albergou varios acontecementos deportivos de grande importancia, como a final da Copa de Europa da tempada 1985-86, disputada o 7 de maio de 1986, na que o Steaua Bucarest de Romanía proclamouse campión tras derrotar ao FC Barcelona na quenda de penaltis. Este estadio tamén acolleu dous encontros do Mundial de España de 1982, o partido URSS 1-2 Brasil, da primeira fase de clasificación, e o Alemaña Federal 3-3 Francia, de semifinais da competición, na cal a República Federal de Alemaña derrotou 5-4 a Francia na quenda de penaltis clasificándose para a final do Mundial.
Na fachada que dá á rúa Sevilla Fútbol Club, a que se pode admirar desde a Nervión Praza, áchase colocado un mosaico que cobre toda a fachada e que mostra o escudo do equipo na parte central, así como, nos laterais, os de todos os equipos que disputaron un encontro en tal campo antes de 1982, ano da súa colocación; e na parte baixa, as datas de traslado e siglas de todos os estadios que foron a súa sede.
Recentemente, con motivo da celebración do centenario do club, colocouse outro mosaico na fachada que dá á Avenida Eduardo Dato; este mostra a cidade de Sevilla e, sobre ela, flotando no vento, o escudo do club.
Xogadores
Cadro actual
Actualizado a 17 de xaneiro de 2019.
|
|
Xogadores famosos
Palmarés
Torneos rexionais
- Copa de Andalucía (17): 1916–17, 1918–19, 1919–20, 1920–21, 1922–23, 1923–24, 1924–25, 1925–26, 1926–27, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1935–36, 1938–39, 1939–40
- Subcampión da Copa de Andalucía (3): 1915–16, 1917–18, 1927–28
Torneos nacionais
- Liga de España (1): 1945–46
- Copa do Rei (5): 1935, 1939, 1947–48, 2006–07, 2009–10
- Supercopa de España (1): 2007
- Segunda División de España (4): 1928–29, 1933–34, 1968–69, 2000–01
- Subcampión da Liga de España (4): 1939–40, 1942–43, 1950–51, 1956–57
- Subcampión da Copa do Rei (4): 1955, 1961–62, 2015–16, 2017–18
- Subcampión da Supercopa de España (3): 2010, 2016, 2018
- Subcampión da Segunda División (1): 1930–31
- Subcampión da Copa Eva Duarte (1): 1948
Torneos internacionais
- UEFA Europa League (5): 2005–06, 2006–07, 2013–14, 2014–15, 2015–16
- Supercopa de Europa (1): 2006
- Subcampión da Supercopa de Europa (3): 2007, 2014, 2015
Notas
- ↑ Clasificación histórica da Liga Española. LFP.es
- ↑ Top 25 da IFFHS 2006
- ↑ Top10 Singles. Promusicae.org
- ↑ sevillafc.es.club (ed.). "Escudo del Sevilla". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2010. Consultado o 15 de agosto de 2010.