Viveiro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital de | |||||
Capital | Viveiro | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.221 (2023) (139,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 109,3 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Loureiro García | ||||
Eleccións municipais en Viveiro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27850 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27066 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | viveiro.es | ||||
Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. Ao mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.
O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.
A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.
Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Con 15 932 habitantes, segundo o censo do IGE no 2014, Viveiro é o terceiro concello con máis poboación da provincia, por detrás de Lugo e de Monforte de Lemos. O mesmo tempo, é o termo municipal máis poboado da comarca, así como o centro de influencia dos concellos limítrofes. A poboación concéntrase en tres núcleos principais: Viveiro, Covas e Celeiro, aínda que o crecemento urbanístico tende a unificación dos tres núcleos.
Censo total 2014 | 15 932 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1933 (12,13 %) |
Entre 15 e 64 anos | 10 219 (64,14 %) |
Maiores de 65 anos | 3780 (23,72 %) |
- Fonte: Instituto Nacional de Estadística
Historia
[editar | editar a fonte]Poboamento orixinario das primeiras tribos que habitaron a franxa noroeste, recibiu o nome de Zoela. Durante a romanización foi empregado como campamento romano e ao final estabeleceuse a actual vila de Vivarium. No medievo foi un centro comercial de mediano tamaño que exportaba liño, viño e laranxas aos mercados dos Países Baixos (liño) e Gran Bretaña (viño e laranxas). Experimentou certa relevancia na Idade Moderna, aínda que o seu desenvolvemento nesa altura foi escaso.
No século XIX afúndese na ría a Fragata Santa María Magdalena, cando intentaba refuxiarse do vento norte no porto desta cidade. Esta traxedia causou unha forte conmoción na poboación, que contribuíu con víveres e roupa ás poucas persoas que sobreviviron. En recordo do sinistro construíuse un monumento ás persoas afogadas na praia de Covas.
Viveiro é centro comercial e de lecer para a xente dos concellos limítrofes. Conta, ademais, cun importante porto pesqueiro situado na vila de Celeiro. Cun total de 90[1] buques censados, é un dos portos máis importantes de Galiza. Esta frota compóñena embarcacións de baixura-artesanal, cerco, arrastre de litoral, volanta e arrastre do Gran Sol. A especie máis importante tanto por volume como por facturación é a pescada.
Dende o 2004 o cronista oficial de Viveiro é Carlos Nuevo Cal.[2]
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome Viveiro procede do idioma latín, Vivarium. Dende un punto de vista etimolóxico, Vivarium significa un terreo onde se cultivan árbores e plantas ou un lugar onde se manteñen ou se crían dentro da auga peixes, moluscos e outros animais. Co paso dos séculos, este foise transformando en Vivario, Vivairo e Viveiro.
Non obstante, existen algúns historiadores, coma Boulet, que consideran que o nome Viveiro non procede do latín senón das linguas célticas, sendo unha composición das palabras Bi (montaña) e Ber (empinada), teoría esta que se reforza ó estar a localidade na saia de montañas empinadas.[3]
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «viveirés», «viveirense» ou «vivariense».
Existen varias formas de referirse os habitantes de Viveiro. A forma vivariense é a forma culta, que procede do latín, Vivarium. A forma oficial é viveirense (no Dicionario da Real Academia Galega). E por último, existe unha terceira forma, viveirés.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Porta Maior, Porta de Carlos V ou Porta do Castelo, foi construída no ano 1548 para honrar o rei cando pasou por Viveiro. É de estilo plateresco e foi declarada Monumento Nacional en 1942. Unha inscrición sobre o arco indica que foi construída "Sendo correxedor o licenciado Canosa de Tordesillas"; cadanseu lado da porta ten os escudos da cidade e de Galicia; no corpo superior, un grande escudo do emperador Carlos I, co seu busto no frontón triangular. Dentro do arco, nunha furna, está a imaxe de San Roque, do século XVIII, que estivo na fachada da casa do Corrixidor até 1867.
As outras dúas portas aínda existentes son a Porta do Valado, que conserva restos da primitiva muralla, e a Porta da Vila, en cuxo arco se garda unha imaxe de Cristo do século XVIII entre outras dúas da Virxe e San Xoán, do século XVI. A inscrición ERA MCCLV IN TEMPOR AF dá o ano 1217 como probábel para a súa construción.
A ponte da Misericordia, ou Ponte Maior, cruza a ría até Covas. Construíuse entre 1462 e 1544 e recibe o nome pola capela da Misericordia, construción renacentista (s. XVII) que se atopa no extremo oeste. A ponte conserva dez arcos de pedra de cantería de medio punto, con luces de entre 6 e 7,8 m.
A Praza Maior está presidida polo monumento a Pastor Díaz, recentemente desprazado cara a unha esquina.
A igrexa románica de Santa María do Campo (s. XII) ten na portada principal tres pares de columnas co tímpano liso. A torre das campás rematouse no século XVIII e a do reloxo no XIX. No século XV engadíuselle unha capela lateral, no XVI a sancristía e no XVIII a capela do Rosario.
A Igrexa conventual de San Francisco tamén é Monumento Nacional. É gótica (s. XIV mais claustro do XVII). A ábsida ten ventanais altos e estreitos. Na capela gótica de Santo Ildefonso hai un retablo do século XIV. No muro esquerdo da nave atópase o sartego oxival da beata Constanza de Castro.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Semana Santa.
- San Roque (Patronais), 15 de agosto.
- Romaría do Naseiro (cuarto domingo de agosto).
- Festas da Virxe do Carme.
- Resurrection Fest, un festival de música extrema centrado no metal, hardcore e punk.
Símbolos
[editar | editar a fonte]- Títulos
Viveiro ostenta a categoría histórica de cidade, cos títulos de «Moi nobre e moi leal» e con tratamento de «Excelencia» para o seu concello. O concello de Viveiro, en sesión do 18 de xuño de 1891, solicitou ó Ministro de Gobernación a concesión do título de cidade e o tratamento de «Excelencia» para o concello, baseando esta súplica:
«[...]en los notables hechos que registra la historia de Vivero y en los eminentes servicios que a la Patria y a la Monarquía prestó esta antigua e importante villa real.»[4]
O 30 de xuño de 1891, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, aceptou a petición de título de cidade e o tratamento de Excelencia, por medio dun Real Decreto promulgado na mesma data en Aranjuez, títulos que aínda conserva hoxe en día.
- Escudo
- Artigo principal: Escudo de Viveiro.
O escudo heráldico municipal de Viveiro está composto dos seguintes elementos:
El escudo Vivero trae por armas, en el campo de gules, un puente de plata de cinco arcos, mazonado de sable, sostenido de fajado-ondeado de plata y azur, y sumado de león de oro coronado de lo mismo, y acompañado de cinco custodias de oro, con la sagrada forma de plata, puestas tres en jefe y una en cada flanco. Al timbre, corona real cerrada.E. Chao Espina[5]
- Bandeira
A bandeira municipal de Viveiro está composta de seis franxas horizontais de igual ancho entre si. As súas cores son o azul e o branco, sendo a primeira franxa da parte superior en cor azul. O seu deseño é igual que no da Provincia marítima de Lugo, xa que séculos antes se coñecía como a Provincia marítima de Viveiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Viveiro.
-
Vista do porto deportivo, tomada co fondo de Celeiro
-
Galerías
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica.
Lugares de Viveiro
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Viveiro vexa: Lugares de Viveiro.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2009. Consultado o 07 de marzo de 2008.
- ↑ Redacción (25 de decembro de 2004). "Viveiro designa a Carlos Nuevo Cal cronista oficial de la ciudad". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2020.
- ↑ de Saralegui y Medina, Leandro (1867). Estudios sobre la época céltica en Galicia.
- ↑ Actas de 1891 - Arquivo municipal de Viveiro
- ↑ Enrique Chao Espina (1973). Libro y Guía de Vivero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viveiro |