Índice de masa corporal
O Índice de Masa Corporal (ou corpórea, IMC, siglas en inglés: BMI -body mass index-), tamén coñecido como índice de Quetelet, é un número que pretende determinar, a partir da estatura e o peso, o rango máis saudable do peso dunha persoa. Utilízase como indicador nutricional desde principios de 1980. O IMC resulta da división da masa en quilogramos entre o cadrado da estatura expresada en metros.
O IMC tamén pode calcularse a partir de táboas[nota 1] ou gráficas que mostran o IMC en función da masa e a altura usando liñas de contorno para distintas categorías.[nota 2] O IMC é un criterio amplamente aceptado pero non é exacto. Clasifica as persoas en infrapeso, peso normal, sobrepeso e obesidade, baseándose exclusivamente na masa do individuo e a súa altura. Non mira a idade, o sexo, a porcentaxe de graxa corporal ou a masa muscular. Incluso a categorización ten certo debate sobre onde están os límites.[1] Acéptase comunmente o seguinte: infrapeso por debaixo de 18,5 kg/m², peso normal: 18,5 a 25, sobrepeso: 25 a 30, obesidade: máis de 30.[2] O IMC por debaixo de 20 e sobre 25 está asociado cunha maior probabilidade de mortalidade, diminuíndo o risco entre 20-25. A prevalencia de sobrepeso e obesidade é maior en América e menor no sueste asiático, e é o dobre en países con ingresos medios e altos que en países con ingresos baixos ou moi baixos.[2]
Por exemplo, se alguén ten unha masa ('pesa') 70 kg e mide 1.7 m, o IMC será:
En adultos acostuma establecerse un rango de 18-25 como saudable. O IMC en nenos é específico para idade e sexo (ver táboas CDC-2000). Un IMC por baixo de 18,5 indica desnutrición ou algún problema de saúde, mentres que un IMC superior a 25 indica sobrepeso. Máis de 30 considérase obesidade leve, e por riba de 40 hai 'obesidade mórbida' podendo requirir unha operación cirúrxica.
Estes rangos aplícanse a persoas entre 25 e 34 anos, e aumentan nun punto por cada dez anos por riba de 25. Así, un IMC de 28 é normal para persoas de 55-65 anos.
Clasificación da OMS do IMC
[editar | editar a fonte]- < 16 : Criterio de ingreso
- 16 a 17: Infrapeso
- 17 a 18: Baixo peso
- 18 a 25: Peso normal (Saudable)
- 25 a 30: Sobrepeso (Pre-obesidade)
- 30 a 35: Sobrepeso crónico (Obesidade grao I)
- 35 a 40: Obesidade premórbida (Obesidade grao II)
- >40: Obesidade mórbida (Obesidade grao III)
(Todas as clasificacións deste estilo son relativas, e poden ter lixeiras diferenzas entre elas.)
Aínda que se recomenda un IMC entre 22,5 e 25, o valor obtido non é constante, senón que varía coa idade, o sexo e as proporcións de tecidos muscular e adiposo, polo que ter un IMC de 30 non sempre significa ser obeso. No caso dos adultos utilizouse como un dos recursos para avaliar o seu estado nutricional, de acordo cos valores propostos pola Organización Mundial da Saúde.[3][4][5]
Clasificación | IMC (kg/m²) | |
Valores principais | Valores adicionais | |
Baixo peso | <18,50 | <18,50 |
Delgadeza severa | <16,00 | <16,00 |
Delgadeza moderada | 16,00 - 16,99 | 16,00 - 16,99 |
Delgadeza leve | 17,00 - 18,49 | 17,00 - 18,49 |
Normal | 18,5 - 24,99 | 18,5 - 22,99 |
23,00 - 24,99 | ||
Sobrepeso | ≥25,00 | ≥25,00 |
Preobesidade | 25,00 - 29,99 | 25,00 - 27,49 |
27,50 - 29,99 | ||
Obesidade | ≥30,00 | ≥30,00 |
Obesidade leve | 30,00 - 34,99 | 30,00 - 32,49 |
32,50 - 34,99 | ||
Obesidade media | 35,00 - 39,99 | 35,00 - 37,49 |
37,50 - 39,99 | ||
Obesidade mórbida | ≥40,00 | ≥40,00 |
- Algunhas organizacións consideran sobrepeso un índice superior a 27.0.
- En adultos (maiores de 18 anos) estes valores son independentes da idade, sexa home ou muller.
As categorías por percentís do IMC axustado por idade e talle móstranse na seguinte táboa de acordo á CDC.[7]
Categoría de nivel de peso | Intervalo do percentíl |
---|---|
Baixo peso | Menos do percentíl 5 |
Eutrófico | > percentíl 5 e < percentíl 85 |
Sobrepeso | > 85 até percentíl 95 |
Obeso | > percentíl 95 |
Correccións: idade e sexo
[editar | editar a fonte]Hai que destacar que non se deben aplicar os mesmos valores de IMC en nenos e adolescentes debido ao seu constante aumento de estatura e o seu desenvolvemento corporal, polo que se calcula un IMC respecto á súa idade e ao seu sexo.
Por isto, primeiro débese contar coa data de nacemento para obter a idade e así ser máis precisos ao categorizar o grupo de idade.
Despois calcúlase o IMC coa mesma fórmula que para o adulto, e despois de calcularse o IMC para este grupo de idade, o valor do IMC comparárase en táboas de crecemento do CDC para o IMC por idade tanto para nenos e nenas respectivamente para obter a categoría do percentil. Ditos percentís son unha medida de dispersión que se utiliza con máis frecuencia para avaliar o tamaño e os padróns de crecemento de cada neno nos Estados Unidos, debido a que son menos susceptibles de presentar valores extremos e polo tanto erros nos rangos de valores. O percentil indica a posición relativa do número do IMC do neno entre nenos do mesmo sexo e idade. As táboas de crecemento mostran as categorías do nivel de peso que se usan con nenos e adolescentes (baixo peso, peso saudable, sobrepeso e obeso).
Estatísticas segundo as retroestruturalidades
[editar | editar a fonte]Investigadores da Escola de Londres de Hixiene e Medicina Tropical analizaron a media do IMC de 177 países usando os datos da ONU sobre a poboación. A Organización Mundial da Saúde estima a masa e a altura no mundo a través dos exames de saúde nacionais.[8]
Estes datos poden ser consultados en Índice de masa corporal da poboación por país.
Limitacións
[editar | editar a fonte]O matemático Keith Devlin e o Center for Consumer Freedom (asociación da industria da restauración) defende que o erro no IMC é significante e tan habitual que o fai inútil para a avaliación da saúde.[10][11] O profesor Eric Oliver da Universidade de Chicago dixo que o IMC era conveniente pero tamén que era unha medida do peso inexacta, que forza certos grupos da poboación e debería ser revisado.[12]
Escala
[editar | editar a fonte]O expoñente no denominador da fórmula para o IMC é arbitrario. O IMC depende do peso e do "cadrado" da altura. Mentres que a masa se incrementa da orde da terceira potencia, ao ser unha medida que depende do volume tridimensional, implica que os individuos máis altos coa mesma forma de corpo e composición relativa teñen un índice maior de BMI.[13]
Ignora variacións nas características físicas
[editar | editar a fonte]O IMC engade aproximadamente un 10% para os individuos máis altos e baixa aproximadamente outro 10% para os máis pequenos. Noutras palabras, unha persoa cun talle pequeno podería ter máis graxa que o óptimo, pero o seu BMI reflectir que é "normal". Pola contra, unha persoa de talle grande (ou alto) podería ser un individuo saudable cun índice de graxa baixo, pero ser clasificado con sobrepeso[14]
Non diferenza entre masa muscular e masa graxa
[editar | editar a fonte]O IMC asume unha distribución entre a masa muscular e a masa graxa que non son certas. O IMC xeralmente sobreestima o tecido adiposo naqueles con maior masa corporal (por exemplo atletas) e subestima o exceso de graxa naqueles con menor masa corporal. Un estudo en xuño de 2008 por Romero-Corral examinou a 13601 suxeitos dos Estados Unidos e encontrou que a obesidade (IMC>30) se encontraba presente no 21% dos homes e o 31% das mulleres. Mais usando a porcentaxe de graxa corporal encontrouse que a obesidade se encontraba no 50% dos homes e o 62% das mulleres. A pesar da subcontaxe que estimou o IMC, os valores do IMC si se encontraban nun rango asociado con porcentaxes de graxa corporal grandes.
Variación na relación coa saúde
[editar | editar a fonte]Un estudo publicado polo Journal of the American Medical Association en 2005 demostrou que as persoas con sobrepeso teñen unha probabilidade de morrer similar ás persoas con peso normal tal e como o define o IMC, mentres aquelas "obesas" ou "por debaixo do normal" teñen unha probabilidade maior de morrer.[15]
Un estudo de 2010 que seguiron a 11.000 suxeitos durante 8 anos concluíu que o IMC non é unha boa medida para considerar o risco de ataque ao corazón, infarto de miocardio ou morte. Unha medida mellor podería ser o índice cintura-altura.[16]
Un estudo GWAS publicado en 2015 (realizado en poboación europea), conseguiu identificar loci (Locus) relacionados co IMC e que exercían diferentes efectos dependendo da idade do grupo de poboación. Grazas a isto, puidéronse establecer co-relacións con trazos cardiometabólicos ou obesidade. Mais aínda é necesario investigar máis en profundidade estas relacións con mostras de poboación máis amplas, co fin de obter unha mellor significación e obxectivización dos parámetros.[17]
IMC e diabetes
[editar | editar a fonte]Saber se o índice de masa corporal pode correlacionarse con enfermidades como a diabetes tipo 2 foi debate na comunidade científica. Mais as investigacións non confirmaron unha relación directa entre estes dous parámetros.[18][19]
O interese apareceu a partir de datos extraídos de dous servizos de medicina nos Estados Unidos. A maioría dos pacientes con índice de masa corporal alto, tiñan tendencia a trastornos no metabolismo crónicos como a diabetes. Con todo, os resultados obtidos nas investigacións non o confirmaron. Ditos estudos deixan en claro que o IMC non é o mellor método para estimar se unha persoa pode ter diabetes ou non.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ por exemplo o Body Mass Index Table Arquivado 10 de marzo de 2010 en Wayback Machine. do National Institutes of Health's NHLBI.
- ↑ Por exemplo no Reino Unido onde a xente a miúdo coñece o seu peso en stone e a altura en pés e pulgadas– ver "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2013.
- Referencias
- ↑ Malcolm Kendrick (12 de abril de 2015). "Why being 'overweight' means you live longer: The way scientists twist the facts". https://www.independent.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2015. Consultado o 12 de abril de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "WHO Mean Body Mass Index (BMI)". World Health Organization. Consultado o 5 de febreiro de 2019.
- ↑ Comité de Expertos da OMS sobre o estado físico: O estado físico: uso e interpretación da antropometría. Serie de informes técnicos, 854. Xenebra (Suíza): Organización Mundial da Saúde, 1995.
- ↑ Comité de Expertos da OMS sobre a obesidade: Obesity: preventing and managing the global epidemic. Report of a WHO consultation on obesity. WHO technical report series, 894. Xenebra (Suíza): Organización Mundial da Saúde, 2000.
- ↑ Organización Mundial da Saúde: Appropriate body-mass index for Asian populations and its implications for policy and intervention strategies. Xenebra (Suíza): Organización Mundial da Saúde, 2004.
- ↑ [1], BMI classification
- ↑ "Acerca del índice de masa corporal para niños y adolescentes". www.cdc.gov. Consultado o 6 de marzo de 2021.
- ↑ Datos extraídos de BBC News - Where are you on the global fat scale?
- ↑ Romero-Corral, A; Somers, V K; Sierra-Johnson, J; Thomas, R J; Collazo-Clavell, M L; Korinek, J; et al. (2008). "Accuracy of body mass index in diagnosing obesity in the adult general population". International Journal of Obesity 32 (6): 959–66. PMC 2877506. PMID 18283284. doi:10.1038/ijo.2008.11.
- ↑ "Do You Believe in Fairies, Unicorns, or the BMI?". Mathematical Association of America. 1 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2009. Consultado o 04 de febreiro de 2021. Arquivado 05 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ "Is obesity such a big, fat threat?". Cox News Service. 30 de agosto de 2004. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2007. Consultado o 8 de xullo de 2007. Arquivado 04 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Sheldon, Linzi (26 de abril de 2005). "Oliver blames 'obesity mafia' for American weight scare". The Dartmouth. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2009. Consultado o 04 de febreiro de 2021. Arquivado 04 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Taylor, R. S. (2010). "Use of Body Mass Index For Monitoring Growth and Obesity". Paediatrics & Child Health 15 (5): 258. PMC 2912631. PMID 21532785.
- ↑ "Why BMI is inaccurate and misleading". Medical News Today.
- ↑ Flegal, K. M.; Graubard, BI; Williamson, DF; Gail, MH (2005). "Excess Deaths Associated with Underweight, Overweight, and Obesity". JAMA 293 (15). PMID 15840860. doi:10.1001/jama.293.15.1861.
- ↑ Schneider, H J; Friedrich, N; Klotsche, J; Pieper, L; Nauck, M; John, U; et al. (2010). "The Predictive Value of Different Measures of Obesity for Incident Cardiovascular Events and Mortality". Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism 95 (4): 1777–85. PMID 20130075. doi:10.1210/jc.2009-1584.
- ↑ Winkler, Thomas W.; Justice, Anne E.; Graff, Mariaelisa; Barata, Llilda; Feitosa, Mary F.; Chu, Su; Czajkowski, Jacek; Esko, Tõnu; Fall, Tove (1 de outubro de 2015). "The Influence of Age and Sex on Genetic Associations with Adult Body Size and Shape: A Large-Scale Genome-Wide Interaction Study". PLoS genetics 11 (10): e1005378. ISSN 1553-7404. PMC 4591371. PMID 26426971. doi:10.1371/journal.pgen.1005378. Consultado o 20 de febreiro de 2017.
- ↑ "The relationship of body mass index to diabetes mellitus, hypertension and dyslipidaemia: comparison of data from two national surveys". International Journal of Clinical Practice.
- ↑ "Baseline BMI and Age-Adjusted Incidenceof Diabetes Mellitus" (PDF). Consultado o 28 de abril de 2022.
- ↑ Nutricion360.es. "El índice de masa corporal NO refleja el porcentaje de grasa corporal". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2019. Consultado o 04 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://web.archive.org/web/20080601085931/http://www.gordos.com/Comunidad/Indice-de-masa-corporal.aspx/ Calculadora do Índice de Masa Corporal
- Calculadora do índice de masa corporal IndiceMasaCorporal.org
- Índice de masa corporal MedlinePlus
- Valores de IMC segundo a OMS Arquivado 26 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Cálculo del índice de masa corporal en bebés y niños
- Calculadora para encontrar el Índice de Masa Corporal IMC