Saltar ao contido

Aceite de palma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Froito da palma Elaeis coa que se elabora o aceite.

O aceite de palma é un aceite de orixe vexetal que se obtén do mesocarpo da froita da palma Elaeis guineensis. É o tipo de aceite con máis volume de produción, só superado polo aceite de soia.[1] O froito da palma é lixeiramente vermello, do mesmo xeito que o aceite embotellado sen refinar. O aceite cru de palma é unha rica fonte de vitamina A e de vitamina E.

A palma é orixinaria de África occidental, dela xa se obtiña aceite hai 5.000 anos, especialmente en Guinea Occidental de onde pasou a América, introducida logo das viaxes de Colón, e en épocas máis recentes foi introducida a Asia desde América. O cultivo en Malaisia é de grande importancia económica, prové a maior cantidade de aceite de palma e os seus derivados a nivel mundial. En América, os maiores produtores son Colombia e Ecuador.

Alén de para a alimentación, o aceite de palma emprégase para os cosméticos e cremas hidratantes. O que a xente non sabe é o seu gran contido en produtos químicos á hora do seu refinamento e comercialización, dos mais daniños para o noso organismo, con propiedades canceríxenas e mutaxénicas. Marcas coñecidas emprégano nos seus produtos.

Culinarios

[editar | editar a fonte]

Os usos son na súa gran maioría culinarios, ben directamente empregado como aceite de fritir ou aliñar, ben como produto engadido a outros alimentos como os xeados, as margarinas. Pódense elaborar derivados equivalentes de aceite de cacao, xabóns etc.

Industriais

[editar | editar a fonte]

Úsase como materia prima na produción de biodiésel. Tamén é usado en produción de pensos para a alimentación animal, sobre todo de becerros, pola súa alta achega enerxética por ración. Na industria cosmética é utilizado para a elaboración de xabróns.

Composición

[editar | editar a fonte]

O aceite de palma é saturado até nun 50%, a súa composición en media é:

Debido á súa alta proporción de graxas saturadas, atribúenselle propiedades negativas para a saúde humana xa que o seu consumo prolongado e abundante pode subir a proporción de colesterol LDL en sangue.[2]

Industria do aceite de palma

[editar | editar a fonte]

O aceite de palma extráese da porción polposa da froita mediante varias operacións. Afróuxase a froita dos acios utilizando esterilización a vapor. Logo os separadores dividen as follas e os acios baleiros da froita. Despois, transpórtase a froita aos dixestores, onde se quenta para convertela en polpa. O aceite libre drénase da polpa dixerida e logo esta esprémese e centrifúgase para extraer o aceite cru restante. É necesario filtrar e clarificar o líquido para obter o aceite purificado. Os residuos da extracción son as noces rotas e as cascas. Entón é necesario secar as sementes da palma e colocalas nas bolsas para o seu almacenamento e extracción posterior, algo que, xeralmente, se realiza noutro lugar.

O procesamento do aceite de palma produce grandes cantidades de desperdicios sólidos, na forma de follas, acios baleiros, fibras, cascas e residuos da extracción. Os acios conteñen moitos alimentos recuperables, e poden causar molestias e problemas, ao tratar de desbotalos. Normalmente, as fibras, cascas e outros residuos sólidos quéimanse como combustible, para producir vapor. A queima incontrolada dos refugallos sólidos, e o escape do aire utilizado para separar as cascas das pepas, causan contaminación atmosférica.

Os desperdicios líquidos prodúcense, principalmente, nos esterilizadores, e no clarificador do aceite. As causas principais de contaminación son as seguintes:

  • A demanda de osíxeno bioquímico e químico,
  • Os sólidos en suspensión,
  • O aceite e a graxa
  • O nitróxeno e
  • Cinza orgánica.

Con todo, estase desenvolvendo por diferentes partes do mundo sistemas de tratamento ecolóxicos dos refugallos da industria.

A palma de aceite no mundo

[editar | editar a fonte]

A palma de aceite é un cultivo oleaxinoso que se estendeu no mundo grazas ao seu alto potencial produtivo. Comparado con outros cultivos oleaxinosos, o seu rendemento en termos de aceite por hectárea, que promedia ao redor de 3.7 toneladas, supera as oleaxinosas tradicionais como a soia, a canola, o xirasol e o algodón, sementes que na actualidade buscan incrementar este rendemento de aceite por hectárea cultivada vía a aplicación da biotecnoloxía.

Con todo, dada a súa importancia en canto a rendemento de aceite e a superficie sementada especialmente en países como Malaisia, Indonesia, Nixeria, Tailandia, Colombia, Nova Guinea, Costa do Marfil, Costa Rica, Honduras, Brasil e Guatemala e en consecuencia pola gran produción de aceite de palma no mundo, destaca a tendencia ascendente que mantivo a produción de plantas de palma de aceite.

Malia ocupar o segundo lugar dentro da produción mundial de aceites e graxas, despois do aceite de soia, o aceite de palma é o aceite que máis se comercializa no mundo, superando por moito as exportacións do seu máis próximo perseguidor. As exportacións de aceite de palma e de soia representan algo máis do 70% do total mundial.

Malaisia e Indonesia, principais produtores de aceite de palma, son tamén os máis importantes países exportadores de aceites e graxas. En conxunto, ambos representan case o 50% do volume total exportado de aceites e graxas no mundo. Séguenlle Arxentina, Estados Unidos, Brasil e a Unión Europea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy