Adolph Rickenbacker
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1887 Basilea, Suíza |
Morte | 21 de marzo de 1976 (88 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | fabricante de instrumentos musicais, empresario |
Adolph Rickenbacher, tamén escrito como Rickenbacker (Suíza 1886 - 1976), foi o fundador da compañía fabricante de guitarras Rickenbacker.
Naceu en Suíza en 1886, pero emigrou de mozo aos Estados Unidos e estableceuse nos Ánxeles pouco antes de 1920. Cambiou o seu apelido a Rickenbacker en parte debido aos sentimentos antialemáns existentes nos Estados Unidos despois da primeira guerra mundial, pero tamén para capitalizar a popularidade do seu curmán Eddie Rickenbacker, un famoso piloto estadounidense da guerra.
Fundou unha empresa que fabricaba corpos de metal para a National String Instrument Corporation a principios dos anos 20, e así foi como coñeceu a George Beauchamp e a Paul Barth, cos que fundaría a Ro-Pat-In Company en 1931. En 1932 eles fabricaron a primeira guitarra hawaiana coa caixa de aluminio (a famosa frying pan ou tixola) e en 1934 cambiáronlle o nome á empresa por Electro String Instrument Corporation, aínda que lle chamaron aos instrumentos Rickenbackers debido á fama do apelido grazas ao curmán de Adolph. Cando a produción rematou en 1939 a empresa fabricara unhas 2 700 guitarra frying pan.
Rickenbacker, aínda que nunca estivo convencido do potencial do negocio das guitarras, continuounas fabricando ata 1953, cando vendeu a compañía Rickenbacker ao empresario Francis Hall.
Adolph Rickenbacker morreu en 1976.