Saltar ao contido

Aeroxel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A flor non se queima baixo o lume do chisqueiro Bunsen debido ás propiedades illantes do aeroxel.
Un ladrillo de 2,5 kg soportado por 2 g de aeroxel.

O aeroxel é unha substancia coloidal similar ao xel no cal o compoñente líquido é substituído por un gas obtendo como resultado un sólido de moi baixa densidade (3 mg/cm³ ou 3 kg/m³) e altamente poroso, con certas propiedades moi sorprendentes, como é a súa enorme capacidade de illamento térmico. O 99´8 % é ar.

Este material está xeralmente composto por un 90,5% a un 99,8% de ar, é mil veces menos denso que o vidro e unhas tres veces máis denso que o ar. Familiarmente é denominado fume conxelado, fume sólido ou fume azul debido á súa natureza semitransparente. Ao tacto, ten unha consistencia similar á espuma de polistireno.

Posúe un índice de refracción do 1,0, moi baixo para un sólido. A velocidade do son a través del é moi baixa, 100 m/s. O seu aspecto é "fantasmagórico" e ten unha resistencia considerable posto que soporta máis de 1 000 veces o seu peso.

Esta substancia foi creada por Samuel Stephens Kistler en 1931, como resultado dunha aposta entre el e Charles Learned, sobre quen podería substituír o líquido dun tarro de marmelada por gas sen que o volume deste diminuíse.

O aeroxel pódese fabricar a partir de moi diferentes materiais; as investigacións de Kistler consistían en aeroxeis baseados en sílice, circonio, alumina, óxido de cromo, estaño e carbono.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy